Patrimonio cultural de Vigo

Arquivado en: Castrelos,Cruceiros — Xosé Couñago

Localización

Esta situado no adro entre a igrexa románica de Castrelos e a casa parroquial. Os tres elementos conforman un conxunto en fermosa e estreita relación. Mágoa o cableado aéreo que pasa ao seu carón, así coma o que está apegado pola fachada da casa, afeando mesmo un escudo que colga da parte superior da parede. Un mal endémico da nosa época que nin a igrexa nin a administración teñen a sensibilidade de eliminar.

Descrición

A base está formada por catro chanzos cuadrangulares que salvan o desnivel do terreo. Esta elevación da base vaille proporcionar, xa dende o chan, unha gran proxección de altura ao cruceiro no seu conxunto. Sobre estes chanzos disponse a base propiamente dita do varal do cruceiro. Esta base ten unha inscrición coa data da súa construción: “1880”.

O fuste tamén é cadrado, sen decoración. Remata nun capitel que, en cambio, está decorado con catro rostros humanos masculinos e femininos, separados nas esquinas por catro formas foliadas rematadas en volutas na parte superior. Esta feitura dálle á base da cruz unha fermosa forma cuadrangular coas esquinas pronunciadas cara a fóra e cóncavas cara ao interior.

A cruz presenta unha crucifixión no anverso e unha figura da Virxe soa no reverso. O Cristo ten unha elaboración pouco traballada en expresividade artística. Apenas apunta un certo naturalismo, mais do que destaca a flexión das pernas con algún elemento da túnica que cobre a súa cintura. O resto do corpo está apegado á pedra da cruz, mesmo cos brazos completamente estendidos, sen o naturalismo que expresan outras cruces deste tipo.

A virxe presenta unha características en semellanza co que vimos de dicir do Cristo. Está completamente apegada á pedra, con pouca volumetría e naturalismo. Cabe sinalar en todo caso o moldeado dos pregamentos verticais da súa roupaxe, xunto coa serenidade da súa expresión.

Navegadores GPS

Podedes introducir o lugar onde está no voso navegador GPS.

(Se necesitades converter o arquivo .GPX xenérico para o voso navegador concreto, descargade o programa PoiEdit > Menú Herramientas>Conversor de paquetes)

Sen comentarios

Aínda non hai comentarios.

Subscrición RSS para os comentarios deste post.

Sorry, the comment form is closed at this time.