{"id":54,"date":"2010-07-29T18:48:37","date_gmt":"2010-07-29T18:48:37","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.wordpress.com\/?p=54"},"modified":"2023-02-08T09:09:45","modified_gmt":"2023-02-08T09:09:45","slug":"petroglifo-da-pedra-moura-coruxo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=54","title":{"rendered":"Petr\u00f3glifo da Pedra Moura (Coruxo)"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFK9GINxX5I\/AAAAAAAAKWg\/TzDnCaUpqtg\/s640\/Coruxo%20-%20Pedra%20Moura%20%285%29.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"Pedra Moura\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TFK9GINxX5I\/AAAAAAAAKWg\/TzDnCaUpqtg\/s640\/Coruxo%20-%20Pedra%20Moura%20%285%29.JPG\" alt=\"\" width=\"448\" height=\"336\" \/><\/a>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<h4>(<a href=\"http:\/\/www.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=es&amp;t=h&amp;msa=0&amp;msid=113862608953642749447.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.178126,-8.765287&amp;spn=0.001892,0.005021&amp;z=18\" target=\"_blank\">Google Maps<\/a>)<\/h4>\n<p>O petr\u00f3glifo de Fragoselo tam\u00e9n chamado \u201cPedra Moura\u201d <a href=\"http:\/\/www.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=es&amp;t=h&amp;msa=0&amp;msid=113862608953642749447.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.178126,-8.765287&amp;spn=0.001892,0.005021&amp;z=18\">est\u00e1 situado<\/a> nos montes de Coruxo, nun lugar que forma parte da maior concentraci\u00f3n de gravados rupestres do concello de Vigo.<\/p>\n<p>Ch\u00e9gase a esta laxe doadamente dende a ermida de San Sebasti\u00e1n. Hai dous paneis indicadores \u00e1 entrada do cami\u00f1o que nos conduce ata a \u201cPedra Moura\u201d. Al\u00ed atoparemos un cerrado que, na s\u00faa parte superior, vese claramente que est\u00e1 constru\u00eddo sobre a rocha dos gravados.<\/p>\n<p>\u00c9 moi importante decatarse que estamos ante unha de arte da prehistoria, unha obra de arte gravada na pedra, que ten m\u00e1is de catro mil anos de antig\u00fcidade. Non debemos pisala en ning\u00fan caso, xa que ser\u00eda o mesmo ca estar pisando un Picasso ou calquera outra obra art\u00edstica de incalculable valor que imaxinemos.<\/p>\n<div id=\"attachment_2090\" style=\"width: 510px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/Debuxo.jpg\" target=\"_blank\"><img aria-describedby=\"caption-attachment-2090\" decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-2090\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/Debuxo-300x165.jpg\" alt=\"Esquerda zona inferior - Dereita zona superior\" width=\"500\" height=\"275\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/Debuxo-300x165.jpg 300w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/Debuxo-768x423.jpg 768w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/Debuxo.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-2090\" class=\"wp-caption-text\">Esquerda, zona inferior da rocha &#8211; Dereita, zona superior da rocha<\/p><\/div>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p>Esta rocha <strong>mide<\/strong> 10,5m x 4,5m, e presenta unha lixeira ca\u00edda cara ao sur. Tr\u00e1tase do maior conxunto de gravados rupestres sobre unha rocha que hai en todo Vigo, e fai dela, ao mesmo tempo, o m\u00e1is importante dos testemu\u00f1os da Idade do Bronce que chegou ata n\u00f3s no concello de Vigo<em>.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>Na imaxe do panel informativo, a zona superior da rocha \u00e9 a que est\u00e1 situada \u00e1 dereita.<\/p>\n<p>\u00c9 importante ir a unha hora do d\u00eda en que o sol permita ver sensibelmente ben as figuras, xa que as \u00e1rbores proxectan a s\u00faa sombra e impiden unha observaci\u00f3n adecuada. As imaxes desta publicaci\u00f3n foron tomadas cerca das oito da tarde do solsticio de ver\u00e1n. A posici\u00f3n extrema de m\u00e1ximo desprazamento cara ao norte do sol nestas datas permite esquivar a maior\u00eda das sombras das \u00e1rbores.<\/p>\n<p>A parte superior da rocha e primeira que atopamos na visita est\u00e1 moi desgastada e perc\u00edbense con dificultade algunha representaci\u00f3ns circulares e numerosas covi\u00f1as.<\/p>\n<div id=\"attachment_2080\" style=\"width: 385px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_194247.jpg\"><img aria-describedby=\"caption-attachment-2080\" decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-2080\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_194247-768x1024.jpg\" alt=\"IMG_20200621_194247\" width=\"375\" height=\"500\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_194247-768x1024.jpg 768w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_194247-225x300.jpg 225w\" sizes=\"(max-width: 375px) 100vw, 375px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-2080\" class=\"wp-caption-text\">A Pedra Moura vista desde a zona superior<\/p><\/div>\n<p><strong>Figuras<\/strong>: Toda a rocha est\u00e1 ateigada de gravados nos que se aprecian unha gran cantidade de combinaci\u00f3ns circulares, cazoletas, covi\u00f1as e mesmo o que se interpreta como oito pares de pegadas de zoomorfo.<\/p>\n<div id=\"attachment_2081\" style=\"width: 510px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195619.jpg\" target=\"_blank\"><img aria-describedby=\"caption-attachment-2081\" decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-2081\" title=\"Parte superior da rocha\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195619-300x225.jpg\" alt=\"IMG_20200621_195619\" width=\"500\" height=\"375\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195619-300x225.jpg 300w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195619-768x576.jpg 768w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195619-1024x768.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-2081\" class=\"wp-caption-text\">Zona superior da rocha<\/p><\/div>\n<p>A figura que m\u00e1is destacada e que mellor se observa nesta estaci\u00f3n de arte rupestre \u00e9 a gran representaci\u00f3n de c\u00edrculos conc\u00e9ntricos que mide 124 cm de di\u00e1metro, con seis circos conc\u00e9ntricos e unha gran cruz inscrita no centro.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n \u00e9 de salientar o <strong>suco<\/strong> serpeante que percorre a rocha polo centro en sentido lonxitudinal, que act\u00faa como canle distribuidora das figuras a ambos os lados.<\/p>\n<p><strong><strong>Lendas<\/strong> <\/strong><\/p>\n<p>Outro aspecto importante deste lugar arqueol\u00f3xico \u00e9 a existencia de lendas ao redor da pedra gravada. Entre as variantes que se poden escoitar, o denominador com\u00fan \u00e9 a presenza de tesouros, mouras e serpes com\u00fan a moitos outros lugares arqueol\u00f3xicos de toda Galiza. De feito, que se lle chame \u201cPedra Moura\u201d xa nos d\u00e1 referencia da caracter\u00edstica etnogr\u00e1fica deste lugar. Esta lenda podedes lela no libro <em>Arte rupestre nos montes do Ma\u00faxo<\/em>, publicado polo museo de Castrelos.<\/p>\n<p>Logo do enorme traballo de recollida arqueol\u00f3xica feito no noso territorio, agora queda por facer unha exhaustiva recollida do patrimonio inmaterial: o mundo das lendas, do animismo, dos seres m\u00e1xicos galaicos.<\/p>\n<p>Reproducimos aqu\u00ed a lenda da moura que est\u00e1 asociada a este conxunto de gravados rupestres, publicada no traballo de Mar\u00eda Alonso Alonso titulado \u00abDe mouras, t\u00e1rtalos e acompa\u00f1amentos: un estudo da tradici\u00f3n oral da parroquia de Coruxo (Vigo)\u00bb:<\/p>\n<p><em>\u00abAs lendas que aparecen no corpus do estudo relacionado coa parroquia de Coruxo te\u00f1en principalmente como protagonista unha personaxe feminina <\/em><em>ou moura que normalmente se caracteriza pola s\u00faa enorme fermosura e que aparece ao amencer ou ao crep\u00fasculo peiteando a s\u00faa longa melena rubia cun peite dourado. En Coruxo, a moura est\u00e1 constantemente relacionada con d\u00faas diferentes localizaci\u00f3ns espec\u00edficas: A Pedra Moura e O Penedo da Moura. Aprimeira at\u00f3pase na Devesa, na zona alta de Fragoselo, lugar ben co\u00f1ecido polos petr\u00f3glifos que esconde e que se poden ver ao redor da\u00a0 Pedra Moura e deron p\u00e9 \u00e1 construci\u00f3n dun valado protector xa que, ata hai pouco, estes petr\u00f3glifos atop\u00e1banse nun lamentable estado de abandono.<\/em><\/p>\n<div id=\"attachment_2083\" style=\"width: 510px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195109.jpg\"><img aria-describedby=\"caption-attachment-2083\" decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-2083\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195109-300x225.jpg\" alt=\"Lateral esquerdo, figuras principais de c\u00edrculos conc\u00e9ntricos\" width=\"500\" height=\"375\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195109-300x225.jpg 300w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195109-768x576.jpg 768w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195109-1024x768.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-2083\" class=\"wp-caption-text\">Lateral esquerdo, figuras principais de c\u00edrculos conc\u00e9ntricos<\/p><\/div>\n<p><em>O segundo referente \u00e9 un mon\u00f3lito de granito dun tama\u00f1o relativamente grande e redondeado que coma o anterior ten un petr\u00f3glifo pero neste caso na s\u00faa superficie. At\u00f3pase na zona co\u00f1ecida coma Pedra Longa, tam\u00e9n en Fragoselo. D\u00e9bese destacar o feito de que a gran maior\u00eda das lendas referidas \u00e1s mouras en Coruxo te\u00f1en como referencia topogr\u00e1fica a zona de Fragoselo xa que \u00e9 a m\u00e1is pr\u00f3xima ao monte e aos numerosos restos <\/em><em>arqueol\u00f3xicos da vila.<\/em><br \/>\n<em>Despois de analizar as diferentes lendas relacionadas coas mouras no corpus, p\u00f3dense destacar unha serie de caracter\u00edsticas en com\u00fan. Normalmente <\/em><em>aparecen para peitear a s\u00faa longa melena rubia coas primeiras luces do d\u00eda sa\u00edndo do penedo que \u00e9 o lugar no que est\u00e1n enfeitizadas. Consid\u00e9ranse <\/em><em>presas dun feitizo que as te\u00f1en condenadas a vivir no penedo como gardas de incribles tesouros e soamente un var\u00f3n virxe pode liberalas. De feito, <\/em><em>dise que o mozo que pase a proba e libere a moura ser\u00e1 premiado co ouro que est\u00e1 agochado dentro do penedo.<\/em><\/p>\n<div id=\"attachment_2084\" style=\"width: 510px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/WhatsApp-Image-2020-06-22-at-14.23.16.jpeg\"><img aria-describedby=\"caption-attachment-2084\" decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-2084\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/WhatsApp-Image-2020-06-22-at-14.23.16-300x225.jpeg\" alt=\"Lateral esquerdo, figura principal\" width=\"500\" height=\"375\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/WhatsApp-Image-2020-06-22-at-14.23.16-300x225.jpeg 300w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/WhatsApp-Image-2020-06-22-at-14.23.16-768x576.jpeg 768w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/WhatsApp-Image-2020-06-22-at-14.23.16-1024x768.jpeg 1024w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/WhatsApp-Image-2020-06-22-at-14.23.16.jpeg 1600w\" sizes=\"(max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-2084\" class=\"wp-caption-text\">Lateral esquerdo, figura principal<\/p><\/div>\n<p><em>Tendo en conta algunhas das lendas, parece ser que o proceso para romper o encantamento \u00e9 o seguinte: despois de que o mozo acorda coa moura <\/em><em>a axuda, ela volve introducirse no penedo para sa\u00edr convertida en serpe; a continuaci\u00f3n, a serpe sobe enrosc\u00e1ndose polas pernas do mozo ata chegar \u00e1 <\/em><em>s\u00faa cabeza e pon un caravel vermello no seu bico; a \u00fanica condici\u00f3n que debe cumprir o mozo \u00e9 a de non mencionar nunca a Deus xa que en caso contrario o encantamento duplicar\u00edase e a moura quedar\u00eda condenada a vivir dentro do penedo para sempre. Son varias as historias recollidas no corpus que fan referencia a este proceso de desencantamento pero en ningunha destas o mozo \u00e9 capaz de completar o seu labor sen gritar o nome de Deus en canto sente a serpe subirlle polo corpo. Estas historias rematan coa moura entrando no penedo en forma de serpe e desaparecendo para sempre\u00bb.<\/em><\/p>\n<div id=\"attachment_2085\" style=\"width: 510px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195359.jpg\"><img aria-describedby=\"caption-attachment-2085\" decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-2085\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195359-300x225.jpg\" alt=\"Zona inferior da rocha\" width=\"500\" height=\"375\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195359-300x225.jpg 300w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195359-768x576.jpg 768w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_195359-1024x768.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-2085\" class=\"wp-caption-text\">Visa desde a zona inferior da rocha<\/p><\/div>\n<h3><strong>Estado de conservaci\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<p>A pesar da intervenci\u00f3n levada a cabo para a sinalizaci\u00f3n e do cerrado, m\u00e1is ou menos acertado, realizado ao se redor, a verdade \u00e9 que o deterioro desta rocha \u00e9 palpable; tanto que apenas se notan a metade dos gravados que aparecen representados en diversos debuxos que podemos atopar en publicaci\u00f3ns. C\u00f3mpre acometer unha intervenci\u00f3n que impida o paulatino e acelerado proceso de desaparici\u00f3n dos gravados, tanto desta rocha coma das demais existentes.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se botan de menos uns paneis <em>in situ<\/em> con debuxos explicativos das distintas figuraci\u00f3ns, para impedir que as persoas visitantes remarquen desaprensivamente os gravados con pedras, xices ou anacos de tella. Sinalizar excesivamente un lugar arqueol\u00f3xico para despois deixalo abandonado \u00e1 s\u00faa sorte \u00e9 imprudente e irrespons\u00e1bel.<\/p>\n<div id=\"attachment_2088\" style=\"width: 510px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_200227.jpg\"><img aria-describedby=\"caption-attachment-2088\" decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-2088\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_200227-300x225.jpg\" alt=\"Zona inferior da rocha desde o lateral esquerdo\" width=\"500\" height=\"375\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_200227-300x225.jpg 300w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_200227-768x576.jpg 768w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_200227-1024x768.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-2088\" class=\"wp-caption-text\">Zona inferior da rocha desde o lateral esquerdo<\/p><\/div>\n<p>Do mesmo xeito que existe un equipo de traballadores \u00a0dedicado \u00e1 conservaci\u00f3n de parques e xard\u00edns da cidade, deber\u00eda existir tam\u00e9n outro dedicado diariamente ao mantemento destes lugares arqueol\u00f3xicos m\u00e1is relevantes e sinalizados.<\/p>\n<p>De igual meneira que xa se pode ver noutros lugares de Galicia coma Mogor ou a Caeira, aqu\u00ed \u00e9 necesario que se constr\u00faa unha pasarela ao redor da rocha, con paneis explicativos e debuxos que conciencien os visitantes de que non se deben pisar os gravados.<\/p>\n<h3>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<h4><strong><a href=\"https:\/\/photos.app.goo.gl\/UDXjNagk7XrAmw7N6\" target=\"_blank\">Galer\u00eda de imaxes<\/a><\/strong>.<\/h4>\n<p>J.M. Hidalgo Cu\u00f1arro, <a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com\/2007\/06\/ruta-de-los-petroglifos-de-coruxo.html\" target=\"_blank\"><em>Vigo arqueol\u00f3gico<\/em><\/a>.<\/p>\n<p>Concello de Vigo,<a href=\"https:\/\/xmu.vigo.org\/docs\/pxom\/Memorias\/Tomo-VI\/Fichas\/Catalogo\/X_059.pdf\" target=\"_blank\"> Cat\u00e1logo do PXOM<\/a>.<\/p>\n<div id=\"attachment_2089\" style=\"width: 510px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_200251.jpg\"><img aria-describedby=\"caption-attachment-2089\" decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-2089\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_200251-300x225.jpg\" alt=\"Zona inferior da rocha\" width=\"500\" height=\"375\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_200251-300x225.jpg 300w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_200251-768x576.jpg 768w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/IMG_20200621_200251-1024x768.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-2089\" class=\"wp-caption-text\">Zona inferior da rocha<\/p><\/div>\n<p>Mar\u00eda Alonso Alonso, <em><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2020\/06\/De-mouras-t\u00e1rtalos-e-acompa\u00f1amentos-un-estudo-da-tradici\u00f3n-oral-da-parroquia-de-Coruxo.pdf\" target=\"_blank\">De mouras t\u00e1rtalos e acompa\u00f1amentos. Un estudo da tradici\u00f3n oral da parroquia de Coruxo.pdf<\/a><\/em>, Universidade de Vigo, 2011.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=SjRiXCFFwRI&amp;feature=youtu.be\" target=\"_blank\">Mancomunidade de Montes Veci\u00f1ais en Man Com\u00fan de Vigo, A lenda da Moura<\/a>, (v\u00eddeo youtube)<\/p>\n<h3>Navegadores GPS<\/h3>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.google.es\/maps\/@42.175618,-8.784997,2166m\/data=!3m1!1e3!4m2!6m1!1s1NJ4kC9epfvoJLT0hKsNNhWfr6RDrtO8?hl=es\" target=\"_blank\">Ruta dos petr\u00f3glifos de Coruxo<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n (Google Maps) O petr\u00f3glifo de Fragoselo tam\u00e9n chamado \u201cPedra Moura\u201d est\u00e1 situado nos montes de Coruxo, nun lugar que forma parte da maior concentraci\u00f3n de gravados rupestres do concello de Vigo. Ch\u00e9gase a esta laxe doadamente dende a ermida de San Sebasti\u00e1n. Hai dous paneis indicadores \u00e1 entrada do cami\u00f1o que nos conduce ata [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[35,13],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/54"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=54"}],"version-history":[{"count":17,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/54\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2204,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/54\/revisions\/2204"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=54"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=54"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=54"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}