Localización
Este é un peto de encrucillada e está situado no muro dunha vivenda.
Chama a atención a súa forma sinxela e policromada. Sempre adornado con flores e candeas acesas, o que evidenia a súa viveza entre a devoción da xente.
A súa contorna máis inmediata tamén está coidada, mesmo co solo preparado ao seu arredor.
Descrición
Ten un remate triangular coma o peto de ánimas de Caeiro , que lle dá ese aspecto de capeliña.
Tamén é de observar a decoración de arco de medio punto, rematado en cruz, que nos rememora a tradición viva do románico na arquitectura popular.
A inscrición que ten decorando o frontal di: “HERMANOS ACORDAHOS DE NOSOTRAS. AÑO DE 1785″
Destaca o cromatismo, contrastando entre o azul e a pedra pintada de branco. Este cromatismo acentúase a maiores coas flores que diariamente engalanan este templete. O conxunto salienta todo el sobre as paredes de tonalidades máis escuras das construcións adxacentes.
Ao achegarnos podemos ver un retablo de xeso policromado, dentro dun fornelo acristalado como protección.
A figuración está composta por un Ecce Homo e catro almiñas entre o lume debaixo del: simbolismo relixioso evidente de que Deus sofre polos pecados da humanidade e o ser humano sofre, á súa vez, polos pecados cometidos contra El.
O Ecce Homo é moi expresivo, dramático e ben traballado na forma e nas cores.
Vai atado e leva coroa de espiñas sangrante e unha cana na man dereita.
Máis información
Podedes acceder dende aquí a unha galería de imaxes.
Ruta dos petos de ánimas de Vigo
Se queredes percorrer a Ruta dos petos de ánimas de Vigo no voso navegador de Google Maps, premede na ligazón anterior.
[…] de cor vermella cun remate en cruz da mesma cor na parte superior, semellante á fasquía do peto do Carballal de Cabral. Na parte inferior ten un pequeno burato para depositar […]
Pingback by Esmoleiro do Perpetuo Socorro (Bouzas) « Patrimonio cultural de Vigo — 3 septiembre, 2011 @ 12:09