Patrimonio cultural de Vigo

Arquivado en: Coruxo,Xeral — Xosé Couñago

Nesta ocasión, como patrimonio de Vigo, tamén queremos presentar un camiño antigo, unha desas corredoiras que xa forman parte do catálogo etnográfico do concello.

Localización

Está situada na parroquia de Coruxo e deambula ao longo de varios centos de metros por un lugar frondoso da parroquia que vai dende o Monte do Gato ata o remate do Camiño a Bouzós.

Seguindo un pouco máis adiante chégase ata as covas do Folón, tamén na parroquia de Coruxo.

Descrición

O seu comezo no Monte do Gato, ao pé dunha construción arruinada, invita a perdernos entre o verdello da rebouza alta que o bordea. Apenas uns pasos máis adiante xa encontramos un fermoso e sólido muro de cachote ben preparado, que salienta a beleza do propio camiño.

Seguindo a corredoira atopamos un pequeno lavadoiro de regato, quizais unha posíbel levada. A pouco que vos fixedes no fondo da auga veredes tritóns nadando suavemente.

O camiño continúa por unha paraxe na que as laxes do chan manteñen as pegadas das rodeiras dos carros que ao longo de tantos séculos foron afondando coa súa marca os sucos do da ceifa labrega.

Ao final o camiño vólvese máis irregular e estreito ata desembocar nunha pista asfaltada (Camiño a Bouzós) para dar acceso a unhas vivendas.

Queda por buscar a continuidade desta corredoira e prolongala o máis posíbel para o goce de calquera camiñante que se achegue a coñecela.

Máis información

Galería de imaxes

Navegadores GPS

Podedes descargar a localización da entrada a esta corredoira para o voso navegador GPS.

(Se necesitades converter o arquivo .GPX xenérico para o voso navegador concreto, descargade o programa PoiEdit > Menú Herramientas>Conversor de paquetes)

3 comentarios

  1. Noraboa polo traballo, xúrdeme unha dúbida… teño percorrido a corredoira e non lembro ter observado esas rodeiras tan marcadas da foto, pode ser que as obras de saneamento dende o camiño dos Bouzós acabasen con elas??, se é así, como é isto posible nun ben inventariado?.

    moitas gracias.

    Comentario by diego — 10 diciembre, 2011 @ 0:25

  2. Tristemente esas rodeiras desapareceron durante unha obras de alargamento do camiño que se fixeron hai uns meses.
    Que control houbo sobre esas obras? Xa se ve que non houbo, ou que non se considerou de interese patrimonial a conservación desas rochas marcadas, gravados rupestres de milleiros de carros que pasaron sobre elas.
    Un saúdo

    Comentario by Xosé Couñago — 11 diciembre, 2011 @ 17:31

  3. Graciñas pola pronta resposta, xa me estrañaba non telas ollado… como curiosidade, seica a fonte-lavadeiro da 2ª foto chámábaselle “Fonte da risa” …cantas mulleres se xuntarían alí?, o balbordo debía se bó.
    un saúdo.

    Comentario by diego — 11 diciembre, 2011 @ 18:15

Subscrición RSS para os comentarios deste post.

Sorry, the comment form is closed at this time.