{"id":67,"date":"2008-03-30T22:59:12","date_gmt":"2008-03-30T21:59:12","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.wordpress.com\/?p=67"},"modified":"2023-01-24T10:07:49","modified_gmt":"2023-01-24T10:07:49","slug":"mamoa-1-do-vixiador-candean","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=67","title":{"rendered":"M\u00e1moa 1 do Vixiador (Cande\u00e1n)"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-snmXFaHV-vg\/R_AK8t6hMlI\/AAAAAAAAD98\/IhYoMRMHLIA\/w958-h719-no\/101B0100.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"vixiador\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-snmXFaHV-vg\/R_AK8t6hMlI\/AAAAAAAAD98\/IhYoMRMHLIA\/w958-h719-no\/101B0100.JPG\" alt=\"\" width=\"460\" height=\"345\" \/><\/a>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>(<strong><a href=\"https:\/\/www.google.com\/maps\/d\/edit?mid=zE-ZqPTOlmHo.kmWhCnDIONbQ&amp;ie=UTF8&amp;hl=gl&amp;msa=0&amp;ll=42.249471%2C-8.648429&amp;spn=0.001827%2C0.004882&amp;t=h&amp;z=18\" target=\"_blank\">Ver en Google Maps<\/a><\/strong>)<\/p>\n<p>Esta m\u00e1moa est\u00e1 situada no medio do parque do Vixiador, a car\u00f3n do miradoiro de terra constru\u00eddo entre as \u00e1rbores.<\/p>\n<p>Na actualidade est\u00e1 en proceso de escavaci\u00f3n e estudo, e isto d\u00e1nos conta das verdadeiras dimensi\u00f3ns destas construci\u00f3ns unha vez abertas. Das cerca de corenta m\u00e1moas que hai no concello, por agora s\u00f3 d\u00faas foron obxecto de escavaci\u00f3ns: esta do Vixiador e a de <a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=64\" target=\"_blank\">Costa Freir\u00eda 1<\/a>. Neste cometido hai que salientar a gran sensibilidade que est\u00e1 mostrando a <strong>comunidade de montes de Cande\u00e1n<\/strong>, exemplo que invitamos a seguir noutras comunidades e que celebramos que tam\u00e9n se estea a facer en <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/noticia.php?id=11239\">comunidades de montes veci\u00f1as<\/a>.<\/p>\n<p>\u00c9 unha m\u00e1goa, en cambio, que a \u00fanica m\u00e1moa situada nun terreo municipal, a \u201c<a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=345\" target=\"_blank\">Casa dos Mouros<\/a>\u201d tam\u00e9n en Cande\u00e1n, a m\u00e1is completa e espectacular en n\u00famero e disposici\u00f3n dos ort\u00f3statos das conservadas, presente tal estado de abandono, sen intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica que faga dela un referente de visitas e estudos.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R_AMYd6hMwI\/AAAAAAAAD_U\/_Kiv4yD3IwY\/s640\/101B0220.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"Detalle da coiraza\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R_AMYd6hMwI\/AAAAAAAAD_U\/_Kiv4yD3IwY\/s640\/101B0220.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Os outros tres <strong>xacementos arqueol\u00f3xicos en terreos municipais<\/strong> agardan no limbo dos xustos: a devandita m\u00e1moa neol\u00edtica da Madroa \u201c<a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=345\" target=\"_blank\">Casa dos Mouros<\/a>\u201d, na que se fixo unha limpeza de terreo para inclu\u00edla na ruta das m\u00e1moas de Cande\u00e1n; o conxunto rupestre \u201c<a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=19\" target=\"_blank\">Pedra da Laxe<\/a>\u201d en S\u00e1rdoma, polo que hai que felicitar ao concello pola permuta urban\u00edstica que permitiu que non se constru\u00edse nesta parcela, pero que a\u00ed quedou; e o poboado galaico do <a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=95\" target=\"_blank\">Monte do Castro<\/a>, que dentro de pouco vai parecer un elemento decorativo en pedra no xard\u00edn de herba que hai ao seu arredor.<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p>Da m\u00e1moa do Vixiador podemos admirar o seu enorme t\u00famulo duns 30 m de di\u00e1metro no seu eixo maior e que acada uns 2 m de altura. O estado actual das escavaci\u00f3ns permite decatarse da dimensi\u00f3n do traballo levado a cabo polos habitantes do neol\u00edtico para elaborar estes meg\u00e1litos sen instrumentos metais. Un traballo comunal que nos d\u00e1 idea da dimensi\u00f3n das s\u00faas crenzas m\u00e1is al\u00e1 da vida. Das s\u00faas propias vivendas non quedou rastro, o que quere dicir que non eran asentamentos e construci\u00f3ns moi s\u00f3lidas, inda que vivisen preto das necr\u00f3poles de m\u00e1moas; e por\u00e9n, para os seus mortos fac\u00edan morad\u00edas eternas (ata chegarmos n\u00f3s) e cun traballo colosal para a tecnolox\u00eda da s\u00faa \u00e9poca.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-El_WZod-YOo\/R_ALUN6hMoI\/AAAAAAAAD-U\/VJp6RvmLL78\/w958-h719-no\/101B0130.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"vixiador\" src=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-El_WZod-YOo\/R_ALUN6hMoI\/AAAAAAAAD-U\/VJp6RvmLL78\/w958-h719-no\/101B0130.JPG\" alt=\"\" width=\"460\" height=\"345\" \/><\/a>A <strong>escavaci\u00f3n actual<\/strong> revela a dimensi\u00f3n do tama\u00f1o dos orto\u00f3tatos, as\u00ed como a dimensi\u00f3n da propia c\u00e1mara funeraria, tanto en altura como en espazo interior. Unha <a href=\"http:\/\/www.celtiberia.net\/verimg.asp?id=5999\">foto <\/a>anterior ao actual estado das escavaci\u00f3ns perm\u00edtenos valorar as caracter\u00edsticas deste traballo.<\/p>\n<p>As catas laterais permiten tam\u00e9n decatarse da t\u00e9cnica de construci\u00f3n da propia m\u00e1moa que soterra os ort\u00f3statos: distintas capas de terra e pedra que facilitan a permanencia e solidez do t\u00famulo.<\/p>\n<p>Os pl\u00e1sticos son necesarios neste momento para preservar calquera tipo de pinturas ou gravados que poida haber nas caras das lousas, tal como se descubriu no dolmen de\u00a0Dombate. F\u00f3ra do t\u00famulo hai outros ort\u00f3statos tam\u00e9n envoltos en pl\u00e1sticos. O desco\u00f1ecemento das persoas que se achegan a visitar este xacemento \u00e1 intemperie e sen indicaci\u00f3ns ou advertencias de ning\u00fan tipo leva a que xa quitasen o pl\u00e1stico dalgunha das lousas (para ver o que hai dentro?).<\/p>\n<h3><strong><a href=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-ktowrjsOxp0\/R_AL-96hMtI\/AAAAAAAAD-8\/cwVu0e1FLfs\/w958-h719-no\/101B0191.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"vixiador\" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-ktowrjsOxp0\/R_AL-96hMtI\/AAAAAAAAD-8\/cwVu0e1FLfs\/w958-h719-no\/101B0191.JPG\" alt=\"\" width=\"460\" height=\"345\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<p>Est\u00e1 claro que nun xacemento aberto, tan \u00e1 intemperie coma este, situado nun lugar que co bo tempo \u00e9 frecuentado por centos de persoas diarias, como non se faga algo con rapidez, non sabemos que vai ser del ou que utilidade lle vai acabar dando a curiosidade da xente; unhas persoas por desco\u00f1ecemento e outras por comportamento desaprehensivo. \u00c9 necesaria unha <strong>inmediata intervenci\u00f3n<\/strong> con delimitaci\u00f3n do lugar e informaci\u00f3n abundante <em>in situ<\/em> para que a xente saiba como comportarse ante un monumento destas caracter\u00edsticas e no actual estado de escavaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>A\u00ednda que na Ruta das m\u00e1moas de Cande\u00e1n esta necr\u00f3pole aparece como a \u00faltima visita marcada, n\u00f3s estendemos o final ata a m\u00e1moa 2 do Vixiador, situada moi preto desta, pero que non aparece no roteiro oficial por estar xa no dentro de territorio redondel\u00e1n.<\/p>\n<h3>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/xmu.vigo.org\/docs\/pxom\/Memorias\/Tomo-VI\/Fichas\/Catalogo\/X_018.pdf\" target=\"_blank\">Cat\u00e1logo do PXOM do Concello de Vigo<\/a><\/li>\n<li>Megalitos de Espa\u00f1a y su bibliograf\u00eda,<a href=\"http:\/\/megalitos.arqueoloxico.com\/fichaspo\/36057012.html\" target=\"_blank\"> M\u00e1moa do Vixiador<\/a><\/li>\n<\/ul>\n<h3>Galer\u00eda de imaxes<\/h3>\n<p>Podedes ver neste enlace unha <a href=\"https:\/\/photos.app.goo.gl\/iWNFwz3PLkYKgCct9\" target=\"_blank\"><strong>galer\u00eda de \u00a0imaxes<\/strong> <\/a>m\u00e1is completa deste monumento megal\u00edtico.<\/p>\n<h3>Ruta das m\u00e1moas de Cande\u00e1n<\/h3>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"https:\/\/www.google.com\/maps\/d\/u\/0\/embed?mid=1m0sOX3wtmLza-ImOUBoZgilm7Eu0ehM&amp;ehbc=2E312F\" width=\"640\" height=\"480\"><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n (Ver en Google Maps) Esta m\u00e1moa est\u00e1 situada no medio do parque do Vixiador, a car\u00f3n do miradoiro de terra constru\u00eddo entre as \u00e1rbores. Na actualidade est\u00e1 en proceso de escavaci\u00f3n e estudo, e isto d\u00e1nos conta das verdadeiras dimensi\u00f3ns destas construci\u00f3ns unha vez abertas. Das cerca de corenta m\u00e1moas que hai no concello, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[29,9,18],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/67"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=67"}],"version-history":[{"count":8,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/67\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2176,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/67\/revisions\/2176"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=67"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=67"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=67"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}