Patrimonio cultural de Vigo

Arquivado en: Coruxo,Petróglifos — Xosé Couñago

Imaxes: Angel de Prado

 

Localización

(Ver en Google Maps)

Está situado en Fragoselo, a 300 metros da capela de San Sebastián, pola pista que vai ao campo de fútbol. Á beira da pista hai un cartel indicador de madeira. A partir de media tarde, as árbores dificultan coa súa sombra a apreciación das representacións gravadas. Están nun afloramento rochoso inclinado cara ao nacente, cunha elevación de apenas 30 cm.

Descrición

A rocha mide 8 x 7 m e presenta combinacións de círculos, coviñas e sucos en tres seccións diferentes:

Na zona norte da rocha (á nosa dereita de fronte a ela) hai unha serie de círculos (simples, dous círculos concéntricos, círculos incompletos) unidos entre si por sucos orientados en distintas direccións. Completando os espazos entre estas figuras hai numerosas coviñas agrupadas entre si.

Zona central: hai tres cazoletas dispersas aliñadas entre elas. Sobre as dúas da esquerda hai catro círculos concéntricos con suco de saída. No extremo do suco hai un círculo simple máis pequeno con coviña central.

Zona sur: no extremo da rocha hai tres cazoletas xuntas.

Estado de conservación

Ao estar ben indicado, e ao lado da pista, faise susceptíbel de maiores agresións por parte das persoas que se acheguen a el sen coñecementos do que non se debe facer ante un gravado rupestre.

É urxente que se dispoña unha boa información á súa beira (paneis, fotografías, debuxos esquemáticos) que eviten que a xente sinta a necesidade de rascar con obxectos que os deterioren irremediabelmente. Xa existen exemplos desta boa información, como se fixo nos petróglifos do Carballoso, nesta mesma ruta de Coruxo.

Máis información

Ángel de Prado, Petróglifos do Maúxo

Concello de Vigo, Catálogo do PXOM

Navegadores GPS

Ruta dos petróglifos de Coruxo

3 comentarios

  1. José moi bó o blog, unha grand idea, vindo esto creo que vou ter que ir un curso de informatica, o que é a vida organicei tantos cursos de informatica en todos estos anos e non fun a nenhun.
    Gracias e boa sorte.
    Juan

    Comentario by Juan José — 5 mayo, 2008 @ 20:42

  2. […] Sebastián, cara a Oia, pasando os petróglifos, tamén próximos a este camiño, de Castiñeirón, Presa das Rodas e As […]

    Pingback by Petróglifo das Leixiades 1 / O Pontón (Coruxo) « Patrimonio cultural de Vigo — 11 julio, 2008 @ 22:43

Subscrición RSS para os comentarios deste post.

Sorry, the comment form is closed at this time.