Patrimonio cultural de Vigo

Arquivado en: Cidade,Petos de ánimas — Xosé Couñago

Localización

Este esmoleiro podemos velo a escasos metros do peto de ánimas de san Xosé, no mesmo edificio do antigo hospicio, na rúa santa Marta. (MAPA)

Descrición

Está encaixado na parede do edificio, protexido por unha reixa metálica.

Ao contrario ca o de san Xosé, neste aparece o orificio do peto para depositar moedas.

Non ten data de realización, nin se perciben tradicións de devocións ou ofrendas, máis ca o feito de depositar esmolas.

A figuración corresponde, como o seu nome indica, a santo Antón. Está feita en cerámica policromada na que predomina o azul en distintas variantes. Ten un fermoso adorno en pedra sobresaínte da parede todo en volta do peto, con remate inferior ornamentado.

Estado de conservación

O seu estado de conservación e protección é bo e mesmo podemos observar luz no seu interior.

O mantemento principal está na conservación da pintura do azulezo e da reixa de protección.

Máis información

Se queredes descargar a Ruta dos petos de ánimas de Vigo no voso navegador GPS, premede no enlace.

(Se necesitades converter o arquivo .GPX xenérico para o voso navegador concreto, descargade o programa PoiEdit > Menú Herramientas>Conversor de paquetes)

Sen comentarios

Aínda non hai comentarios.

Subscrición RSS para os comentarios deste post.

Sorry, the comment form is closed at this time.