{"id":95,"date":"2010-09-16T20:51:46","date_gmt":"2010-09-16T20:51:46","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.wordpress.com\/?p=95"},"modified":"2024-05-25T19:16:44","modified_gmt":"2024-05-25T19:16:44","slug":"castro-de-vigo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=95","title":{"rendered":"Castro de Vigo"},"content":{"rendered":"<p><strong><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOMuBrhpI\/AAAAAAAAK7U\/329PNBJ0z3g\/s640\/100_8169.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"CASTRO\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOMuBrhpI\/AAAAAAAAK7U\/329PNBJ0z3g\/s640\/100_8169.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Localizaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>\u00c9 o castro urbano de Vigo e <a href=\"https:\/\/www.google.es\/maps\/@42.2322001,-8.7296231,716m\/data=!3m1!1e3!4m2!6m1!1s1DrIhJTSB-UwI3gKBBfsXflypfKw?hl=es\" target=\"_blank\">est\u00e1 situado no coraz\u00f3n da cidade, no monte que leva o seu nome,<\/a> hoxe en d\u00eda un gran parque con moi diferentes utilizaci\u00f3ns e variedade de zonas de diverso interese. Dos vinte e sete castros catalogados en Vigo este poder\u00eda ser neste momento o m\u00e1is interesante en canto \u00e1 s\u00faa difusi\u00f3n e achegamento de persoas a visitalo, tanto polo tama\u00f1o das escavaci\u00f3ns e musealizaci\u00f3n ata agora levadas a cabo como pola dimensi\u00f3n do que a\u00ednda queda por desenterrar. A s\u00faa c\u00e9ntrica situaci\u00f3n permite un doado acceso dende calquera punto do concello.<\/p>\n<h3><strong>Descrici\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<p>O estado actual de restauraci\u00f3n perm\u00edtenos apreciar diversos detalles moi importantes para comprendermos a forma de vida dos nosos devanceiros galaicos.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJUAVVORPuI\/AAAAAAAAK_c\/mj1I0DgnxTU\/s640\/100_0082.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJUAVVORPuI\/AAAAAAAAK_c\/mj1I0DgnxTU\/s640\/100_0082.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Na entrada do recinto, o primeiro que atopamos \u00e9 a recreaci\u00f3n de tres edificaci\u00f3ns castrexas que formaban un conxunto con eirado central e que obedecen \u00e1 s\u00faa funci\u00f3n de centro de interpretaci\u00f3n da vida castrexa. Unha excelente recreaci\u00f3n con todo tipo de detalles en cada construci\u00f3n: a primeira \u00e9 unha vivenda circular completa, con patio exterior cuberto e integrado na vivenda polo propio colmo de toda a edificaci\u00f3n. No seu interior non falta detalle, dende a entrada ata os lugares habilitados para durmir na parte superior, con todo tipo de utensilios que representan a vida diaria.<\/p>\n<p>A seguinte recreaci\u00f3n circular reproduce un recinto de almacenaxe, con todos os elementos representativos no seu interior.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOyNE1UzI\/AAAAAAAAK4o\/7L9UFHXOalE\/s512\/100B9550.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"CASTRO\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOyNE1UzI\/AAAAAAAAK4o\/7L9UFHXOalE\/s512\/100B9550.JPG\" alt=\"\" width=\"161\" height=\"215\" \/><\/a><\/p>\n<p>Non menos interesante resulta a terceira construci\u00f3n, de forma rectangular e cunha caracterizaci\u00f3n diferente nas s\u00faas paredes con respecto \u00e1s anteriores circulares. Nesta edificaci\u00f3n reprod\u00facese o pos\u00edbel lugar de traballo e realizaci\u00f3n de labores artesanais.<\/p>\n<p>Unha vez rematada a visita preparatoria, contamos con todas as claves para interpretar con maior apreciaci\u00f3n cada unhas das construci\u00f3ns reais que visitaremos durante o percorrido pola musealizaci\u00f3n do castro de Vigo.<\/p>\n<p>Comezaremos esta descrici\u00f3n dende o lado norte, a partir da entrada principal coloc\u00e1ndonos na pasarela de madeira que discorre polo interior do castro para facilitar a s\u00faa visita. En primeiro lugar percorreremos a zona superior \u00e1 pasarela e a continuaci\u00f3n volveremos describindo a zona inferior deste xacigo castrexo.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJke38UEPzI\/AAAAAAAALEM\/Il06qzNZqhQ\/s640\/100_0391.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJke38UEPzI\/AAAAAAAALEM\/Il06qzNZqhQ\/s640\/100_0391.JPG\" alt=\"\" width=\"230\" height=\"173\" \/><\/a>A primeira construci\u00f3n que teriamos no extremo esquerdo \u00e9 unha edificaci\u00f3n das datadas entre as m\u00e1is antigas deste castro, posibelmente pertencente ao s\u00e9culo III a.e., escavada na propia rocha e que a\u00ednda conserva o fogar na zona semicircular e dous ocos, na zona rectangular, para sostemento de postes. Hoxe en d\u00eda este chan est\u00e1 tapado con terra e non se poden apreciar os elementos descritos, mais podedes ler un artigo completo sobre esta vivenda na web <a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com\/2009\/09\/la-vivienda-y-elhogar-mas-antiguo-del.html\"><strong>Vigo Arqueol\u00f3gico<\/strong><\/a>, do arque\u00f3logo Hidalgo Cu\u00f1arro, onde se observan con claridade estes detalles nunha imaxe correspondente \u00e1s escavaci\u00f3ns orixinais. <em>(foto dereita)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJUAVxBaDCI\/AAAAAAAALA8\/0KJu5dPOszo\/s640\/100_0083.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJUAVxBaDCI\/AAAAAAAALA8\/0KJu5dPOszo\/s640\/100_0083.JPG\" alt=\"\" width=\"269\" height=\"202\" \/><\/a><\/p>\n<p>Un pouco m\u00e1is arriba\u00a0desta construci\u00f3n, no extremo superior do xacemento, podemos ver un conxunto formado por tres vivendas: a primeira delas de amplo semic\u00edrculo que se une, a a trav\u00e9s dun pequeno muro, no seu canto dereito, con outra vivenda de planta cadrada. A vivenda circular conservaba na s\u00faa orixe unha prominente lareira central que desapareceu durante os \u00faltimos anos, tralo estado de abandono que sufr\u00edu o castro. Podedes ver unha espl\u00e9ndida imaxe desta lareira nun artigo publicado por Hidalgo Cu\u00f1arro na s\u00faa web <a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com\/2009\/09\/las-ultimas-casas-del-castro-de-vigo.html\"><strong>Vigo Arqueol\u00f3gico<\/strong><\/a>. Ao longo do percorrido atoparemos varias vivendas con lareiras no chan situadas en distintos lugares do seu interior e con diferentes formas e tipolox\u00edas. Este mesmo arque\u00f3logo ten un interesante artigo na s\u00faa web\u00a0<a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com\/2009\/10\/los-diferentes-tipos-de-hogares-del.html\"><strong>Vigo Arqueol\u00f3gico <\/strong><\/a>dedicado aos diferentes fogares que podemos atopar no castro de Vigo. Recomendamos unha atenta lectura para unha mellor aproximaci\u00f3n \u00e1s imaxes que tendes neste percorrido.<\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n desta vivenda contemplamos outra de formas cuadrangulares, situada no extremo nord\u00e9s do recinto que conserva restos de muros dunha construci\u00f3n anterior, sobre a que se superpuxo esta nova edificaci\u00f3n. Esta superposici\u00f3ns f\u00e1lanos da existencia de distintos per\u00edodos de habitaci\u00f3n neste castro, que observaremos ao longo deste percorrido. <em>(foto superior)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJUAWnVgq3I\/AAAAAAAALBE\/8BhlQpxYZeo\/s640\/100_0086.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJUAWnVgq3I\/AAAAAAAALBE\/8BhlQpxYZeo\/s640\/100_0086.JPG\" alt=\"\" width=\"242\" height=\"182\" \/><\/a><\/p>\n<p>Na vivenda cuadrangular que est\u00e1 acaroada \u00e1 anterior constatamos claramente a superposici\u00f3n de diferentes \u00e9pocas de poboamento, xa que se aprecian dous muros de fasqu\u00eda m\u00e1is circular baixo os cimentos desta planta cadrada. <em>(foto esquerda)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJkexzb9IrI\/AAAAAAAALD4\/kIOxqG7dxoI\/s912\/100_0380.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJkexzb9IrI\/AAAAAAAALD4\/kIOxqG7dxoI\/s912\/100_0380.JPG\" alt=\"\" width=\"288\" height=\"126\" \/><\/a>\u00c1 dereita destas primeiras construci\u00f3ns, atopamos un conxunto importante. unha gran cabana el\u00edptica con peche de patio polo exterior. As caracter\u00edsticas m\u00e1is importantes son: conserva no interior un lar terreo e a car\u00f3n del varios buratos para a colocaci\u00f3n de postes de madeira; apegado ao exterior da s\u00faa parede norte podemos observar outro pequeno patio exterior. <em>(foto dereita)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOQkarVvI\/AAAAAAAAK9A\/k8vYOaituaI\/s640\/100_9457.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOQkarVvI\/AAAAAAAAK9A\/k8vYOaituaI\/s640\/100_9457.JPG\" alt=\"\" width=\"230\" height=\"173\" \/><\/a>Ao p\u00e9 desta vivenda el\u00edptica temos ante n\u00f3s outra circular que conserva o seu per\u00edmetro completo, m\u00e1is elevado na s\u00faa zona posterior. Chama a atenci\u00f3n a carencia de porta, mais consideremos que o que estamos vendo non \u00e9 a parede da vivenda propiamente dita, sen\u00f3n os seus alicerces. Hai que ter presente que a porta de entrada a\u00ednda estar\u00eda m\u00e1is arriba. En xeral todos os muros que observamos neste xacigo castrexo pertencen aos cimentos das edificaci\u00f3ns. <em>(foto esquerda)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJUAa3w9hBI\/AAAAAAAALEE\/6Js_UDsf9S8\/100_0095.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJUAa3w9hBI\/AAAAAAAALEE\/6Js_UDsf9S8\/100_0095.JPG\" alt=\"\" width=\"331\" height=\"158\" \/><\/a>\u00c1 dereita destas d\u00faas construci\u00f3ns podemos observar un magn\u00edfico exemplo de vivenda circular con patio exterior pechado, semellante \u00e1 reconstruci\u00f3n musealizada que se encontra na entrada do recinto. Analizar con atenci\u00f3n unha e outra d\u00e1nos unha idea m\u00e1is achegada \u00e1 realidade de como foi a vivenda na s\u00faa orixe. Este patio exterior compl\u00e9tase con outra construci\u00f3n apegada de planta cadrada da que se conservan d\u00faas paredes. Non se pode precisar se toda esta construci\u00f3n formar\u00eda un conxunto unitario de varias dependencias, ao xeito das que est\u00e1n recreadas na entrada, mais entra dentro desta posibilidade. <em>(foto dereita)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJUAdR4RL9I\/AAAAAAAALB0\/F3XCoHHa0eI\/s640\/100B0160.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJUAdR4RL9I\/AAAAAAAALB0\/F3XCoHHa0eI\/s640\/100B0160.JPG\" alt=\"\" width=\"319\" height=\"240\" \/><\/a>A continuaci\u00f3n destas construci\u00f3ns atopamos outra peza salient\u00e1bel: unha vivenda circular (conservada s\u00f3 pola metade) que presenta un lar bastante completo no interior, coa particularidade de conservar as lousas verticais que o fechan arredor, con pedras na base da lareira con claros indicios a\u00ednda de estar queimadas polo lume; esta \u00e9 a lareira mellor conservada de todas as existentes no castro. Tam\u00e9n significaremos a s\u00faa posici\u00f3n, non no centro da estancia, sen\u00f3n acaroado a unha das paredes, unha posici\u00f3n diferente \u00e1s vistas ata agora no noso percorrido. Se vos fixades con atenci\u00f3n observaredes que esta vivenda circular est\u00e1 superposta a outra de planta m\u00e1is cadrada escavada na propia rocha e na que se observan claramente os traballos de picado que se realizaron para practicar o rebaixe da pedra. Isto ind\u00edcanos que esta vivenda circular \u00e9 posterior \u00e1 que estaba incrustada na rocha, incluso se pode ver ao redor da parede circular, polo exterior, un pequeno rebaixe de canalizaci\u00f3n das augas do tellado (ver galer\u00eda de imaxes). Mais se vos fixades a\u00ednda outro pouco de atenci\u00f3n decatar\u00e9desvos de que esta vivenda circular foi, \u00e1 s\u00faa vez, ocupada pola consgtruci\u00f3n de planta cadrada que acabamos de describir no par\u00e1grafo anterior. \u00a0<em>(foto esquerda)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOWwPmrnI\/AAAAAAAAK9Y\/GCMuf5Soq98\/s912\/100_9467.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOWwPmrnI\/AAAAAAAAK9Y\/GCMuf5Soq98\/s912\/100_9467.JPG\" alt=\"\" width=\"295\" height=\"157\" \/><\/a>A seguinte construci\u00f3n que atopamos, xa na zona central do recinto actual, \u00a0ten forma circular incompleta, mais destaca o pequeno pos\u00edbel pozo ou silo que alberga no seu interior. O chan desta edificaci\u00f3n \u00e9 a propia rocha sobre a que se levanta. Isto perm\u00edtenos apreciar o traballo de adaptaci\u00f3n ao terreo tan irregular (xa que est\u00e1 en pendente) e pedregoso desta zona. Unha caracter\u00edstica urban\u00edstica que a\u00ednda hoxe \u00e9 caracter\u00edstica en moitas aldeas galegas, nas que podemos constatar como o ser humano adaptou as s\u00faas construci\u00f3ns \u00e1s caracter\u00edsticas do terreo, aproveitando, ao mesmo tempo, as posibilidades que este lle ofrece para satisfacer \u00e1s s\u00faas necesidades e servizos. <em>(foto dereita)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOYaMfnrI\/AAAAAAAAK9g\/KOpg71Qd3BY\/s640\/100_9470.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOYaMfnrI\/AAAAAAAAK9g\/KOpg71Qd3BY\/s640\/100_9470.JPG\" alt=\"\" width=\"230\" height=\"173\" \/><\/a>Nunha posici\u00f3n superior \u00e1 anterior, temos outra vivenda circular incompleta que presenta como particular caracter\u00edstica unha pequena lousa vertical no seu interior, pertencente aos restos do fogar que al\u00ed existiu. Observemos, ademais, como o extremo norte desta construci\u00f3n ter\u00eda a s\u00faa continuidade sobre a rocha nai do chan. Considerando que o que temos ante n\u00f3s son os alicerces desta vivenda, podemos dectarnos de como asentaban os seus muros sobre esta rocha. <em>(foto esquerda)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOdQL28YI\/AAAAAAAAK_A\/vstQgUGDDig\/s640\/100_9479.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOdQL28YI\/AAAAAAAAK_A\/vstQgUGDDig\/s640\/100_9479.JPG\" alt=\"\" width=\"307\" height=\"230\" \/><\/a>A continuaci\u00f3n, un pequeno muro recto, perpendicular ao noso percorrido, m\u00e1rcanos o inicio dun conxunto de vivendas cun especial interese. A primeira vivenda que atopamos ten planta cadrada e \u00e9 bastante ampla. Est\u00e1 integrada completamente na irregularidade e as rochas do terreo. Polo seu interior, e a un nivel inferior \u00e1s paredes, discorre unha canle escavada na propia pedra base. Esta canalizaci\u00f3n puido servir para unha conduci\u00f3n de augas, anterior, en todo caso, \u00e1 construci\u00f3n destas vivendas baixo as que discorre. Dentro desta construci\u00f3n podemos observar tam\u00e9n a existencia doutro fogar. O arque\u00f3logo Hidalgo Cu\u00f1arro ten un estudo m\u00e1is detallado na s\u00faa web <a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com\/2009\/09\/la-casa-mas-romana-del-castro-de-vigo.html\">Vigo Arqueol\u00f3gico<\/a> na que no la describe coma a vivenda que pos\u00fae m\u00e1is caracter\u00edsticas romanas, tanto pola forma coma polos materiais atopados nela. No recanto sur recreouse un anaco do que ser\u00eda o chan orixinal desta vivenda.\u00a0<em>(foto dereita)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOiLaON4I\/AAAAAAAAK8k\/6_I0daONu4g\/s640\/100_9491.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOiLaON4I\/AAAAAAAAK8k\/6_I0daONu4g\/s640\/100_9491.JPG\" alt=\"\" width=\"269\" height=\"202\" \/><\/a>Ao seu car\u00f3n, e coa mesma disposici\u00f3n ca a anterior, atopamos outra vivenda cuadrangular toda ela percorrida por unha gran canalizaci\u00f3n que a atravesa dun extremo ao outro, continuaci\u00f3n da canle da vivenda anterior e que pasa dunha \u00e1 outra por debaixo dos muros dos alicerces. O panel de informaci\u00f3n situado neste lugar detalla con maior precisi\u00f3n a fasqu\u00eda e funcionalidade desta canalizaci\u00f3n: <em>\u00abO seu <\/em><em>trazado \u00e9 sinuoso, quizais seguindo as vetas da rocha. Apr\u00e9cianse a\u00ednda as marcas de pico utilizadas na s\u00faa escavaci\u00f3n.\u00bb<\/em> Aproveitando a forte pendente do terreo nesta zona, encontramos outra canle que cruza transversalmente a canalizaci\u00f3n que acabamos de describir. <em>(foto esquerda)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOnM897xI\/AAAAAAAAK9w\/mflQ9TJP09c\/s640\/100_9499.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOnM897xI\/AAAAAAAAK9w\/mflQ9TJP09c\/s640\/100_9499.JPG\" alt=\"\" width=\"269\" height=\"202\" \/><\/a><\/p>\n<p>Esta segunda canalizaci\u00f3n podemos seguila dende a parte superior da escavaci\u00f3n ata perderse no l\u00edmite do xacigo coa estrada, na parte inferior. A descrici\u00f3n que figura no panel de informaci\u00f3n completa as imaxes que ofrecemos aqu\u00ed: <em>\u00abA esta segunda canle as\u00f3cianse varias p\u00edas; unha delas a\u00ednda conserva rebaixes e buratos para o peche. <\/em><em>Esta canle tam\u00e9n est\u00e1 cortada por outras menores; algunha delas levar\u00eda auga ata pequenos pozos situados m\u00e1is abaixo.\u00bb (foto dereita)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOk1CICdI\/AAAAAAAAK94\/qdaF7-0luE0\/s640\/100_9496.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOk1CICdI\/AAAAAAAAK94\/qdaF7-0luE0\/s640\/100_9496.JPG\" alt=\"\" width=\"276\" height=\"208\" \/><\/a>Como remate do paseo habilitado para a visita, podemos observar no extremo sur do recinto varias construci\u00f3ns circulares, unha delas completa, outra ao seu lado incompleta cun muro recto cerr\u00e1ndoa, e finalmente unha terceira, tam\u00e9n incompleta, por estar cortada pola beirarr\u00faa da estrada que pasa \u00e1 beira do castro. <em>(foto da esquerda)<\/em><\/p>\n<p>Seguidamente, a nosa mirada centrarase nunha construci\u00f3n de paredes cadradas. Signifiquemos como detalle que os recantos interiores son redondeados e os exteriores son rectos. A s\u00faa construci\u00f3n ad\u00e1ptase \u00e1s irregularidades do terreo e est\u00e1 asentada sobre a rocha nai en pendente. Polo seu interior, aproveitando esta pendente, discorre a canalizaci\u00f3n transversal arriba descrita. Podemos apreciar con claridade as d\u00faas p\u00edas e as pequenas canalizaci\u00f3ns transversais que as conectan coa principal. <em>(foto superior dereita)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJItJpkPXtI\/AAAAAAAAK-I\/WZn5x8cOmKk\/s912\/100_9501.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignnone\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJItJpkPXtI\/AAAAAAAAK-I\/WZn5x8cOmKk\/s912\/100_9501.JPG\" alt=\"\" width=\"702\" height=\"217\" \/><\/a>A seguinte construci\u00f3n \u00e9, sen d\u00fabida, a m\u00e1is interesante e enigm\u00e1tica das conservadas no castro. Ten forma el\u00edptica, con remate circular na cabeceira sur e fachada recta na cabeceira norte. \u00c9 unha edificaci\u00f3n alongada que se estreita na s\u00faa zona central. Est\u00e1\u00a0escavada\u00a0e refundida na propia rocha base. Poden distinguirse varias divisi\u00f3ns no seu interior. Na parte central apr\u00e9cianse os elementos m\u00e1is destacados que marcan as divisi\u00f3ns interiores. Na cabeceira sur dex\u00e9rgase con claridade o efecto de refundimento na rocha e varios buratos pequenos escavados na laxe do chan. <em>(foto superior)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOpjamDnI\/AAAAAAAAK-Q\/neZ_JP6uTo8\/s640\/100_9505.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOpjamDnI\/AAAAAAAAK-Q\/neZ_JP6uTo8\/s640\/100_9505.JPG\" alt=\"\" width=\"230\" height=\"173\" \/><\/a><\/p>\n<p>Na zona central, m\u00e1is estreita, observamos as divisi\u00f3ns que illan esta parte das d\u00faas cabeceiras. A dependencia norte ten un remate recto, bastante irregular \u00e1 vista dos restos conservados. <span style=\"color: #888888;\"><em><span style=\"color: #000000;\">(<\/span><\/em><\/span><span style=\"color: #888888;\"><em><span style=\"color: #000000;\">foto dereita<\/span><\/em><\/span><span style=\"color: #888888;\"><em><span style=\"color: #000000;\">)<\/span><\/em><\/span><\/p>\n<p>A interpretaci\u00f3n desta edificaci\u00f3n ach\u00e9ganos \u00e1 comparaci\u00f3n con construci\u00f3ns chamadas \u00abmonumentos con forno\u00bb que existen en todo o espazo galaico: Briteiros en Portugal, Espasante en Cari\u00f1o, Vilame\u00e1 en Allariz. Desco\u00f1\u00e9cese con seguridade a verdadeira utilizaci\u00f3n destes lugares. Por unha parte as\u00f3cianse a dedicaci\u00f3ns termais, mais tam\u00e9n non falta quen os identifique como templos asociados a rituais vinculados co lume e a auga.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOrAoGgXI\/AAAAAAAAK-c\/Sq5zGAvwvss\/s640\/100_9507.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOrAoGgXI\/AAAAAAAAK-c\/Sq5zGAvwvss\/s640\/100_9507.JPG\" alt=\"\" width=\"230\" height=\"173\" \/><\/a>Desandando o noso cami\u00f1o na observaci\u00f3n destas contruci\u00f3ns da parte baixa do castro, a seguinte construci\u00f3n que atopamos cara ao norte \u00e9 unha pequena vivenda de forma el\u00edptica, completa no seu muro perimetral. A inclinaci\u00f3n actual que observamos das s\u00faas paredes corresp\u00f3ndese coa pendente do terreo. <em>(foto esquerda)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOrnDy9SI\/AAAAAAAAK-k\/WuSgGamLbP0\/s912\/100_9508.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOrnDy9SI\/AAAAAAAAK-k\/WuSgGamLbP0\/s912\/100_9508.JPG\" alt=\"\" width=\"328\" height=\"140\" \/><\/a>A continuaci\u00f3n temos un interesante conxunto formado por d\u00faas edificaci\u00f3ns cadradas apegadas, unha delas bastante incompleta, xunto a outra circular situada nun nivel inferior da pendente. <em>(foto dereita)<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOuTNxxHI\/AAAAAAAAK-s\/WT-VIN_Jmb4\/s640\/100_9523.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFOuTNxxHI\/AAAAAAAAK-s\/WT-VIN_Jmb4\/s640\/100_9523.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>A esta \u00faltima construci\u00f3n circular contin\u00faanlle outras d\u00faas edificaci\u00f3ns circulares m\u00e1is, todas elas moi pr\u00f3ximas ao cerrado inferior do xacigo. Nesta parte baixa do castro, as vivendas est\u00e1n nunha zona chaira, sen verse sometidas \u00e1 traballosa adaptaci\u00f3n \u00e1 pendente do terreo das construci\u00f3ns anteriores. <em>(foto esquerda)<\/em><\/p>\n<p><strong>Estado de conservaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>A intervenci\u00f3n e investimentos realizados nos \u00faltimos anos, que propiciaron a s\u00faa musealizaci\u00f3n, foron unha gran aposta cultural para a nosa cidade. As edificaci\u00f3ns prospectadas realzan a visi\u00f3n do que foi a distribuci\u00f3n urban\u00edstica deste asentamento castrexo. As vivendas constru\u00eddas \u00e1 entrada do recinto son un centro de interpretaci\u00f3n idealizado do que era o t\u00edpico conxunto de edificaci\u00f3ns asociadas exsitentes nos nosos castros.<\/p>\n<p>P\u00f3dese matizar m\u00e1is ou menos a calidade da musealizaci\u00f3n, mais o estado de total abandono que presentaba ata a s\u00faa intervenci\u00f3n non pod\u00eda continuar por m\u00e1is tempo. Por fin sa\u00edron \u00e1 superficie de entre a maleza, o lixo e o vandalismo o valioso legado que a historia preservou para n\u00f3s. agora podemos deleitarnos na an\u00e1lise e observaci\u00f3n detallada de todos e cada un dos elementos desenterrados ata a actualidade.<\/p>\n<h3><strong><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJULyonXV0I\/AAAAAAAALBg\/vgfLt-mAtfE\/100B0130.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJULyonXV0I\/AAAAAAAALBg\/vgfLt-mAtfE\/100B0130.JPG\" alt=\"\" width=\"509\" height=\"259\" \/><\/a>Valoraci\u00f3n final<\/strong><\/h3>\n<p>Ante museos ao aire libre coma este, situados no propio lugar da historia, con todo tipo de detalles sobre as caracter\u00edsticas e recreaci\u00f3ns deste h\u00e1bitat deben facernos sentir orgullo do noso patrimonio e das nosas ra\u00edces, xa que este castro \u00e9 o m\u00e1is importante e representativo do poboamento da idade de ferro dentro do noso municipio.<\/p>\n<p>O castro de Vigo \u00e9 un dos catro elementos arqueol\u00f3xicos que est\u00e1n en terreos municipais. Cada un destes elementos pertence, ademais, a un per\u00edodo hist\u00f3rico diferente: a m\u00e1moa neol\u00edtica \u201c<a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=345\"><strong>Casa dos Mouros<\/strong><\/a>\u201d de Cande\u00e1n, o conxunto rupestre da idade do bronce d<strong><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=19\">a Laxe en S\u00e1rdoma<\/a><\/strong>, e a vila romana de Toralla en Coruxo.<\/p>\n<p>Este castro, xunto coa coa vila romana de Toralla presentaron unha serie de \u00a0intervenci\u00f3ns nos \u00faltimos anos que desenvocaron na s\u00faa musealizaci\u00f3n; hoxe en d\u00eda xa son dous \u00a0lugares de visitas arqueol\u00f3xicas en Vigo, que podemos destacar, sen lugar a d\u00fabidas, entre os mellores de Galicia.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJUAUS_G7JI\/AAAAAAAAK_Y\/nTFdSBOeQ8o\/s640\/100_0077.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJUAUS_G7JI\/AAAAAAAAK_Y\/nTFdSBOeQ8o\/s640\/100_0077.JPG\" alt=\"\" width=\"448\" height=\"336\" \/><\/a>A m\u00e1moa de Cande\u00e1n foi inclu\u00edda na <a href=\"https:\/\/www.google.es\/maps\/@42.2478475,-8.665245,1641m\/data=!3m1!1e3!4m2!6m1!1s1m0sOX3wtmLza-ImOUBoZgilm7Eu0ehM?hl=es\" target=\"_blank\">ruta das m\u00e1moas de Cande\u00e1n<\/a>, mais al\u00ed quedou, sen ningunha outra intervenci\u00f3n municipal que traballe unha li\u00f1a de posta en valor did\u00e1ctica deste elemento patrimonial de control directo do concello.<\/p>\n<p>Os petr\u00f3glifos da Laxe foron salvados grazas a unha permuta urban\u00edstica no seu momento, mais tam\u00e9n al\u00ed ficou abandonado dende ent\u00f3n.<\/p>\n<p>Mais se nos fixamos un pouco, decatar\u00e9monos que estes catro elementos xuntos e sumados permitir\u00edan un paseo did\u00e1ctico polos principais per\u00edodos hist\u00f3ricos da antig\u00fcidade. Permitir\u00eda a creaci\u00f3n de roteiros educativos, culturais, arqueol\u00f3xicos&#8230; Este \u00e9 un castro moi incompleto a\u00ednda nas verdadeiras dimensi\u00f3ns que debe posu\u00edr pola contorna de todo este monte central vigu\u00e9s. O d\u00eda que se decida a continuar coa s\u00faa escavaci\u00f3n teremos a nosa propia \u201ccasa dos antepasados\u201d no coraz\u00f3n mesmo da cidade, para goce de todos n\u00f3s, dos escolares que se acheguen a aprender a historia <em>in situ<\/em> e dos milleiros de visitantes que se moven por Vigo cada ano.<\/p>\n<h3><strong><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFO2fDdYOI\/AAAAAAAAK5A\/cButcYvvt2g\/s640\/100_9601.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFO2fDdYOI\/AAAAAAAAK5A\/cButcYvvt2g\/s640\/100_9601.JPG\" alt=\"\" width=\"448\" height=\"336\" \/><\/a>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<ul>\n<li><a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com\/search\/label\/Cultura%20castre%C3%B1a\">Xos\u00e9 Manuel Hidalgo Cu\u00f1arro<\/a>: ten un excelente Blog sobre a nosa arqueolox\u00eda.<\/li>\n<li>Xos\u00e9 Maneul Hidalgo Cu\u00f1arro, <a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com\/2009\/08\/el-bifaz-paleolitico-del-castro-de-vigo.html\">El bifaz paleol\u00edtico del Castro de Vigo<\/a>, en Vigoarqueol\u00f3xico.<\/li>\n<li>Fichas do <a href=\"https:\/\/xmu.vigo.org\/docs\/pxom\/Memorias\/Tomo-VI\/Fichas\/Catalogo\/X_007.pdf\" target=\"_blank\">cat\u00e1logo do PXOM<\/a> de Vigo (Tomo VI, fichas do cat\u00e1logo).<\/li>\n<li><a href=\"http:\/\/xornal.vigo.org\/medi\/xornal\/noticias\/doc\/1232116088patrimoniocastro.pdf\">Proxecto de musealizaci\u00f3n<\/a> do castro de Vigo.<\/li>\n<\/ul>\n<h3>Galer\u00eda de imaxes<\/h3>\n<p><a href=\"https:\/\/photos.app.goo.gl\/NZc1CxVGTc3opb9Q9\" target=\"_blank\">Galer\u00eda de imaxes<\/a><\/p>\n<h3><\/h3>\n<h3>Navegadores GPS<\/h3>\n<p>Se queredes podedes co\u00f1ecer a <em><strong><a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=157327\">Rutas dos castros de Vigo<\/a><\/strong><\/em> e mesmo descargala para o voso <strong>navegador GPS<\/strong>.<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFONHb0cRI\/AAAAAAAAK7c\/vqg-vLOHunw\/s912\/100_8170.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"aligncenter\" title=\"castro\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TJFONHb0cRI\/AAAAAAAAK7c\/vqg-vLOHunw\/s912\/100_8170.JPG\" alt=\"\" width=\"702\" height=\"294\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n \u00c9 o castro urbano de Vigo e est\u00e1 situado no coraz\u00f3n da cidade, no monte que leva o seu nome, hoxe en d\u00eda un gran parque con moi diferentes utilizaci\u00f3ns e variedade de zonas de diverso interese. Dos vinte e sete castros catalogados en Vigo este poder\u00eda ser neste momento o m\u00e1is interesante en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[4,31],"tags":[42],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/95"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=95"}],"version-history":[{"count":68,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/95\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2278,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/95\/revisions\/2278"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=95"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=95"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=95"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}