Patrimonio cultural de Vigo

Arquivado en: Oia,Petróglifos — Xosé Couñago

Localización

(Ver en Google Maps)

Está no lugar chamado Tomada do Maúxo Pequeno, no Fragoselo, xa na parroquia de Oia. Chégase a ela por camiños forestais, ben dende a ermida de San Sebastián de Coruxo, ou ben dende a estrada de Camposancos, subindo polo Camiño de Esteriz.

Descrición

A roca mide 4,00m x 3,70m. Presenta diversos motivos:

Círculos: son os motivos máis abundantes: destacan tres figuras con círculos concéntricos de 3, 4 e 5 aneis con coviña central. A de cinco círculos concéntricos, a máis grande das tres, mide 58 cm de diámetro. Repartidas por toda a pedra hai moitas máis figuras circulares pequenas de 1 ou 2 aneis, en moitos casos con coviña central. En total poden percibirse máis de vinte combinacións circulares.

Sucos: asociados aos círculos hai unha serie de sucos, case sempre coa mesma orientación lineal NO-SL. Teñen nalgúns casos un dos seus extremos no centro dalgunhas figuras circulares concéntricas –motivo bastante común nos gravados galaicos. Tamén se pode apreciar a fasquía serpentiforme dalgúns destes sucos, co seu discorrer perfectamente paralelo e ondulante.

Coviñas: hai numerosas coviñas esparexidas por toda a pedra. Algunhas delas forman parte da zona central dos círculos, e as demais están repartidas por todo o resto da roca.

Observacións

As figuras circulares principais están no centro da pedra, e ao seu arredordistribúense as figuras circulares máis pequenas, ocupando case todo o resto do espazo menos a zona por onde discorren os sucos máis destacados e longos.

Máis información

Galería de imaxes.

Navegadores GPS

Podedes introducir o lugar onde está no voso navegador GPS.

(Se necesitades converter o arquivo .GPX xenérico para o voso navegador concreto, descargade o programa PoiEdit > Menú Herramientas>Conversor de paquetes).

1 comentario

  1. […] máis interesante é a figura serpentiforme –que aparece nalgún outro petróglifo de Vigo, p.e., A Chan Grande en Oia-, cuns 80 cm de lonxitude e ondulante de norte a sur. No resto da rocha podemos apreciar […]

    Pingback by Petróglifo das Leixiades 1 / O Pontón (Coruxo) « Patrimonio cultural de Vigo — 11 julio, 2008 @ 22:45

Subscrición RSS para os comentarios deste post.

Sorry, the comment form is closed at this time.