{"id":74,"date":"2012-02-19T23:17:53","date_gmt":"2012-02-19T23:17:53","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.wordpress.com\/?p=74"},"modified":"2015-11-16T09:35:28","modified_gmt":"2015-11-16T09:35:28","slug":"igrexa-de-sta-marina-cabral","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=74","title":{"rendered":"Igrexa de Sta. Mari\u00f1a (Cabral)"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"http:\/\/img391.imageshack.us\/img391\/1845\/1000396jc5.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" style=\"float: left;\" src=\"http:\/\/img391.imageshack.us\/img391\/1845\/1000396jc5.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"240\" \/><\/a><span><strong>Localizaci\u00f3n<\/strong><\/span><\/h3>\n<p>(<a href=\"http:\/\/www.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=gl&amp;msa=0&amp;msid=113862608953642749447.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.224315,-8.655671&amp;spn=0.003822,0.010042&amp;t=h&amp;z=17&amp;iwloc=00044c45098aaf2d3781c\" target=\"_blank\"><em><strong>Ver en Google Maps<\/strong><\/em><\/a>)<\/p>\n<p><span><em>A<\/em> situaci\u00f3n da igrexa, dominando o amplo val que se abre sobre o concello ata o mar dende o delongado e aberto adro que a arrodea, xunto coas dimensi\u00f3ns en altura da construci\u00f3n, fan salientar este edificio nada m\u00e1is achegarnos a el.<\/span><\/p>\n<h3><strong><span>Descrici\u00f3n<\/span><\/strong><span> <\/span><\/h3>\n<p><span>Desco\u00f1ecemos a data de construci\u00f3n; a\u00ednda as\u00ed, a dataci\u00f3n do retablo do altar maior en 1746 danos unha idea de que cando menos debe ser anterior a este ano. Presenta elementos de t\u00edpica adscrici\u00f3n ao <a href=\"http:\/\/piazzarotonda.blogspot.com\/2010\/03\/barroco-gallego.html\">estilo barroco<\/a>, coma moitas outras igrexas de Vigo (ornamentaci\u00f3n dos laterais da fachada en forma de pilastras, rematadas en alcipr\u00e9s p\u00e9treo con b\u00f3la superior, fornelo sobre a porta principal, espadana semellante a outros exemplares do concello), tam\u00e9n presenta elementos ornamentais que permiten apuntala cara ao <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Neoclasicismo\" target=\"_blank\">estilo neocl\u00e1sico<\/a>. Chama a atenci\u00f3n a primeira vista a altura da nave, m\u00e1is alta a\u00ednda na cabeceira, con respecto ao ancho da igrexa. Curiosamente a cabeceira \u00e9 m\u00e1is alta, pero m\u00e1is estreita ca o resto do edificio, o que acent\u00faa esa sensaci\u00f3n de altura e de monumentalidade do edificio.<\/span><\/p>\n<p><span>Sacado as dimensi\u00f3ns referidas, o que vai centrar a nosa mirada \u00e9 a fachada principal, xa que o resto dos muros non presenta apenas elementos que salientar.<\/span><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/img391.imageshack.us\/img391\/8775\/1000399lw3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" style=\"float: right;\" src=\"http:\/\/img391.imageshack.us\/img391\/8775\/1000399lw3.jpg\" alt=\"\" width=\"240\" height=\"300\" \/><\/a><strong><span>Fachada principal<\/span><\/strong><span>: organ\u00edzase sobre varios elementos ornamentais distribu\u00eddos harmonicamente na s\u00faa correlaci\u00f3n. <strong>Li\u00f1as verticais<\/strong>, marcadas polas pilastras dos cantos laterais, da porta, do fornelo e da guarnici\u00f3n da xanela central; esta linearidade vertical vese acentuada pola concentraci\u00f3n central dos elementos m\u00e1is salient\u00e1beis (porta, fornelo, xanela e campanario). <strong>Li\u00f1as horizontais<\/strong>, marcadas polos linteis da porta, da cornixa superior \u2013que divide a fachada en dous corpos- e a cornixa inferior da espadana. Conxuntando estes dous elementos distribuidores, est\u00e1n os <strong>front\u00f3ns triangulares<\/strong> sobre o fornelo, o front\u00f3n do corpo superior da fachada e o front\u00f3n de remate da espadana. Tres front\u00f3ns alternantes entre eles, sobre unha mesma vertical central.<\/span><\/p>\n<p><strong><span>Porta<\/span><\/strong><span>: rodenado a porta vai un xogo lineal de molduras con remate superior en c\u00f3bado nas d\u00faas esquinas. Este conxunto est\u00e1 enmarcado por pilastras sobre as que se labran cadanseu fuste que se unen un ao outro por un soporte corrido superior, mantendo unha continuidade decorativa, que serve de base para o fornelo da Virxe.<\/span><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/img92.imageshack.us\/img92\/2295\/1000401wc6.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" style=\"float: left;\" src=\"http:\/\/img92.imageshack.us\/img92\/2295\/1000401wc6.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"240\" \/><\/a><strong><span>Fornelo<\/span><\/strong><span>: as pilastras que enmarcan este fornelo son semellantes \u00e1s da porta, estabelecendo deste xeito unha continuidade decorativa. A media altura do fornelo podemos observar outro elemento ornamental consistente nunha pequena cornixa que divide este pequeno frontispicio en dous corpos, a semellanza \u2013en miniatura- do propio frontispicio da igrexa. Este fornelo remata cun front\u00f3n triangular de molduras, en consonancia coas molduras das cornixas que se estenden polo resto do edificio.<\/span><\/p>\n<p><strong><span>Xanela<\/span><\/strong><span>: marca o comezo vertical do corpo superior da fachada. Est\u00e1 enmarcada por unhas sinxelas pero fermosas molduras que a fan sobresa\u00edr da fachada; \u00e1 s\u00faa vez esta xanela est\u00e1 tam\u00e9n enmarcada pola propia cornixa horizontal do frontispicio, orixinando unha curiosa interrupci\u00f3n da li\u00f1a horizontal bordeando a xanela.<\/span><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/img119.imageshack.us\/img119\/3258\/100b0470wr8.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" style=\"float: right;\" src=\"http:\/\/img119.imageshack.us\/img119\/3258\/100b0470wr8.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"240\" \/><\/a><strong><span>Corpo superior da fachada<\/span><\/strong><span>: a s\u00faa forma de front\u00f3n est\u00e1 rodeada por unha cornixa que se interrompe na s\u00faa parte central, por un lado para rodear a xanela que cont\u00e9n, por outro para servir de base \u00e1 espadana que se ergue no centro. Esta cornixa mant\u00e9n o xogo decorativo de molduras que se desenvolve por todo o edificio.<\/span><\/p>\n<p><strong><span>Espadana<\/span><\/strong><span>: presenta dobre arco con cadans\u00faa camp\u00e1. A espadana est\u00e1 coroada por un front\u00f3n, acentuando a verticalidade triangular da fachada. Sobranceando a espadana e as pilastras laterais da fachada hai catro pin\u00e1culos piramidais rematados en cadans\u00faa b\u00f3la.<\/span><\/p>\n<h3><span>Interior<\/span><\/h3>\n<p><span>O m\u00e1is salient\u00e1bel do seu interior son os retablos e pinturas que pos\u00fae.<\/span><\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-HhDlMt4PmQQ\/TVZyuuelRGI\/AAAAAAAAL0o\/65CITlE2w1M\/s720\/100B8561.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"igrexa\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-HhDlMt4PmQQ\/TVZyuuelRGI\/AAAAAAAAL0o\/65CITlE2w1M\/s720\/100B8561.JPG\" alt=\"\" width=\"227\" height=\"302\" \/><\/a>Pinturas<\/h3>\n<p>Os frescos que podemos ver hoxe en d\u00eda apareceron ao retirar os retablos que os cubr\u00edan. Est\u00e1n situados decorando todo o espazo que ocupaban os retablos, un na parede norte e outro na parede sur.<\/p>\n<p>Posibelmente ser\u00e1n orixinais da data de edificacic\u00f3n da igrexa. Tam\u00e9n parece prob\u00e1bel que nun primeiro momento fixesen as funci\u00f3ns de \u00abretablos\u00bb pintados na propia parede, quizais por insuficiente di\u00f1eiro para pagar a encarga nun principio dos que despois substitu\u00edron estas pinturas.<\/p>\n<p>En todo caso, \u00e1 vista da data que figura nos retablos de madeira posteriores, podemos asegurar que estes frescos foron pintados antes de 1746.<\/p>\n<h4>Parede norte<\/h4>\n<p><strong>Arquivolta e xambas<\/strong> do oco do retablo est\u00e1n decoradas cun debuxo que imita unha banda en espiral que se vai desenrolando ao longo de todo o percorrido. O efecto est\u00e1 conseguido contrastando cunha cor m\u00e1is escura a parte exterior da banda e cunha cor m\u00e1s clara a parte interior. As zonas intermedias de cada volta da banda est\u00e1n decoradas \u00e1 s\u00faa vez cunha figura trifoliada bastante esquem\u00e1tica, a modo de recheo.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-xwC2JkmpVrc\/TVZyrUOIocI\/AAAAAAAAL0Y\/e4FUXBSaPdM\/s912\/100_8620.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"igrexa\" src=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-xwC2JkmpVrc\/TVZyrUOIocI\/AAAAAAAAL0Y\/e4FUXBSaPdM\/s912\/100_8620.JPG\" alt=\"\" width=\"383\" height=\"287\" \/><\/a>Interior da arquivolta e xambas<\/strong>: est\u00e1 decorada cun entrelazado floral con remates trifoliados.<\/p>\n<p><strong>Figuraci\u00f3n superior:<\/strong> enmarcada con bandas florais aparece representada a crucifixi\u00f3n de Xes\u00fas. Aos p\u00e9s do crucificado est\u00e1n pintadas d\u00faas figuras femininas que poden representar a Mar\u00eda a nai de Xes\u00fas, represnetada pola ar\u00e9ola divina sobre a s\u00faa cabeza e a Madalena no outro lado da cruz.<\/p>\n<p><strong>Figuraci\u00f3n inferior:<\/strong> enmarcadas con bandas florais aparecen duas figuras de santos sobre un fondo de paisaxe.<\/p>\n<h4><span>Parede sur<\/span><\/h4>\n<p><strong>Arquivolta e xambas<\/strong> do oco do retablo est\u00e1n decoradas, coma no caso anterior, cun debuxo que representa unha banda en espiral que se vai desenrolando ao longo de todo o  percorrido. O efecto est\u00e1 conseguido contrastando cunha cor m\u00e1is escura a  parte exterior da banda e cunha cor m\u00e1s clara a parte interior. As  zonas intermedias de cada volta da banda est\u00e1n decoradas \u00e1 s\u00faa vez cunha  figura trifoliada bastante esquem\u00e1tica, a modo de recheo.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-8MSjkdjaRRM\/TVZyvHvyamI\/AAAAAAAAL0s\/Ms91zJE2mXc\/s720\/100B8582.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"igrexa\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-8MSjkdjaRRM\/TVZyvHvyamI\/AAAAAAAAL0s\/Ms91zJE2mXc\/s720\/100B8582.JPG\" alt=\"\" width=\"227\" height=\"302\" \/><\/a>Interior da arquivolta e xambas:<\/strong> est\u00e1 decorada cun entrelazado floral con remates trifoliados.<\/p>\n<p><strong>Figuraci\u00f3n superior:<\/strong> enmarcada con bandas florais aparece unha figura da Virxe Mar\u00eda envolveita en grandes mantos, co Neno no colo, sobre fondo de cortinaxes, sostendo na s\u00faa man un groso pau co que semella bater nunha figura demon\u00edaca que hai aos seus p\u00e9s.<\/p>\n<p><strong>Figuraci\u00f3n inferior:<\/strong> enmarcadas con bandas florais aparecen tres figuras femininas santas, coas corespondentes ar\u00e9olas de divindade, unha delas portando unha palma na man, sobre un fondo de paisaxe.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-5UGcMk7mppQ\/TVZy0SOWcqI\/AAAAAAAAL1M\/ajHgDtav_jc\/s720\/100B8691.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"igrexa\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-5UGcMk7mppQ\/TVZy0SOWcqI\/AAAAAAAAL1M\/ajHgDtav_jc\/s720\/100B8691.JPG\" alt=\"\" width=\"227\" height=\"302\" \/><\/a>Retablos<\/h3>\n<h4>Altar maior<\/h4>\n<p>Fermosa fasqu\u00eda barroca policromada, con catro culumnas torneadas con abundante decoraci\u00f3n vexetal, creando tres espazos centrais para senllos fornelos receptores de figuras de santos. O remate superior baixo arco amosa unha figura de Santa Mar\u00eda.<\/p>\n<p>Baixo ela, dous anxos soste\u00f1en un medall\u00f3n no que figura o ano de creaci\u00f3n desta obra art\u00edsitica: 1746.<\/p>\n<h4><a href=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-0A0JZV5Xa2A\/TVZy0xEmryI\/AAAAAAAAL1Q\/qzNYcBKT5VI\/s720\/100B8700.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"igrexa\" src=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-0A0JZV5Xa2A\/TVZy0xEmryI\/AAAAAAAAL1Q\/qzNYcBKT5VI\/s720\/100B8700.JPG\" alt=\"\" width=\"227\" height=\"302\" \/><\/a>Retablo sur<\/h4>\n<p>Dedicado ao Coraz\u00f3n e Mar\u00eda, a escultura da santa figura nun fornelo central arrodeado de abundate decoraci\u00f3n iconogr\u00e1fica formada por sete medall\u00f3ns nos que se representan escenas da vida da Virxe e da s\u00faa paix\u00f3n ante a morte de Xes\u00fas. O retablo \u00e9 de coloraci\u00f3n marfil con ornamentaci\u00f3ns en dourado. Sobre o fornelo que cont\u00e9n a imaxe aparece un coraz\u00f3n atravesado por sete espadas e a ambos os lados unha inscrici\u00f3n co ano de factura deste retablo: 1753.<\/p>\n<h4><a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-NcDvQ0LUhek\/TVZyxINC6bI\/AAAAAAAAL04\/0ETjirmgYpo\/s720\/100B8633.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"igrexa\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-NcDvQ0LUhek\/TVZyxINC6bI\/AAAAAAAAL04\/0ETjirmgYpo\/s720\/100B8633.JPG\" alt=\"\" width=\"227\" height=\"302\" \/><\/a>Retablo norte<\/h4>\n<p>\u00c9 dun estilo semellante ao anterior, con base de cor marfil e ornamentaci\u00f3n en dourados.\u00a0 O fornelo central est\u00e1 ocupado por unha figura art\u00edstica do Ecce Homo de medio corpo. Ao seu arredor disponse a decoraci\u00f3n iconogr\u00e1fica antes referida formada por medall\u00f3ns nos que se representan escenas da paix\u00f3n de Xes\u00fas. Sobre o fornelo dous querub\u00edns custodian outro medall\u00f3n con coroa real encima que representa no seu interior a imaxe do denominado \u00abPano da Ver\u00f3nica\u00bb. Na parte superior do retablo figura a isncrici\u00f3n do ano de realizaci\u00f3n: 1754.<\/p>\n<h3><span>M\u00e1is informaci\u00f3n<br \/>\n<\/span><\/h3>\n<p class=\"msolistparagraphcxspmiddle\"><span>Tendes no seguinte enlace unha completa <a href=\"https:\/\/picasaweb.google.com\/107741656264330036429\/IgrexaStaMariADeCabral#slideshow\/\" target=\"_blank\"><em><strong>galer\u00eda de imaxes<\/strong><\/em><\/a>.<\/span><\/p>\n<h3 class=\"msolistparagraphcxspmiddle\"><span>Navegadores GPS<br \/>\n<\/span><\/h3>\n<p class=\"msolistparagraphcxspmiddle\">\n<p><span>Podedes introducir o lugar onde est\u00e1 no voso<a href=\"http:\/\/\" target=\"_blank\"><em><strong> <span style=\"text-decoration: none; color: #000000;\">navegador GPS<\/span><\/strong><\/em><\/a><\/span><span>.<\/span><\/p>\n<p><span><span> <\/span>(Se necesitades converter o arquivo .GPX xen\u00e9rico para o voso navegador concreto, descargade o programa <strong><em><span><a href=\"http:\/\/poiedit.com\/downloads.htm\" target=\"_blank\">PoiEdit<\/a><\/span><\/em><\/strong> &gt; Men\u00fa Herramientas&gt;Conversor de paquetes)<\/span><\/p>\n<p><span>.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n (Ver en Google Maps) A situaci\u00f3n da igrexa, dominando o amplo val que se abre sobre o concello ata o mar dende o delongado e aberto adro que a arrodea, xunto coas dimensi\u00f3ns en altura da construci\u00f3n, fan salientar este edificio nada m\u00e1is achegarnos a el. Descrici\u00f3n Desco\u00f1ecemos a data de construci\u00f3n; a\u00ednda as\u00ed, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[28,7],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/74"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=74"}],"version-history":[{"count":6,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/74\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1376,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/74\/revisions\/1376"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=74"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=74"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=74"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}