{"id":772,"date":"2010-06-19T07:10:49","date_gmt":"2010-06-19T07:10:49","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=772"},"modified":"2024-05-25T19:21:58","modified_gmt":"2024-05-25T19:21:58","slug":"castro-de-estea-saians","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=772","title":{"rendered":"Castro de Estea (Sai\u00e1ns)"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrxdkoWxI\/AAAAAAAAKCU\/2W7_klRiKMk\/s640\/100_7766%20coroa.JPG\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"Coroa\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrxdkoWxI\/AAAAAAAAKCU\/2W7_klRiKMk\/s640\/100_7766%20coroa.JPG\" alt=\"\" width=\"369\" height=\"277\" \/><\/a>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Este castro<a href=\"https:\/\/maps.app.goo.gl\/VVV2ZZwqVhw1LM2N6\" target=\"_blank\"> est\u00e1 situado no monte das Medo\u00f1as<\/a>, no lugar de Estea. \u00c9 moi doado chegar a el, xa que se atopa \u00e1 beira da estrada de Camposancos (PO-552) que comunica Vigo con Baiona. O acceso \u00e9 doado e ben sinalizado e existe unha boa zona de aparcadoiro.<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p>O seu curuto \u00e1lzase ata os 165 metros sobre o nivel do mar. Domina unha ampla zona costeira de visi\u00f3n correspondente \u00e1s parroquias de Coruxo, Oia e Sai\u00e1ns, xunto cos territorios costeiros de Nigr\u00e1n e Baiona. Naturalmente, toda a r\u00eda de Vigo est\u00e1 baixo o seu dominio visual as\u00ed coma os castros do Morrazo.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxr3HwIYxI\/AAAAAAAAKCk\/Cpn2XuyE4HE\/Plano%20do%20castro%20-%20google%20earth.jpg\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"Foto a\u00e9rea do castro\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxr3HwIYxI\/AAAAAAAAKCk\/Cpn2XuyE4HE\/Plano%20do%20castro%20-%20google%20earth.jpg\" alt=\"Coroa, foxo oeste, foxo sur, foxo leste, terraza1, terraza 2\" width=\"374\" height=\"301\" \/><\/a>Dende o punto de vista da relaci\u00f3n territorial con outros castros, seguramente haber\u00eda que po\u00f1elo m\u00e1is en relaci\u00f3n cos castros do Val Mi\u00f1or ca cos de Vigo. Na mesma continuidade da monta\u00f1a atopamos preto outros catro asentamentos xa pertencentes ao concello de Nigr\u00e1n.<\/p>\n<p><strong>Dimensi\u00f3ns<\/strong>: a\u00a0forma ovoidal que presenta establece dous eixos: norte-sur, 160 m; leste-oeste, 130 m.<\/p>\n<p><strong>Defensas<\/strong>: o sistema defensivo deste castro \u00e9 un dos aspectos m\u00e1is salient\u00e1beis a simple vista. Principalmente os foxos que o circundan, que destacan pola s\u00faa fondura e anchura.<\/p>\n<p><strong><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxpj61JVHI\/AAAAAAAAKAQ\/eEREhAsJB5A\/s512\/100_7717%20foxo%20oeste.JPG\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"Foxo oeste\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxpj61JVHI\/AAAAAAAAKAQ\/eEREhAsJB5A\/s512\/100_7717%20foxo%20oeste.JPG\" alt=\"\" width=\"179\" height=\"239\" \/><\/a>Foxos: <\/strong>O lado norte \u00e9 o \u00fanico que non conta cun foxo defensivo. O resto do castro est\u00e1 arrodeado por un impo\u00f1ente foxo que se pode percibir claramente ao dar unha volta polo seu per\u00edmetro.<\/p>\n<p><strong>Foxo oeste<\/strong>: \u00e9 o m\u00e1is destacable de toda a contorna do castro, xa que conta con 20 metros de anchura e 12 de profundidade. Este foxo vese na actualidade bastante pronunciado debido a unha canteira moderna que se abriu para extracci\u00f3n de pedra no lugar.<\/p>\n<p><strong>Foxos sur e leste<\/strong>: o foxo sur \u00e9 menos pronunciado ca o resto, mais pode percibirse con claridade no noso percorrido ao redor da coroa do castro. Entre o sur e o leste est\u00e1 a entrada principal do castro. A partir deste punto, cara ao leste, o foxo volve a facerse novamente moi pronunciado.<\/p>\n<p><strong>Murallas<\/strong>: apenas se poden adivi\u00f1ar restos de pos\u00edbel amurallamento na coroa do castro.<\/p>\n<h4>Terrazas<\/h4>\n<p>Son facilmente evidenci\u00e1beis d\u00faas terrazas en socalcos descendentes dende a coroa do castro cara ao noroeste. O uso que se lle dar\u00eda a estes dous espazos co\u00f1ecer\u00e9molo en canto se realicen as escavaci\u00f3ns que agora est\u00e1 pedindo este lugar de habitaci\u00f3n castrexa e que desco\u00f1ecemos polo momento.<\/p>\n<h3><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrv1VKrAI\/AAAAAAAAKCQ\/YEB6xwc4fXM\/s640\/100_7764%20coroa.JPG\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"Coroa do castro\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrv1VKrAI\/AAAAAAAAKCQ\/YEB6xwc4fXM\/s640\/100_7764%20coroa.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Coroa<\/h3>\n<p>Son moi escasos os restos p\u00e9treos que se poden observar na parte m\u00e1is alta do castro. Apenas unha zona de cachotes ao ar libre que parecen indicarnos a existencia dalg\u00fan tipo de construci\u00f3n. O resto do que a\u00ednda quede como aproveit\u00e1bel posibelmente estea baixo terra agardando pola s\u00faa recuperaci\u00f3n e sa\u00edda \u00e1 luz.<\/p>\n<p>Dende este lugar podemos comprender o posicionamento estrat\u00e9xico tan importante deste castro dentro do conxunto de territorios que domina. Tam\u00e9n se pode observar a extensa planicie que descende suavemente ata a beira do mar. Esta perspectiva fainos pensar no aproveitamento tanto agr\u00edcola coma mari\u00f1a que pod\u00edan levar a cabo as persoas que habitaban nesta aldea da nosa idade de ferro.<\/p>\n<h4>Mina de auga<a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrVuL61JI\/AAAAAAAAKBY\/wYm4a155I_4\/s512\/100_7736%20mina%20de%20auga.JPG\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"Mina de auga\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrVuL61JI\/AAAAAAAAKBY\/wYm4a155I_4\/s512\/100_7736%20mina%20de%20auga.JPG\" alt=\"\" width=\"230\" height=\"307\" \/><\/a><\/h4>\n<p>\u00c9 de fasqu\u00eda moderna e foi constru\u00edda polos habitantes da parroquia para aproveitamento do manancial de auga que nace baixo o castro. Podemos ver unha canle de sa\u00edda bastante definida sobre o terreo, ao longo do foxo oeste. A entrada da mina est\u00e1 ben elaborada en pedra de cachotar\u00eda e perpia\u00f1o. Desco\u00f1\u00e9cese se este castro ti\u00f1a alg\u00fan sistema de almacenaxe de auga ou de manancial de uso naquela \u00e9poca. \u00c1 vista do exemplo desta mina, mais a presa que hai na parte sur do castro sobre o r\u00edo Estea, onde se atopan varios mu\u00ed\u00f1os naviculares m\u00e1is antigos ca o propio castro xunto a un conxunto de mu\u00ed\u00f1os xa modernos, podemos supo\u00f1er que a utilizaci\u00f3n e aproveitamento da auga xa estar\u00eda ben desenvolvida na \u00e9poca castrexa.<\/p>\n<h4><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrErJj0EI\/AAAAAAAAKAw\/BnptFwtCs1Y\/s800\/100_7703.JPG\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" class=\"alignleft\" title=\"Machados de bronce\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrErJj0EI\/AAAAAAAAKAw\/BnptFwtCs1Y\/s800\/100_7703.JPG\" alt=\"\" width=\"300\" \/><\/a>Machados de bronce<\/h4>\n<p>Vinculado a este castro atopouse un dep\u00f3sito de 27 machados pertencentes ao per\u00edodo final da idade de bronce (1200-700 a.e.). \u00c9 o achado con maior cantidade de machados que exixe no noso concello, entre as numerosas descubertas realizadas por distintos lugares e que podemos atopar detallados na web <strong><em><a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com\/2011\/11\/galeria-de-imagenes-y-comentarios-vi.html\" target=\"_blank\">Vigoarqueol\u00f3gico<\/a><\/em><\/strong>, do arque\u00f3logo Jos\u00e9 Manuel Hidalgo Cu\u00f1arro, un dos especialistas m\u00e1is co\u00f1ecedores da nosa prehistoria. Outro destes achados tam\u00e9n se producira no<a href=\"https:\/\/xosecounhago.com\/?p=175\" target=\"_blank\"> castro da Punta do Mu\u00ed\u00f1o<\/a> en Alcabre.<\/p>\n<h3><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrb_5xWmI\/AAAAAAAAKBk\/Z9xKKnl4A1E\/s640\/100_7743%20foxo%20leste.JPG\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"Subida \u00e1 zona de h\u00e1bitat\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrb_5xWmI\/AAAAAAAAKBk\/Z9xKKnl4A1E\/s640\/100_7743%20foxo%20leste.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Trala intervenci\u00f3n realizada para a s\u00faa posta en valor e musealizaci\u00f3n ao ar libre, o seu estado de conservaci\u00f3n \u00e9 o apropiado.<\/p>\n<p>O rozamento do monte que ocupa o castro debe ser un labor continuo, posto que a maleza medra vizosamente por todas as partes.<\/p>\n<h3>Valoraci\u00f3n final<\/h3>\n<p>Positiva actuaci\u00f3n ata o momento a que se levou a cabo neste castro. O investimento que se realizou dende a administraci\u00f3n auton\u00f3mica para a posta en valor deste enclave castrexo trouxo consigo unha mellor comprensi\u00f3n da importancia deste asentamento alde\u00e1n.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrZ5cXi0I\/AAAAAAAAKBg\/KDLB6k4a5RE\/s640\/100_7741%20coroa%20dende%20sur.JPG\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"Coroa dende foxo sur\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrZ5cXi0I\/AAAAAAAAKBg\/KDLB6k4a5RE\/s640\/100_7741%20coroa%20dende%20sur.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>O rozamento e a creaci\u00f3n dun percorrido guiado con bos carteis informativos fan que calquera visita se transforme nun paseo por todos e cada un dos recantos deste magn\u00edfico exemplo do mundo castrexo vigu\u00e9s.<\/p>\n<p>Paralelamente, ao car\u00f3n deste castro, e vinculados ao aproveitamento do curso de auga do r\u00edo Estea, que pasa pola s\u00faa vertente norte, tam\u00e9n se acondicionou a posibilidade de visitar un petr\u00f3glifo anterior ao propio castro, formado por dous mu\u00ed\u00f1os naviculares situados ao p\u00e9 do r\u00edo, xunta unha fermosa represa que dispensa a auga para o conxunto formado por varios mu\u00ed\u00f1os tradicionais aproveitando a forte pendente da auga nese lugar.<\/p>\n<p>Mu\u00ed\u00f1os prehist\u00f3ricos e modernos, separados por milleiros de anos, mais unidos no mesmo espazo, que evidencian a utilizaci\u00f3n co mesmo fin que o ser humano v\u00e9n realizando do r\u00edo dende a nosa m\u00e1is remota historia.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrBhGryqI\/AAAAAAAAKAk\/kjst58jRBQg\/s512\/100_7695.JPG\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"Panel informativo de entrada\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TBxrBhGryqI\/AAAAAAAAKAk\/kjst58jRBQg\/s512\/100_7695.JPG\" alt=\"\" width=\"230\" height=\"307\" \/><\/a>Parab\u00e9ns por esta iniciativa e instamos a que se mante\u00f1a unha constante atenci\u00f3n a este espazo da nosa historia e etnograf\u00eda evitando que se poida ver deteriorado en calquera momento.<\/p>\n<p>Tampouco debe faltar a intenci\u00f3n de continuar coas prospecci\u00f3ns futuras que nos dean a co\u00f1ecer m\u00e1is en detalle a urbanizaci\u00f3n castrexa existente tanto na coroa coma nas d\u00faas terrazas inferiores.<\/p>\n<h3>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Podedes acceder a unha ampla <a href=\"https:\/\/photos.app.goo.gl\/h6Lv3bnhZcwUmdg77\" target=\"_blank\"><em><strong>galer\u00eda de imaxes<\/strong><\/em><\/a>.<\/p>\n<p>Fichas do <a href=\"https:\/\/xmu.vigo.org\/docs\/pxom\/Memorias\/Tomo-VI\/Fichas\/Catalogo\/X_042.pdf\" target=\"_blank\">cat\u00e1logo do PXOM<\/a> de Vigo (Tomo VI, fichas do cat\u00e1logo).<\/p>\n<p>Jos\u00e9 Manuel Hidalgo Cu\u00f1arro, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/search\/label\/Cultura%20castre\u00f1a\" target=\"_blank\"><em><strong>Arqueovigo<\/strong><\/em><\/a>.<\/p>\n<p>Jos\u00e9 Manuel Hidalgo Cu\u00f1arro, \u00abHachas de la Edad de Bronce encontradas en Vigo\u00bb, en <strong><em><a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com\/2007\/06\/hachas-de-la-edad-de-bronce-encontradas.html\" target=\"_blank\">Vigoarqueol\u00f3gico<\/a><\/em><\/strong>.<\/p>\n<h3>Navegadores GPS<\/h3>\n<p>Se queredes podedes co\u00f1ecer a <em><strong><a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=157327\" target=\"_blank\">Rutas dos castros de Vigo<\/a><\/strong><\/em> e mesmo descargala para o voso <strong>navegador GPS<\/strong>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n Este castro est\u00e1 situado no monte das Medo\u00f1as, no lugar de Estea. \u00c9 moi doado chegar a el, xa que se atopa \u00e1 beira da estrada de Camposancos (PO-552) que comunica Vigo con Baiona. O acceso \u00e9 doado e ben sinalizado e existe unha boa zona de aparcadoiro. Descrici\u00f3n O seu curuto \u00e1lzase ata [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[4,45],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/772"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=772"}],"version-history":[{"count":23,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/772\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2279,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/772\/revisions\/2279"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=772"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=772"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=772"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}