{"id":59,"date":"2008-08-26T13:39:21","date_gmt":"2008-08-26T13:39:21","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.wordpress.com\/?p=59"},"modified":"2023-01-23T11:03:38","modified_gmt":"2023-01-23T11:03:38","slug":"mamoa-ii-da-chan-dos-toucinos-candean","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=59","title":{"rendered":"M\u00e1moa II da Chan dos Touci\u00f1os (Cande\u00e1n)"},"content":{"rendered":"<h3><em><strong><a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-PaEk3tU8kZ8\/SLabSdJ5AJI\/AAAAAAAAFj8\/qbciP2-EyXI\/s1024\/100B9100.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"mamoas\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-PaEk3tU8kZ8\/SLabSdJ5AJI\/AAAAAAAAFj8\/qbciP2-EyXI\/s1024\/100B9100.JPG\" alt=\"\" width=\"500\" height=\"375\" \/><\/a><\/strong><\/em><strong>Localizaci\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<p>(<a href=\"https:\/\/www.google.es\/maps\/@42.2495752,-8.6669631,62m\/data=!3m1!1e3!4m2!6m1!1s1m0sOX3wtmLza-ImOUBoZgilm7Eu0ehM?hl=es\"><strong>Ver en Google Maps<\/strong><\/a>)<\/p>\n<p>Esta m\u00e1moa <a href=\"http:\/\/www.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=es&amp;msa=0&amp;msid=113862608953642749447.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.249737,-8.66648&amp;spn=0.000983,0.002414&amp;t=h&amp;z=19\" target=\"_blank\">est\u00e1 situada<\/a> ao car\u00f3n do cemiterio particular de Cande\u00e1n,\u00a0 na <a href=\"https:\/\/www.google.es\/maps\/@42.2478406,-8.6649304,1403m\/data=!3m2!1e3!4b1!4m2!6m1!1s1m0sOX3wtmLza-ImOUBoZgilm7Eu0ehM?hl=es\" target=\"_blank\"><strong><em>Ruta das m\u00e1moas de Cande\u00e1n<\/em><\/strong><\/a>, e forma parte do grupo da <a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/category\/mamoas\/ruta-mamoas-de-candean\/\" target=\"_blank\"><em>Chan dos Touci\u00f1os<\/em><\/a> integrado por catro m\u00e1moas situadas nas proximidades do cemiterio privado de Cande\u00e1n. Das catro que forman este grupo \u00e9 a menos vis\u00edbel por non estar \u00e1 beira do cami\u00f1o da ruta, mais \u00e9 doada de atopar no propio lugar, a uns metros da M\u00e1moa I.<\/p>\n<p>O mellor acceso \u00e9 dende a zona do cemiterio, onde atopamos un pequeno cartel cun carreiro ao seu p\u00e9 que nos conduce directamente a ela.<\/p>\n<h3><strong>Descrici\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<p>A <strong>m\u00e1moa<\/strong> ten 16 m (N\/S) x 14 m (L\/O). A altura aproximada \u00e9 de 1,5 m.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-N3az6JUSq9Q\/SLabLpb4gHI\/AAAAAAAAFjo\/XiGPsq4iMe0\/w960-h720-no\/100B9070.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"Touci\u00f1os II\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-N3az6JUSq9Q\/SLabLpb4gHI\/AAAAAAAAFjo\/XiGPsq4iMe0\/w960-h720-no\/100B9070.JPG\" alt=\"\" width=\"500\" height=\"375\" \/><\/a>C\u00e1mara<\/strong>: presenta en total 9 ort\u00f3statos na actualidade. Ata hai poucos anos a\u00ednda presentaba a pedra da cuberta, hoxe desaparecida. Comprob\u00e1deo na foto da p\u00e1xina web de Amigos do Arqueol\u00f3xico. Na actualidade, podemos contar, polo tanto, 7 chantos na c\u00e1mara e 2 no corredor, polo menos vis\u00edbeis, a\u00ednda que no estudo realizado por patrimonio hist\u00f3rico do concello de Vigo, no que tam\u00e9n figura a tapa, aparecen tres chantos no corredor.<\/p>\n<p>Hai numerosas pedras pequenas soltas por todo o t\u00famulo, principalmente percept\u00edbeis xunta o corredor, que quizais formasen parte da s\u00faa coiraza.<\/p>\n<p>O interesante desta m\u00e1moa \u00e9 observar o n\u00famero de chantos que a\u00ednda conserva e na que podemos apreciar o inicio do corredor xunto coa s\u00faa orientaci\u00f3n: sueste.<\/p>\n<h3><strong>Estado de conservaci\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<p>O exceso de vexetaci\u00f3n e maleza que hai ao seu arredor dificulta un pouco a s\u00faa inmediata localizaci\u00f3n. Est\u00e1 bastante descoidada, sen ningunha limpeza. Con \u00e1rbores que medran libremente sobre o t\u00famulo. A \u00fanica sinalizaci\u00f3n con que conta \u00e9 o pequeno letreiro que hai no cami\u00f1o principal.<\/p>\n<p>Botamos de menos unha maior e m\u00e1is adecuada informaci\u00f3n <em>in situ<\/em> sobre a verdadeira importancia desta m\u00e1moa, tanto pola s\u00faa conservaci\u00f3n como polas caracter\u00edsticas que acabamos de describir.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/SLaa5jmJOeI\/AAAAAAAAFjI\/vC50ItSibBQ\/s640\/100B9010.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" style=\"margin-left: 5px; margin-right: 5px;\" title=\"Estado de conservaci\u00f3n\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/SLaa5jmJOeI\/AAAAAAAAFjI\/vC50ItSibBQ\/s640\/100B9010.JPG\" alt=\"\" width=\"500\" height=\"375\" \/><\/a><\/p>\n<p>Se queremos promover unha Ruta das m\u00e1moas de Cande\u00e1n, o menos que se pode facer por parte da Administraci\u00f3n \u2013principalmente a local- \u00e9 realizar un labor de conservaci\u00f3n e posta en valor \u00e1 altura do que se quere transmitir \u00e1s persoas que realizan este percorrido. Dende logo, para atoparmos algunhas m\u00e1moas no estado en que est\u00e1n, mellor ser\u00eda ter deixado o proxecto desta ruta para o momento en que realmente se faga ben. Agora mesmo, ante a falta de informaci\u00f3n e recomendaci\u00f3ns sobre como visitar estes monumentos, calquera persoa pode tripar tranquilamente os t\u00famulos e outro tipo de agresi\u00f3n que, co aumento de visitantes, s\u00f3 poden ir en detrimento da conservaci\u00f3n deste patrimonio.<\/p>\n<p>\u00c9 necesario que fagamos unha correcta posta en valor do noso megalitismo, mais con toda a responsabilidade e despregue de medios por parte das entidades implicadas. Un simple letreiri\u00f1o diante dunha m\u00e1moa, sen ningunha outra indicaci\u00f3n de medidas de precauci\u00f3n por parte das persoas visitantes non garante en nada o seu futuro a medio ou longo prazo.<\/p>\n<h3><strong>Valoraci\u00f3n final<\/strong><\/h3>\n<p><a href=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/--iFPqWOzOvg\/SLabN1m6pgI\/AAAAAAAAFj0\/Y-AD84CTlcc\/s720\/100B9080.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"mamoa\" src=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/--iFPqWOzOvg\/SLabN1m6pgI\/AAAAAAAAFj0\/Y-AD84CTlcc\/s720\/100B9080.JPG\" alt=\"\" width=\"499\" height=\"374\" \/><\/a>Esta \u00e9 unha m\u00e1moa bastante completa en n\u00famero de ort\u00f3statos e representativa da configuraci\u00f3n habitual destes meg\u00e1litos. Conserva tam\u00e9n bastante masa tumular, as\u00ed como os t\u00edpicos cachotes espallados polo t\u00famulo pertencentes posibelmente \u00e1 coiraza. Polo tanto consideramos que \u00e9 un espl\u00e9ndido exemplar que pode servir de mostra e estudo do que os nosos devanceiros expresaron a trav\u00e9s destas construci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Hai consideraci\u00f3ns que, cando menos, podemos conxecturar acerca da pos\u00edbel visi\u00f3n e concepci\u00f3n da morte que os habitantes do neol\u00edtico pod\u00edan ter naquel momento.<\/p>\n<p>Lembremos que estas construci\u00f3ns, nalg\u00fans casos cicl\u00f3peas para a tecnolox\u00eda l\u00edtica da \u00e9poca, eran realizadas para ser \u201cvistas e habitadas\u201d polos mortos, xa que, logo da construci\u00f3n da c\u00e1mara megal\u00edtica, era cuberta de terra quedando f\u00f3ra da vista das persoas. Por outra parte, non nos consta que os habitantes do neol\u00edtico vivisen en construci\u00f3ns de pedra, o que lle d\u00e1 moita m\u00e1is importancia ao feito de que as \u201cvivendas\u201d dos mortos fosen realizadas con semellante esforzo.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-x8aez05JO-A\/SLabcMQPq7I\/AAAAAAAAFkU\/mhCFyngp3A4\/s800\/100B9130.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"m\u00e1moa\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-x8aez05JO-A\/SLabcMQPq7I\/AAAAAAAAFkU\/mhCFyngp3A4\/s800\/100B9130.JPG\" alt=\"\" width=\"500\" height=\"375\" \/><\/a><\/p>\n<p>\u00c9 unha m\u00e1goa que desaparecese a pedra da cuberta, inexplic\u00e1bel a estas alturas e despois de ter realizado a correspondente prospecci\u00f3n oficial, seguramente por falta das oportunas precauci\u00f3ns por parte das entidades respons\u00e1beis da s\u00faa conservaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3 class=\"msolistparagraph\"><strong>\u00a0Actualizaci\u00f3n 2020<\/strong><\/h3>\n<p>Na visita realizada en xullo de 2020 foi imposible poder ver esta m\u00e1moa.<\/p>\n<p>A pesar de estar indicada co correspondente carteli\u00f1o, detr\u00e1s del s\u00f3 hai unha inmensa matogueira impenetrable de maleza e arbustos que non deixan ver nada.<\/p>\n<p>Este \u00e9 o terceiro elemento da ruta das m\u00e1moas de Cande\u00e1n que non podemos visitar debido \u00e1 falta de conservaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Este \u00e9 un labor que lle corresponde \u00e1 Administraci\u00f3n local para poder realizar unha visita completa a todo o conxunto de m\u00e1moas que forman esta ruta.<\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n tendes unhas imaxes do estado actual do lugar onde se atopa esta m\u00e1moa:<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/IMG_20200628_175447.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft wp-image-2128 size-medium\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/IMG_20200628_175447-300x225.jpg\" alt=\"IMG_20200628_175447\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/IMG_20200628_175447-300x225.jpg 300w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/IMG_20200628_175447-768x576.jpg 768w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/IMG_20200628_175447-1024x768.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><\/p>\n<div style=\"width: 820px;\" class=\"wp-video\"><!--[if lt IE 9]><script>document.createElement('video');<\/script><![endif]-->\n<video class=\"wp-video-shortcode\" id=\"video-59-1\" width=\"820\" height=\"312\" preload=\"metadata\" controls=\"controls\"><source type=\"video\/mp4\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/VID_20200628_175457.mp4?_=1\" \/><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/VID_20200628_175457.mp4\">http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/VID_20200628_175457.mp4<\/a><\/video><\/div>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3 class=\"msolistparagraph\"><strong>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<ul>\n<li>Podedes ver unha <strong><a href=\"https:\/\/photos.app.goo.gl\/TqS58ScBJVbMgYFP9\" target=\"_blank\">galer\u00eda de fotos<\/a><\/strong> desta m\u00e1moa.<\/li>\n<li>Ficha do <a href=\"https:\/\/xmu.vigo.org\/docs\/pxom\/Memorias\/Tomo-VI\/Fichas\/Catalogo\/X_143.pdf\" target=\"_blank\">cat\u00e1logo do PXOM<\/a> de Vigo (Tomo VI, fichas do cat\u00e1logo).<\/li>\n<li><a href=\"http:\/\/megalitos.arqueoloxico.com\/fichaspo\/36057007.html\" target=\"_blank\">Amigos do arqueol\u00f3xico<\/a>. Meg\u00e1litos de Pontevedra. (Con debuxo esquem\u00e1tico e fotograf\u00eda).<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Ruta das m\u00e1moas de Cande\u00e1n<\/h3>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"https:\/\/www.google.com\/maps\/d\/u\/0\/embed?mid=1m0sOX3wtmLza-ImOUBoZgilm7Eu0ehM&amp;ehbc=2E312F\" width=\"640\" height=\"480\"><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n (Ver en Google Maps) Esta m\u00e1moa est\u00e1 situada ao car\u00f3n do cemiterio particular de Cande\u00e1n,\u00a0 na Ruta das m\u00e1moas de Cande\u00e1n, e forma parte do grupo da Chan dos Touci\u00f1os integrado por catro m\u00e1moas situadas nas proximidades do cemiterio privado de Cande\u00e1n. Das catro que forman este grupo \u00e9 a menos vis\u00edbel por non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[29,32,9,18],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/59"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=59"}],"version-history":[{"count":15,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/59\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2163,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/59\/revisions\/2163"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=59"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=59"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=59"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}