Patrimonio cultural de Vigo

Comesaña

Peto de ánimas de Comesaña

Arquivado en: Comesaña,Petos de ánimas — Xosé Couñago

Localización

Podemos velo no muro de cerre dunha propiedade, na estrada vella que vai de Vigo a Baiona, á altura do concesionario de Citroën.

Está rodeado de elementos agresivos na beirarrúa, como postes, farolas, letreiros; sen disitintivo nin indicación ningunha.

De feito non coñecemos nin un só peto de ánimas de Vigo que teña unha mínima indicación sobre os seu significado, sobre o seu valor etnográfico, patrimonial, nin nada.

Este é un labor que cómpre facer á concellería correspondente, para manter vivos estes elementos da arquitectura popular.

Por sorte este peto de Comesaña foi restaurado, ao igual ca o de Teis.

Deste xeito conseguimos que estea ben conservado e policromado.

O malo é que o deixaron sen ten protección ningunha, e falta de un cartel que o poña en valor pode provocar calquera agresión por falta de sensibilización e coñecmento do que son estas construcións.

Descrición

Segundo se pode apreciar na inscrición, foi construído a mediados do século XIX: “año 1860”

A policromía realza a beleza da súa fasquía, xa que a figuración se enmarca entre columnas xónicas, azuis.

Rodeando os dous espazos centrais vai un cordón (cfr. Sampaio) que lle engade co seu colorismo e feitura un grao máis de fermosura ao conxunto.

As almas en pena están compostas por seis figuras. A central está máis destacada ca as demais: un relixioso. Non está en posición superior, senón inferior, aínda que máis destacada e de maior tamaño. Aparece vestido de sacerdote, as demais figuras están núas. Isto é significativo por canto se quere significar coa máxima claridade a identidade desta figura.

Coroando o peto hai a representación da crucifixión, ben elaborada. Por outra banda, esta crucifixión mantén unha composición equilibrada en tamaña coa representación das ánimas na parte inferior.

Chama a atención tamén, aos pés de Cristo, a representación da morte: caveira e ósos ben elaborados, con ocos acentuados e remates expresivos dos ósos.

O Cristo está ben elaborado en pedra.

A inscrición que hai ao pé do peto di o seguinte: “ANIMAS DEL ROMEU / SAN ANDRES DE COMESAÑA”. Neste caso só nos presenta o nome do peto e da parroquia, sen lema ningún que trate de infundir devoción ou calquera outro sentimento nas persoas, como ocorre na maioría dos que teñen algún tipo de inscrición.

Máis información

Galería de imaxes

Navegadores GPS

Se queredes descargar a Ruta dos petos de ánimas de Vigo no voso navegador GPS, premede no enlace.

(Se necesitades converter o arquivo .GPX xenérico para o voso navegador concreto, descargade o programa PoiEdit > Menú Herramientas>Conversor de paquetes)

Cruceiro do Pazo (Comesaña)

Arquivado en: Comesaña,Cruceiros — Xosé Couñago
Un fermoso exemplar de cruceiro de
No Cristo destacan os longos brazos rematados nunhas grandes mans, imprimíndolle unha forza visual de dramatismo marcado nos propios pregamentos da pedra.
A Virxe é dun acentuado baroquismo cun gran manto envolvente, nunha actitude case pictórica.
ao lado da base hai un pequeno espazo para expresar a devoción, no que salienta unha caixa proxetida para depositar candeas e cirios.
Podedes ver as súas fotos aquí.