{"id":934,"date":"2010-08-29T10:32:56","date_gmt":"2010-08-29T10:32:56","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=934"},"modified":"2015-11-16T09:36:09","modified_gmt":"2015-11-16T09:36:09","slug":"muinos-de-maquias-valadares","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=934","title":{"rendered":"Mu\u00ed\u00f1os de Maqu\u00edas (Valadares)"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/THmWd9nL8VI\/AAAAAAAAKsI\/74PjsENeQog\/s640\/100_8092.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/THmWd9nL8VI\/AAAAAAAAKsI\/74PjsENeQog\/s640\/100_8092.JPG\" alt=\"\" width=\"448\" height=\"336\" \/><\/a>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Este excepcional e emblem\u00e1tico conxunto vigu\u00e9s est\u00e1 situado na parroquia de Valadares, <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=gl&amp;msa=0&amp;msid=113862608953642749447.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.158035,-8.702567&amp;spn=0.004247,0.009645&amp;t=h&amp;z=17\">ao p\u00e9 do encoro de Zam\u00e1ns<\/a> e con acceso doado dende a PO-331, estrada que une Gondom\u00e1r co Porri\u00f1o, baixo o monte Gali\u00f1eiro.<br \/>\nDende a estrada hai un cartel indicador que nos conduce nuns douscentos metros ata a beiras do r\u00edo de Zam\u00e1ns, onde se localizan estes mu\u00ed\u00f1os.<br \/>\nNormalmente atrib\u00faense \u00e1 parroquia de Zam\u00e1ns, e mesmo son co\u00f1ecidos con esta denominaci\u00f3n, mais a localizaci\u00f3n real pertence \u00e1 parroquia de Valadares.<br \/>\nA contorna en que se localiza forma parte do sendeiro panor\u00e1mico de Vigo, GR-53 e toda a zona pos\u00fae un gran valor medioambiental.<\/p>\n<p>Forman parte da <a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=2054887\" target=\"_blank\">Ruta dos conxuntos etnogr\u00e1ficos de Vigo<\/a>, que podedes descargar no voso navegador GPS.<\/p>\n<h3><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/THmWNxdpMaI\/AAAAAAAAKrY\/r2Pkco-6yiY\/s640\/100_3912.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/THmWNxdpMaI\/AAAAAAAAKrY\/r2Pkco-6yiY\/s640\/100_3912.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p>O conxunto est\u00e1 formado por d\u00faas edificaci\u00f3ns. Unha delas \u00e9 unha vivenda mu\u00ed\u00f1o con d\u00faas alturas e o outro un mu\u00ed\u00f1o de configuraci\u00f3n habitual.<br \/>\nO nome Maqu\u00eda prov\u00e9n da medida de moenda que a persoa usuaria deber\u00eda pagar ao propietario do mu\u00ed\u00f1o por moer o gran.<\/p>\n<h3>Vivenda mu\u00ed\u00f1o<\/h3>\n<p>Este \u00e9 o mu\u00ed\u00f1o principal e vivenda da persoa que estaba a cargo da moenda.<br \/>\nPresenta d\u00faas plantas de altura baixo unha cuberta a d\u00faas augas.<\/p>\n<h4>Fachada principal<\/h4>\n<p>O m\u00e1is especular a primeira vista \u00e9 o p\u00f3rtico da fachada principal, composto por unha esqueira de seis chanzos gradados a tres caras piramidalmente. Esta esqueira p\u00e9trea introd\u00facenos nun pat\u00edn que ocupa o largo da fachada, con catro columnas, con cadans\u00faa base e capitel. Estas columnas son c\u00fabicas con rebaixes achafranados nas arestas. As columnas est\u00e1n unidas entre si d\u00faas a d\u00faas por senllos peitor\u00eds, deixando a zona central exenta para acceso ao pat\u00edn. As columnas soste\u00f1en a prolongaci\u00f3n cara a f\u00f3ra da planta superior creando un claro efecto de soportal.<\/p>\n<h4><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/THmWspRlAoI\/AAAAAAAAKtA\/V-u4PIQ8YPY\/s640\/100_8121.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/THmWspRlAoI\/AAAAAAAAKtA\/V-u4PIQ8YPY\/s640\/100_8121.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Planta baixa<\/h4>\n<p>Conta cunha porta de entrada e un pequeno fachinelo no seu lateral esquerdo. Esta planta baixa d\u00e1 acceso \u00e1 planta superior mediante escaleira e ao lugar de moenda. Esta planta baixa est\u00e9ndese lateralmente f\u00f3ra do corpo principal do edificio creando o espazo de moenda, no que se sit\u00faan todos os elementos correspondentes, con tellado propio a unha soa auga.<\/p>\n<h4>Espazo de moenda<\/h4>\n<p>Ten d\u00faas moas completas, mais sen varas nin moegas.\u00a0 Exteriormente corresp\u00f3ndense con cadanseu inferno no nivel inferior e dous fachinelos \u00e1 altura das moas. Entre as d\u00faas moas hai un pequeno muro de pedra con columna ata o teito a modo de divisi\u00f3n dos dous espazos correspondentes ao tremi\u00f1ado.<\/p>\n<h4>Planta superior<\/h4>\n<p>\u00c9 o espazo dedicado \u00e1 vivenda das persoas encargadas do mu\u00ed\u00f1o. Hoxe en d\u00eda est\u00e1 l\u00f3brego. Dende a xanela deste andar superior g\u00f3zase dunha visi\u00f3n exterior de todo o conxunto dende unha nova e diferente perspectiva.<br \/>\nParte traseira: conta cun pequeno cuberto apegado \u00e1 parede posterior formado por un tellado dunha auga que se sost\u00e9n sobre un pequeno muro mediante catro barras met\u00e1licas.<\/p>\n<h4>Levada<\/h4>\n<p>Est\u00e1 situada na parte posterior do edificio e p\u00f3dese seguir ata a base do encoro. O desnivel do terreo na chegada ao mu\u00ed\u00f1o v\u00e9nceo mediante unha s\u00f3lida e voluminosa canle de cachotes que rematan nun cubo de forma rectangular. Esta \u00fanica levada d\u00e1 servizo \u00e1s d\u00faas moas do mu\u00ed\u00f1o.<\/p>\n<h3><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/THmWj9ZhtkI\/AAAAAAAAKsY\/du9gD-7DVPo\/s640\/100_8096.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/THmWj9ZhtkI\/AAAAAAAAKsY\/du9gD-7DVPo\/s640\/100_8096.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Segundo mu\u00ed\u00f1o<\/h3>\n<p><strong>Levada<\/strong>: prov\u00e9n da mesma levada ca o da vivenda mu\u00ed\u00f1o, a partir dunha divisi\u00f3n na canle principal para a separaci\u00f3n das augas. Chama a atenci\u00f3n o tama\u00f1o e lonxitude das lousas laterais que conducen as augas ata o cubo. Este conta con todas os partes caracter\u00edsticas e destaca tam\u00e9n pola s\u00faa gran dimensi\u00f3n.<br \/>\n<strong>Edificaci\u00f3n<\/strong>: a porta est\u00e1 situada a car\u00f3n do cubo, nun extremo. Est\u00e1 constru\u00edda con perpia\u00f1os de diferentes tama\u00f1os e ten o tellado completo a d\u00faas augas. Na parte posterior est\u00e1 a sa\u00edda do inferno, a un nivel inferior ao da planta, e sobre el unha pequena xanela.<br \/>\n<strong>Interior<\/strong>: est\u00e1 ben conservado e conta cunha soa moa completa, sen moega, mais cun erguedoiro ao seu p\u00e9. Nunha das paredes laterais hai un poio corrido de pedra e, ao car\u00f3n da xanela, nun recanto, un pousadoiro circular.<\/p>\n<h3><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/THmWkpPLspI\/AAAAAAAAKsc\/mAvnr8AKsYY\/s640\/100_8099.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/THmWkpPLspI\/AAAAAAAAKsc\/mAvnr8AKsYY\/s640\/100_8099.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/h3>\n<p>No seu conxunto podemos consideralo acept\u00e1bel, mais cun alto risco de degradaci\u00f3n, xa que na actualidade est\u00e1 completamente abandonado. Nalg\u00fan caso mesmo presenta un risco para as persoas, como \u00e9 o caso das escaleiras interiores da vivenda mu\u00ed\u00f1o, que non contan con chanzos e s\u00f3 permanece a s\u00faa estrutura met\u00e1lica.<br \/>\nOs paneis informativos situados no acceso a este conxunto foron destru\u00eddos.<br \/>\nPerc\u00edbese claramente que non existe ningunha presenza de control ou mantemento neste lugar por parte da administraci\u00f3n local.<\/p>\n<h3>Valoraci\u00f3n final<\/h3>\n<p>D\u00e1 magoa pensar que este \u00e9 o conxunto m\u00e1is emblem\u00e1tico do concello de Vigo dado o seu abandono actual. No seu momento existiu un proxecto de aulas etnogr\u00e1ficas do pan neste lugar, mais non tivo continuidade.<br \/>\nUn dos principais motores da econom\u00eda rural dos nosos pais, que conta con tantos exemplares e conxuntos en todo o municipio, non ten asociado ning\u00fan programa did\u00e1ctico que mostre o seu funcionamento \u00e1s novas xeraci\u00f3ns, xa descontextualizadas deste mundo que est\u00e1 ao seu car\u00f3n e do que participaron tan activamente\u00a0 tanto os seus pais coma os seus av\u00f3s.<br \/>\n<a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/THmWYe0EVzI\/AAAAAAAAKr4\/1UGWLYWfoQc\/s640\/100_3924.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/THmWYe0EVzI\/AAAAAAAAKr4\/1UGWLYWfoQc\/s640\/100_3924.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Moitas destas persoas maiores que traballaron directamente neste sistema de produci\u00f3n b\u00e1sico de alimentos para as familias poden a\u00ednda participar na transmisi\u00f3n destes ancestrais co\u00f1ecementos. Cando esta xeraci\u00f3n desapareza, s\u00f3 poderemos falar de arqueolox\u00eda etnogr\u00e1fica.<\/p>\n<h3>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<p><a href=\"http:\/\/picasaweb.google.es\/xosecounhago\/MuinoDeMaquiasValadares#slideshow\/\"><strong>Galer\u00eda de imaxes<\/strong><\/a><\/p>\n<h3>Navegadores GPS<\/h3>\n<p>Para chegar ata este mu\u00ed\u00f1o, podedes descargar a s\u00faa situaci\u00f3n no voso<a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=1131432\"> navegador GPS<\/a>.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n podedes descargar a <a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=2054887\" target=\"_blank\">Ruta dos conxuntos etnogr\u00e1ficos de mu\u00ed\u00f1os de Vigo<\/a> no voso navegador GPS.<\/p>\n<p>(Se necesitades converter o arquivo .GPX xen\u00e9rico para o voso navegador concreto, descargade o programa <a href=\"http:\/\/poiedit.com\/downloads.htm\">PoiEdit<\/a> &gt; Men\u00fa Herramientas&gt;Conversor de paquetes)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n Este excepcional e emblem\u00e1tico conxunto vigu\u00e9s est\u00e1 situado na parroquia de Valadares, ao p\u00e9 do encoro de Zam\u00e1ns e con acceso doado dende a PO-331, estrada que une Gondom\u00e1r co Porri\u00f1o, baixo o monte Gali\u00f1eiro. Dende a estrada hai un cartel indicador que nos conduce nuns douscentos metros ata a beiras do r\u00edo de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[10,21],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/934"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=934"}],"version-history":[{"count":13,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/934\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1995,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/934\/revisions\/1995"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=934"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=934"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=934"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}