Patrimonio cultural de Vigo

Arquivado en: Cidade,Petos de ánimas — Xosé Couñago

Peto de ánimas de santa MartaPodemos atopalo na rúa santa Marta, na confluencia coa rúa Conde de Torrecedeira.

Ao igual ca os esmoleiros de santo Antón e san Xosé, na mesma rúa de santa Marta, encóntrase encaixado na parede dun muro.

Está dedicado a san Xosé e esa é a imaxe que enche todo o fornelo na que se atopa.

Aparece cunha mesma sinatura ca o peto de ánimas de san Xosé, nesta mesma rúa, “V. Abad”. A azulexaría e policromado tamén é moi semellante; asemade participan da mesma iconografía coa advocación de san Xosé. Esta riqueza cromática fai destacar e diferenciar perfectamente as distintas partes: por un lado as imaxes de san Xosé co neno no colo, nas que o colorido destácase coa combinación deo azul xunto co amarelo e vermello do manto. A figura acentuadamente clara do neno no centro de toda a escena fai centrar nel todas as miradas.

O fondo está nun segundo plano, mais tamén destaca polo seu colorido: o contraste principla do azul do ceo co verde das árbores, cada un deles matizado en diversas tonalidades.

Sobre o esmoleiro hai unha inscrición que di: “EN TESTIMONIO DE GRATITUD A LOS BIEN HECHORES QUE DEPOSITAN AQUÍ SUS LIMOSNAS”

O seu estado de conservación é bastante bo e está ben protexido.

Podedes acceder a unha galería de imaxes deste peto de ánimas.

Se queredes descargar a Ruta dos petos de ánimas de Vigo no voso navegador GPS, premede no enlace.

(Se necesitades converter o arquivo .GPX xenérico para o voso navegador concreto, descargade o programa PoiEdit > Menú Herramientas>Conversor de paquetes)

Sen comentarios

Aínda non hai comentarios.

Subscrición RSS para os comentarios deste post.

Sorry, the comment form is closed at this time.