Patrimonio cultural de Vigo

Arquivado en: Cidade,Petos de ánimas — Xosé Couñago

Localización

Está situado ao lado da porta principal da “Casa de caridade, fogar de San Xosé”, na rúa San Francisco.

O esmoleiro está na parede do edificio, enreixado e carece de lugar onde introducir as moedas.

Descrición

O fondo sobre o que está pintada a figura de San Xosé é de azulexos.

A figura do santo ten o neno no seu colo, nunha clara referencia ao edificio no que está situado, o antigo hospicio de Vigo.

Non figura o ano de construción e a pintura está asinada co seguinte nome: “V. Abad”.

Máis información

Podedes ver algunhas imaxes máis detalladas aquí.

Navegadores GPS

Se queredes descargar a Ruta dos petos de ánimas de Vigo no voso navegador GPS, premede no enlace.

Sen comentarios

Aínda non hai comentarios.

Subscrición RSS para os comentarios deste post.

Sorry, the comment form is closed at this time.