{"id":566,"date":"2010-07-30T12:26:37","date_gmt":"2010-07-30T12:26:37","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=566"},"modified":"2023-05-21T19:39:55","modified_gmt":"2023-05-21T19:39:55","slug":"salinae-as-salinas-romanas-do-areal","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=566","title":{"rendered":"&quot;Salinae&quot;: as salinas romanas do Areal"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFQJyymC8_I\/AAAAAAAAKdc\/IZuL-HHUwIk\/s640\/100B9080.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"Salinae\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFQJyymC8_I\/AAAAAAAAKdc\/IZuL-HHUwIk\/s640\/100B9080.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a> Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>As instalaci\u00f3ns da musealizaci\u00f3n destas salinas romanas est\u00e1n situadas na<a href=\"https:\/\/www.google.com\/maps\/d\/edit?mid=1DrIhJTSB-UwI3gKBBfsXflypfKw&amp;ie=UTF8&amp;hl=gl&amp;msa=0&amp;ll=42.23820319101912%2C-8.717492507688924&amp;spn=0.001958%2C0.004828&amp;t=h&amp;z=20\" target=\"_blank\"> r\u00faa Rosal\u00eda de Castro de Vigo<\/a>, na zona do Areal.<\/p>\n<p>Fronte o centro de sa\u00fade vemos unha construci\u00f3n que d\u00e1 entrada ao subterr\u00e1neo onde se conservan as salinas.<\/p>\n<h3 style=\"margin: 12pt 0 6pt;\"><strong>Descrici\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<p>A Consellar\u00eda de Cultura, no d\u00edptico que publicou, def\u00ednea como \u201ca \u00fanica salina mari\u00f1a de evaporaci\u00f3n solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano\u201d.<\/p>\n<p>O percorrido comeza a nivel de r\u00faa coa entrada nunha edificaci\u00f3n que serve de recepci\u00f3n \u00e1s visitas. Unha baixada de varios metros de profundidade cond\u00facenos a unha galer\u00eda previa na que podermos contextualizar o mundo da romanizaci\u00f3n e a cultura das salinas, a trav\u00e9s dunha serie de atractivos paneis e vitrinas: \u201cDous mil anos de historia\u201d, \u201cO sal da vida\u201d, \u201cSal para salgaduras e salsas\u201d, \u201cUnha paisaxe reconstru\u00edda\u201d, \u201cA salina romana\u201d, \u201cHistoria do sal\u201d e \u201cO sal despois de Roma\u201d.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFQJuc5P9uI\/AAAAAAAAKcg\/946mnYIWKbI\/s640\/100B8910.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"Salinae\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFQJuc5P9uI\/AAAAAAAAKcg\/946mnYIWKbI\/s640\/100B8910.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Esta exposici\u00f3n mostra diversos obxectos relacionados co mundo romano e a econom\u00eda do sal: dende a famosa sandalia atopada noutras escavaci\u00f3ns da zona do Areal, ata \u00e1nforas e varios utensilios daquela \u00e9poca. Non falta incluso a coci\u00f1a daquel momento, con detalladas explicaci\u00f3ns, que incl\u00faen un receitario, e mesmo a posibilidade de ulir a recreaci\u00f3n da que era unha das salsas m\u00e1is populares romanas, o \u201c<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Garo_(salsa)\"><strong>garum<\/strong><\/a>\u201d, feita con sal e restos de peixes.<\/p>\n<p>Cando entramos na sala principal na que se atopa a salina, impresiona moi positivamente a reconstruci\u00f3n paisax\u00edstica do Areal e a r\u00eda daquela \u00e9poca. Unhas paredes debuxadas con paisaxes que marcan unha continuidade visual cos elementos reais que temos no chan ante n\u00f3s. Isto d\u00e1nos unha imaxe moi pl\u00e1stica da dimensi\u00f3n que pod\u00edan ter na s\u00faa totalidade e a situaci\u00f3n en que estaban con respecto \u00e1 li\u00f1a de costa daquela \u00e9poca. Unha extensi\u00f3n que abrangu\u00eda dende a actual r\u00faa Pontevedra ata a rotonda de Guixar.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFQJrc2HiOI\/AAAAAAAAKcM\/CbYXQOVnaAU\/s640\/100B8852.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"Salinae\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFQJrc2HiOI\/AAAAAAAAKcM\/CbYXQOVnaAU\/s640\/100B8852.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>O xacemento am\u00f3sanos unha superficie de 300 metros cadrados composta de cubetas constru\u00eddas en pedra en perfecto estado de conservaci\u00f3n. Estas cubetas foron constru\u00eddas con diferentes tama\u00f1os e alturas para aproveitar, por un lado, as subidas e baixadas das mareas, e, por outro, a conduci\u00f3n dos distintos procesos de obtenci\u00f3n do sal dunhas cubetas \u00e1s outras.<\/p>\n<p>A visi\u00f3n de conxunto d\u00e1nos idea da gran produci\u00f3n salina que exist\u00eda neste lugar durante os primeiros s\u00e9culos da nosa era (I-III). A industria do sal tivo continuidade noutras zonas do concello ata o s\u00e9culo XVIII, como sucedeu na desembocadura do r\u00edo Lagares.<\/p>\n<p>O sal obtido era procesado en diversas factor\u00edas de salgadura distribu\u00eddas por distintos lugares da ribeira mar\u00edtima: a m\u00e1is pr\u00f3xima a estas salinas est\u00e1 na r\u00faa <a href=\"http:\/\/www.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=gl&amp;msa=0&amp;msid=113862608953642749447.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.238558,-8.720996&amp;spn=0.000979,0.002414&amp;t=h&amp;z=19\">Marqu\u00e9s de Valadares<\/a>, e hai outras constatadas nos lugares do\u00a0<a href=\"http:\/\/www.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=gl&amp;msa=0&amp;msid=113862608953642749447.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.224434,-8.764139&amp;spn=0.003917,0.009656&amp;t=h&amp;z=17\">Fiunchal<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=gl&amp;msa=0&amp;msid=113862608953642749447.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.224434,-8.768356&amp;spn=0.003917,0.009656&amp;t=h&amp;z=17\">O Cocho<\/a>, en Alcabre.<\/p>\n<h3 style=\"margin: 12pt 0 6pt;\"><strong><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFQJr-XByqI\/AAAAAAAAKcQ\/nYpmEbsJF4o\/s640\/100B8860.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"Salinae\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFQJr-XByqI\/AAAAAAAAKcQ\/nYpmEbsJF4o\/s640\/100B8860.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<p>Podemos catalogalo de excelente, dado o lugar en que se atopa, cunha crecente presi\u00f3n urban\u00edstica ao seu arredor. Que chegase ata a actualidade, comprendendo o que acabamos de sinalar, podemos consideralo case un milagre e a conxunci\u00f3n das circunstancias de titularidade p\u00fablica urban\u00edstica que afectan \u00e1 parcela na que se atopa. A esta conservaci\u00f3n contribu\u00edu que, tras o seu abandono, a zona fose cuberta por todo un complexo dunar que facilitou a s\u00faa preservaci\u00f3n intacta ata a actualidade.<\/p>\n<p>A uns metros deste xacemento, na <a href=\"https:\/\/www.google.com\/maps\/@42.2388232,-8.7189896,3a,75y,66.07h,102.11t\/data=!3m6!1e1!3m4!1siq9YY51LwkMfeUEf5MD-yg!2e0!7i16384!8i8192?authuser=0\" target=\"_blank\">r\u00faa de In\u00e9s P\u00e9rez de Ceta<\/a>, descubr\u00edrase tam\u00e9n un cemiterio romano moi ben conservado, durante as obras de construci\u00f3n dun edificio, e foi completamente derru\u00eddo. Hoxe en d\u00eda, os restos daquela desfeita xacen nos faiados do museo de Castrelos envoltos en bolsas de pl\u00e1stico: tumbas \u00edntegras con esqueletos completos, agardando quen sabe que nin quen sabe por canto tempo. Ao longo do s\u00e9culo XX f\u00f3ronse descubrindo por esta zona do Areal de Vigo <a href=\"https:\/\/www.museodevigo.org\/CS1_es.php\" target=\"_blank\">diversas estelas<\/a> pertencentes a enterramentos romanos.<\/p>\n<h3 style=\"margin: 12pt 0 6pt;\"><strong><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFQJt9BXc0I\/AAAAAAAAKcc\/Ixr9rMuhaXM\/s640\/100B8900.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"Salinae\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFQJt9BXc0I\/AAAAAAAAKcc\/Ixr9rMuhaXM\/s640\/100B8900.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Valoraci\u00f3n final<\/strong><\/h3>\n<p>Velaqu\u00ed o resultado final do dif\u00edcil proceso de convivencia entre o interese p\u00fablico e o privado: estas salinas conserv\u00e1ronse merc\u00e9 a atoparse no subsolo dun terreo destinado a dotaci\u00f3ns p\u00fablicas (un centro de sa\u00fade). Corresponde co que ser\u00eda o garaxe de calquera dos edificios que se constru\u00edron ao seu arredor.<\/p>\n<p>Se non chega a existir esta parcela p\u00fablica neste lugar, Vigo ver\u00edase abocado a perder \u201ca \u00fanica salina mari\u00f1a de evaporaci\u00f3n solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano\u201d, en palabras da Consellar\u00eda de Cultura.<\/p>\n<p>Os intereses privados da presi\u00f3n urban\u00edstica sobre esta zona provocaron a desaparici\u00f3n de todo o resto da explotaci\u00f3n salina romana, inclu\u00eddo o gran cemiterio romano descuberto \u00edntegro na s\u00faa proximidade, ao que fixemos referencia m\u00e1is arriba e que tivo que ser completamente destru\u00eddo para constru\u00edr o garaxe subterr\u00e1neo do edificio que se erixiu encima. Canto val\u00edan esas prazas de garaxe? Non hab\u00eda outra soluci\u00f3n?<\/p>\n<h3><strong><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFQJqyE7z3I\/AAAAAAAAKcI\/AzTqEsPVS5A\/s640\/100_8846.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"Salinae\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFQJqyE7z3I\/AAAAAAAAKcI\/AzTqEsPVS5A\/s640\/100_8846.JPG\" alt=\"\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<ul>\n<li><a href=\"http:\/\/picasaweb.google.es\/xosecounhago\/SalinaeDeRosaliaDeCastro#slideshow\/\"><strong>Galer\u00eda de imaxes<\/strong><\/a><\/li>\n<li><a href=\"http:\/\/www.museodomar.com\/salinae\/index.html\">P\u00e1xina web oficial<\/a> das <em>Salinae<\/em><\/li>\n<li>Hidalgo Cu\u00f1arro,\u00bbVisita a las salinas romanas del Areal de Vigo\u00bb, en <em><strong><a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/04\/visita-las-salinas-romanas-del-areal-de.html\">Arqueovigo<\/a><\/strong><\/em>.<\/li>\n<li><a href=\"http:\/\/www.farodevigo.es\/\"><strong>Faro de Vigo<\/strong><\/a>, \u00ab<a href=\"http:\/\/www.farodevigo.es\/secciones\/noticia.jsp?pRef=2009020600_2_294707__GranVigo-tesoro-ciudad\">Un tesoro en las entralas de la ciudad<\/a>\u00ab, 06.02.09 (reportaxe realizada co gallo da s\u00faa apertura). (<a href=\"http:\/\/mas.farodevigo.es\/galeria\/galeria.php?galeria=368&amp;orden=0\">Fotos da reportaxe<\/a>) Ser\u00eda desex\u00e1bel que esta permanecese o m\u00e1is acces\u00edbel pos\u00edbel \u00e1s persoas interesadas en co\u00f1ecer m\u00e1is a fondo este museo sexa cal for o lugar do mundo en que se atopen.<\/li>\n<\/ul>\n<h3 style=\"margin-top: 12pt;\"><\/h3>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n As instalaci\u00f3ns da musealizaci\u00f3n destas salinas romanas est\u00e1n situadas na r\u00faa Rosal\u00eda de Castro de Vigo, na zona do Areal. Fronte o centro de sa\u00fade vemos unha construci\u00f3n que d\u00e1 entrada ao subterr\u00e1neo onde se conservan as salinas. Descrici\u00f3n A Consellar\u00eda de Cultura, no d\u00edptico que publicou, def\u00ednea como \u201ca \u00fanica salina mari\u00f1a de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[33,16],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/566"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=566"}],"version-history":[{"count":12,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/566\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2219,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/566\/revisions\/2219"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=566"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=566"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=566"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}