{"id":582,"date":"2011-09-15T15:09:03","date_gmt":"2011-09-15T15:09:03","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=582"},"modified":"2022-09-13T09:13:21","modified_gmt":"2022-09-13T09:13:21","slug":"petroglifo-do-carballoso-iv-oia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=582","title":{"rendered":"Petr\u00f3glifos do Carballoso IV (Oia)"},"content":{"rendered":"<p><em><strong><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_trSM3372sK4\/SKsjba2EVPI\/AAAAAAAADNQ\/rA3GbRFXymA\/s640\/050.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" style=\"margin-left: 20px; margin-right: 20px;\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_trSM3372sK4\/SKsjba2EVPI\/AAAAAAAADNQ\/rA3GbRFXymA\/s640\/050.JPG\" alt=\"\" width=\"502\" height=\"376\" \/><\/a><\/strong><\/em><\/p>\n<h3 style=\"margin: 12pt 0 6pt;\">Imaxes: Angel de Prado<\/h3>\n<h3><em><strong><span lang=\"GL\"><a href=\"http:\/\/www.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=gl&amp;msa=0&amp;msid=113862608953642749447.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.17747,-8.788934&amp;spn=0.00392,0.009656&amp;t=h&amp;z=17\" target=\"_blank\">Localizaci\u00f3n<\/a><\/span><\/strong><\/em><\/h3>\n<p>Est\u00e1 situado no lugar de Esteriz-Estomada, no Ma\u00faxo, moi preto da \u00e1rea recreativa de Oia e forma parte do conxunto de cinco estaci\u00f3ns rupestres que levan o nome de \u201cO Carballoso\u201d, que se estende ao longo da parte baixa do cami\u00f1o forestal que une a ermida de San Sebasti\u00e1n de Coruxo co parque forestal de Oia, na parte m\u00e1is pr\u00f3xima a este \u00faltimo.<\/p>\n<p>O acceso \u00e9 bastante dif\u00edcil, entre abundante vexetaci\u00f3n de monte e sen ning\u00fan tipo de sinalizaci\u00f3n, a partir dun cami\u00f1o paralelo \u00e1 pista forestal.<\/p>\n<h3><strong>Descrici\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<p>Est\u00e1 formado por un importante conxunto de rochas, con dous bloques principais paralelos, que podemos dividir en tres sectores.<\/p>\n<p><strong><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_trSM3372sK4\/SKskBYFkXQI\/AAAAAAAADO4\/KLjrPwNNtdw\/s640\/103.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_trSM3372sK4\/SKskBYFkXQI\/AAAAAAAADO4\/KLjrPwNNtdw\/s640\/103.JPG\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"300\" \/><\/a>Sector 1)<\/strong>: a rocha m\u00e1is grande, cunha superficie de 2,30 m x 3,00 m. Esta rocha presenta na zona central superior unha gran p\u00eda ao redor da que se atopan outras p\u00edas menores e os diferentes tipos de gravados:<\/p>\n<p>Tres xadrezados, asociados a sucos e numerosa covi\u00f1as ao seu arredor. Sobre a p\u00eda principal hai un grupo de covi\u00f1as que resalta no conxunto formando por d\u00faas fileiras paralelas que se estenden ata un dos xadrezados. O segundo dos xadrezados est\u00e1 situado ao car\u00f3n tam\u00e9n desta gran p\u00eda, asociado a diversas covi\u00f1as ao seu redor, e o terceiro dos xadrezados atop\u00e1molo na parte baixa da rocha, asociada a covi\u00f1as e outros sucos pouco definidos.<\/p>\n<p>Ao p\u00e9 desta gran rocha, fech\u00e1ndoa polo norte, hai outra de menor tama\u00f1o, cunha prominencia duns 50 cm de altura, de forma c\u00f3nica, con gravados ao seu arredor. Presenta sucos con pos\u00edbeis formas zoomorfas asociados a covi\u00f1as ao redor da rocha.<\/p>\n<p><strong><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_trSM3372sK4\/Sdd5BjDASzI\/AAAAAAAAFUI\/Tr0HBkW6hdA\/s640\/P1010289b.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" style=\"margin-left: 20px; margin-right: 20px;\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_trSM3372sK4\/Sdd5BjDASzI\/AAAAAAAAFUI\/Tr0HBkW6hdA\/s640\/P1010289b.jpg\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"300\" \/><\/a>Sector 2)<\/strong>: unha rocha paralela \u00e1 anterior, de 4 m de longo e aproximadamente un metro de largura. Presenta, como motivos m\u00e1is salient\u00e1beis, dous xadrezados. Un destes xadrezados est\u00e1 continuado por d\u00faas formas circulares con suco central. Ao longo desta rocha tam\u00e9n podemos apreciar varios riscos e covi\u00f1as na s\u00faa lonxitude.<\/p>\n<p><strong>Sector 3)<\/strong>: a uns 15 m do anterior conxunto, sobre unha rocha plana a rentes do chan podemos ver un conxunto formado por catro gravados naviculares. S\u00f3 dous deles presentan un apreci\u00e1bel rebaixe, mentres que os outros son pouco percept\u00edbeis xa. Nalg\u00fans a\u00ednda se poden distinguir os dous rebaixes secundarios que leva cada navicular en \u00e1mbolos extremos. Como curiosidade, chama a atenci\u00f3n que os dous naviculares centrais estean lixeiramente superpostos, ou que o central m\u00e1is grande presente un suco de sa\u00edda cara \u00e1 suave pendente da rocha.<\/p>\n<h3><strong><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_trSM3372sK4\/Sdd4e4iloyI\/AAAAAAAAGCs\/dbfS66qKJiU\/s640\/None.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_trSM3372sK4\/Sdd4e4iloyI\/AAAAAAAAGCs\/dbfS66qKJiU\/s640\/None.jpg\" alt=\"\" width=\"499\" height=\"379\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<p>Como sucede na maior\u00eda dos casos, o estado de conservaci\u00f3n \u00e9 o propio dos gravados rupestres \u00e1 intemperie, acosados por plantaci\u00f3ns intensivas \u2013neste caso eucaliptos-, cos conseguintes traballos forestais, e os lumes que ao longo dos anos deterioran a superficie das rochas.<\/p>\n<p>Faise necesaria unha intervenci\u00f3n dende a administraci\u00f3n que faga unha posta en valor da importancia deste xacigo en particular, coas medidas necesarias que se acorden coa comunidade de montes correspondente para que non sufra ningunha agresi\u00f3n debido a traballos forestais e incendios.<\/p>\n<p>Por outra parte, os cinco xadrezados est\u00e1n cada vez m\u00e1is deteriorados e con maiores dificultades para a s\u00faa apreciaci\u00f3n. C\u00f3mpre neste caso unha intervenci\u00f3n de protecci\u00f3n especial para este conxunto de xadrezados que os preserve de ser pisados, rascados con obxectos, e evite que o lume de incendios poida chegar a atacalos.<\/p>\n<h3><strong><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_trSM3372sK4\/Sdd6iu8rLpI\/AAAAAAAAFVg\/eIXD9MHfUiM\/s640\/P1010261c.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" style=\"margin-left: 20px; margin-right: 20px;\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_trSM3372sK4\/Sdd6iu8rLpI\/AAAAAAAAFVg\/eIXD9MHfUiM\/s640\/P1010261c.jpg\" alt=\"\" width=\"500\" height=\"375\" \/><\/a>Valoraci\u00f3n final<\/strong><\/h3>\n<p>Todo este conxunto destaca por dous factores principais: \u00e9 a maior concentraci\u00f3n de xadrezados que temos nos gravados rupestres do concello de Vigo, con cinco representaci\u00f3ns no mesmo lugar. Por outra parte \u00e9 importante a asociaci\u00f3n ao conxunto de catro gravados naviculares que atopamos na s\u00faa contorna.<\/p>\n<p>O peor \u00e9 a non existencia de indicaci\u00f3n de ning\u00fan tipo para chegar a este lugar. Soamente as persoas que o co\u00f1ezan previamente ou agora grazas \u00e1 localizaci\u00f3n GPS poden ter acceso \u00e1 este fermoso conxunto de gravados.<\/p>\n<p>Esta pista forestal que une a ermida de San Sebasti\u00e1n cos parques forestais de Oia e Sai\u00e1ns est\u00e1 inzada de estaci\u00f3ns rupestres, da cales apenas unha pequena parte est\u00e1 sinalizada, correspondente \u00e1 zona de Coruxo. Os arredores da \u00e1rea recreativa forestal de Oia, onde se atopa o conxunto de gravados do Carballoso, non conta con ning\u00fan tipo de indicadores na actualidade.<\/p>\n<p>A falta de luz de contraste, debido \u00e1 basta presenza de eucaliptos sobre estas rochas, impide apreciar con claridade durante o d\u00eda estes gravados que, paulatinamente van desaparecendo pola erosi\u00f3n, a acci\u00f3n humana e dos lumes.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_trSM3372sK4\/SKskEcnPrlI\/AAAAAAAADPA\/DUxREksw3uA\/s640\/107.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_trSM3372sK4\/SKskEcnPrlI\/AAAAAAAADPA\/DUxREksw3uA\/s640\/107.JPG\" alt=\"\" width=\"498\" height=\"373\" \/><\/a>Soamente o contraste luminoso de luz artificial nocturna permite neste momento unha mellor observaci\u00f3n. Esta \u00e9 unha experiencia que se poder\u00eda promover en determinados momentos do ano e que xa se est\u00e1 levando a cabo noutros lugares por outros colectivos, como fai o <a href=\"http:\/\/www.minhor.org\/\" target=\"_blank\">Instituto de Estudos Mi\u00f1oranos<\/a>, con visitas guiadas nocturnas a lugares rupestres.<\/p>\n<p>Nas fotos da galer\u00eda que ofrecemos pode constatarse esta diferenza de observaci\u00f3n entre a luz natural di\u00farna e a luz artificial nocturna.<\/p>\n<h3><strong>Navegadores GPS<\/strong><\/h3>\n<p>Para chegardes ata estes gravados, podedes descargar a s\u00faa situaci\u00f3n no voso <strong><a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=373207\">navegador GPS<\/a><\/strong><\/p>\n<p>(Se necesitades converter o arquivo .GPX xen\u00e9rico para o voso navegador concreto, descargade o programa <em><strong><a href=\"http:\/\/poiedit.com\/downloads.htm\" target=\"_blank\">PoiEdit<\/a><\/strong><\/em> &gt; Men\u00fa Herramientas&gt;Conversor de paquetes)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Imaxes: Angel de Prado Localizaci\u00f3n Est\u00e1 situado no lugar de Esteriz-Estomada, no Ma\u00faxo, moi preto da \u00e1rea recreativa de Oia e forma parte do conxunto de cinco estaci\u00f3ns rupestres que levan o nome de \u201cO Carballoso\u201d, que se estende ao longo da parte baixa do cami\u00f1o forestal que une a ermida de San Sebasti\u00e1n de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[40,13],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/582"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=582"}],"version-history":[{"count":8,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/582\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2142,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/582\/revisions\/2142"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=582"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=582"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=582"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}