{"id":22,"date":"2008-02-05T13:42:37","date_gmt":"2008-02-05T12:42:37","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.wordpress.com\/?p=22"},"modified":"2015-11-16T09:37:31","modified_gmt":"2015-11-16T09:37:31","slug":"igrexa-romanica-de-castrelos","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=22","title":{"rendered":"Igrexa rom\u00e1nica de Castrelos"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R1rWUQhr9tI\/AAAAAAAABps\/IlYaW7AnLnU\/s640\/Castrelos%20-%20xeral1.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"Castrelos\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R1rWUQhr9tI\/AAAAAAAABps\/IlYaW7AnLnU\/s640\/Castrelos%20-%20xeral1.JPG\" alt=\"\" width=\"448\" height=\"336\" \/><\/a><span>Localizaci\u00f3n<\/span><\/h3>\n<p><span>Na <strong><a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=es&amp;msa=0&amp;msid=113862608953642749447.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.210521,-8.725548&amp;spn=0.001224,0.003449&amp;t=h&amp;z=18&amp;iwloc=00048d4cd697497530ffc\">parroquia de Castrelos<\/a><\/strong>, moi preto do pazo Qui\u00f1ones de Le\u00f3n, est\u00e1 localizada esta xoia do rom\u00e1nico rural galego. <\/span><span> <\/span><\/p>\n<p><span> As nosas igrexas rom\u00e1nicas (finais do XII, principios do XIII) son as grandes esquecidas do patrimonio arquitect\u00f3nico m\u00e1is antigo que ten Vigo. B\u00f3tase de menos visitas escolares guiadas, unidades did\u00e1cticas espec\u00edficas, un percorrido divulgado\u2026<\/span><\/p>\n<p><span>Castrelos \u00e9 unha exuberancia de portas e xanelas fermosamente ornamentadas, con arquivoltas floreadas e xadrezados de luces e sombras para recrearse nos tons rubios das s\u00faa pedra mentres o sol se deita por detr\u00e1s das C\u00edes, contemplado dende o seu adro.<\/span><\/p>\n<p><span>O peor en Castrelos \u00e9 o estado da s\u00faa cabeceira. Situado mesmo encima da estrada, a s\u00faa forma circular int\u00e9rnase perigosamente no asfaltado, sen beirarr\u00faa nin protecci\u00f3n ningunha. A parede est\u00e1 chea de rozaduras e calquera d\u00eda un cami\u00f3n ou outro veh\u00edculo pode deixarnos para sempre sen alg\u00fans dos seus singulares \u00f3culos (por certo, hai outra igrexa &#8211;<a href=\"http:\/\/farm3.static.flickr.com\/2266\/2468692730_063c3977eb.jpg\" target=\"_blank\">Gargant\u00e1ns<\/a>&#8211; que ten unha cabeceira moi semellante)<a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-USO_mij_1G0\/R1rWVghr99I\/AAAAAAAABrs\/iPbHRiKl2kM\/w958-h719-no\/CAstrelos+absida+1.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castrelos\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-USO_mij_1G0\/R1rWVghr99I\/AAAAAAAABrs\/iPbHRiKl2kM\/w958-h719-no\/CAstrelos+absida+1.JPG\" alt=\"\" width=\"403\" height=\"302\" \/><\/a><br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><strong><span>De cando \u00e9?<\/span><\/strong><span> Contamos cunha inscrici\u00f3n no interior da igrexa, \u00e1 esquerda do arco triunfal da cabeceira: \u201cA A A \u2026 ERA:M:CC:L \u2026A \u2026 IIII<span> <\/span>QT ID\u2026\u201d, que pode facer referencia a un posible 1254, que se corresponder\u00eda co ano 1216 (como saberedes, hai que restar 38 anos).<\/span><\/p>\n<p><strong><span>Nave<\/span><\/strong><span>: ten unha soa nave, <\/span><span>rematada nunha cabeceira m\u00e1is estreita. A cuberta \u00e9 de armadura de<\/span><span> madeira. O arco triunfal \u00e9 apuntado, con decoraci\u00f3n hexafolia, e capiteis vexetais. No interior tam\u00e9n destacan as<\/span><span> d\u00faas xanelas da parede norte, que por f\u00f3ra son simples seteiras, mais que por dentro est\u00e1n constru\u00eddas con toda a decoraci\u00f3n que admiramos nas xanelas exteriores da fachada sur: cinco filas de tacos e motivos vexetais coma nas exteriores. A xanela de arco de medio punto da fachada occidental tam\u00e9n se desenvolve cara ao interior da mesma maneira. <\/span><\/p>\n<p><strong><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/CAstrelos-pintura-4.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-1846\" title=\"CAstrelos-pintura 4\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/CAstrelos-pintura-4-300x225.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/CAstrelos-pintura-4-300x225.jpg 300w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/CAstrelos-pintura-4-1024x768.jpg 1024w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/CAstrelos-pintura-4.jpg 1984w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Pinturas<\/strong>: a parede norte est\u00e1 pintada todo ao longo con frescos medievais que fan referencia \u00e1 vida de Xes\u00fas, dende o seu nacemento e presentaci\u00f3n aos reis, ata o seu enxalzamento e glorificaci\u00f3n no ceo. Son verdadeiramente fermosas en policrom\u00eda e formas, nestas pinturas comb\u00ednase perfectamente a funci\u00f3n did\u00e1ctica coa art\u00edstica.<\/p>\n<p><strong><span>\u00c1bsida<\/span><\/strong><span>: \u00e9 semicircular e ten tres \u00f3culos moi decorados: chambr\u00e1 con cinco fileiras de tacos, arcos peraltados<\/span><span> que comunican co seu interior na que hai unha entrada de luz en forma de cruz con catro l\u00f3bulos adornados entre si con hexafolios. Este preciosismo decorativo dos \u00f3culos d\u00e1se tanto por dentro coma por f\u00f3ra da igrexa, e dados os escasos exemplos existentes en Galicia, non deixedes de analizalos e observalos con detemento. Sobre o teito da \u00e1bsida hai unha cruz medieval de catro brazos iguais sobre unha figura dobre de animal.<\/span><\/p>\n<p><strong><span><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R1rWYAhr-bI\/AAAAAAAABvc\/7mSHqiGxlXI\/s640\/Castrelos%20norte%202.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"Castrelos\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R1rWYAhr-bI\/AAAAAAAABvc\/7mSHqiGxlXI\/s640\/Castrelos%20norte%202.JPG\" alt=\"\" width=\"448\" height=\"336\" \/><\/a>Fachada norte<\/span><\/strong><span>: ten unha porta rom\u00e1nica, xa con apuntamento, e d\u00faas pequenas entradas de luz en forma<\/span><span> de seteira, sen decoraci\u00f3n, mais que se vos fixades polo interior da igrexa est\u00e1n completamente desenvolvidas e decoradas cara a dentro. (En cambio, observaredes o efecto contrario nas xanelas da fachada sur: por f\u00f3ra est\u00e1n moi decoradas e por dentro son simples seteiras.)<\/span><\/p>\n<p><span>Os canzorros son de decoraci\u00f3n xeometrizante, sacado dous que representan unha cabeza de vaca e un motivo floral.<\/span><\/p>\n<p><strong><span>Porta norte<\/span><\/strong><span>: presenta arco apuntado, chambr\u00e1 de tres ringleiras, d\u00faas arquivoltas decoradas con hexap\u00e9talas, t\u00edmpano con cruz grega nun c\u00edrculo (observade como o elemento circular est\u00e1 moi presente na decoraci\u00f3n de toda a igrexa) acompa\u00f1ada de flores; as mochetas que soportan o t\u00edmpano te\u00f1en elementos vexetais, ao igual ca os capiteis da columnas; <\/span><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R1rWUghr9vI\/AAAAAAAABp8\/XRNyVD3APn4\/s640\/Castrelos%20-%20sur%20porta1.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"Castrelos\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R1rWUghr9vI\/AAAAAAAABp8\/XRNyVD3APn4\/s640\/Castrelos%20-%20sur%20porta1.JPG\" alt=\"\" width=\"448\" height=\"336\" \/><\/a><strong><span>Fachada sur<\/span><\/strong><span>: a m\u00e1is espectacular das tres fachadas. Presenta d\u00faas<\/span><span> enormes xanelas acompa\u00f1ando unha porta tam\u00e9n de gran tama\u00f1o. <strong>Xanelas<\/strong>: chambr\u00e1 con cinco filas de tacos (a porta norte s\u00f3 ten tres fileiras), un dos t\u00edmpanos decorado con cruz grega e o outro con d\u00faas hexap\u00e9talas; este mesmo motivo das hexap\u00e9talas decora o interior das xanelas en vertical. A decoraci\u00f3n vexetal, en diversas expresi\u00f3ns (talos dos t\u00edmpanos, follas picudas dos capiteis, hexap\u00e9talas das arquivoltas \u2026), \u00e9 a preponderante en toda a igrexa. <strong>Porta sur<\/strong>: <span> <\/span>ao igual ca a do norte, ten tres ringleiras de tacos (as xanelas te\u00f1en cinco fileiras), o arco apuntado (o \u00fanico arco non apuntado que hai na igrexa \u00e9 o da xanela da fachada occidental, que \u00e9 de medio punto, todos os demais desta igrexa son apuntado, propio do rom\u00e1nico de transici\u00f3n); as arquivolta est\u00e1n decoradas con hexap\u00e9talas e molduras lisas e boceladas; t\u00edmpano con cruz grega e talos de flores; capiteis vexetais, bases das columnas con poutas.<\/span><\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-uDK8Qa7v63A\/R1rWVwhr-EI\/AAAAAAAABsk\/W4-GWtVxEC0\/s912\/Castrelos%2520-%2520oeste%2520porta1.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castrelos\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-uDK8Qa7v63A\/R1rWVwhr-EI\/AAAAAAAABsk\/W4-GWtVxEC0\/s912\/Castrelos%2520-%2520oeste%2520porta1.JPG\" alt=\"\" width=\"438\" height=\"328\" \/><\/a><strong>Fachada occidental<\/strong><\/strong><span>: presenta a porta principal e xanela encima, non deixedes de apreciar as marcas de canteiros repartidas pola parede. Un chisco \u00e1 esquerda da xanela hai un curioso gravado nun dos perpia\u00f1os, un s\u00edmbolo claramente castrexo, que nos fala de c\u00f3mo os nosos canteiros non perderan de vista nin desco\u00f1ec\u00edan a tradici\u00f3n decorativa anterior. Estamos ao lado dun castro (tal como o top\u00f3nimo indica) e <\/span><span>naquel ent\u00f3n os restos das vivendas deb\u00edan ser m\u00e1is evidentes ca na actualidade e mesmo a relaci\u00f3n material e inmaterial que a xente manti\u00f1a coa cultura inmediatamente anterior que os seus devanceiros viviran.<span> <\/span>Gustar\u00edanos atopar un estudo que analizase os elementos decorativos que se transmitiron dende esta remota antig\u00fcidade ata a actualidade a trav\u00e9s dos nosos canteiros ao longo da historia. Para ampliar algo m\u00e1is a cuesti\u00f3n destas esv\u00e1sticas de tipo Santo Estevo de Mi\u00f1o, d\u00e9ixovos aqu\u00ed esta <em><a href=\"http:\/\/img483.imageshack.us\/img483\/540\/1castrexoqq1.jpg\">imaxe<\/a><\/em>.<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><strong><span>Porta occidental<\/span><\/strong><span>. Arco apuntado e chambr\u00e1 de tres filas de tacos coma as outras d\u00faas portas. As arquivoltas est\u00e1n de coradas con hexap\u00e9talas formando un conxunto exuberante. O t\u00edmpano presenta a cruz grega que xa vimos nos outros, con decoraci\u00f3n floral de talos. Os capiteis tam\u00e9n son vexetais e as bases amosan unha decoraci\u00f3n de poutas coma a porta sur. <\/span><\/p>\n<p><span><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R1rWXghr-SI\/AAAAAAAABuU\/ECLOF2sT0UU\/s640\/Castrelos%20-%20oeste%20xanela1.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"Castrelos\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R1rWXghr-SI\/AAAAAAAABuU\/ECLOF2sT0UU\/s640\/Castrelos%20-%20oeste%20xanela1.JPG\" alt=\"\" width=\"350\" height=\"263\" \/><\/a>A <strong>xanela<\/strong> \u00e9 a \u00fanica que non ten arco apuntado, sen\u00f3n de medio punto, e ofr\u00e9cenos a caracter\u00edstica decoraci\u00f3n vexetal presente en toda esta igrexa. No seu t\u00edmpano podemos ver tam\u00e9n unha cruz grega. Chama a atenci\u00f3n a convivencia nesta igrexa de expresi\u00f3ns rom\u00e1nicas de medio punto con protog\u00f3ticas de arco apuntado; aqu\u00ed apr\u00e9ciase en toda a s\u00faa dimensi\u00f3n este rom\u00e1nico de transici\u00f3n que se estaba dando en Galicia naquel momento e que os nosos mestres canteiros non deixaron de reflectir.<\/span><\/p>\n<h3><span><strong>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/strong><\/span><\/h3>\n<p><a href=\"http:\/\/picasaweb.google.com\/xosecounhago\/IgrexaRomNicaDeCastrelos#slideshow\/\"><strong>Galer\u00eda  de imaxes<\/strong><\/a> desta igrexa rom\u00e1nica.<\/p>\n<p><span><a href=\"http:\/\/sapiens.ya.com\/rojea\/IGROMAN.htm\">RANCISCO JAVIER OCA\u00d1A EIROA<\/a>, <em>Itinerario polas igrexas rom\u00e1nicas de Vigo<\/em><\/span><\/p>\n<p><span>Sobre os investimentos e intervenci\u00f3ns futuras nesta igrexa podedes ver o seguinte artigo do <a href=\"http:\/\/www.farodevigo.es\/secciones\/noticia.jsp?pRef=2008112500_2_276482__GranVigo-joya-Romanico-plena-recuperacion\">Faro de Vigo<\/a>.<\/span><\/p>\n<h3><span>Navegadores GPS<br \/>\n<\/span><\/h3>\n<p><span>Tam\u00e9n podedes ver a <em><strong><a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=108552\">Ruta rom\u00e1nica de Vigo<\/a><\/strong><\/em> e descargala no voso navegador GPS.<\/span><\/p>\n<p><span>(Se necesitades converter o arquivo .GPX xen\u00e9rico para o voso navegador concreto, descargade o programa <strong><em><a href=\"http:\/\/poiedit.com\/downloads.htm\">PoiEdit<\/a><\/em><\/strong> &gt; Men\u00fa Herramientas&gt;Conversor de paquetes)<\/span><\/p>\n<p><span> A cultura \u00e9 patrimonio de todos.<\/span><\/p>\n<p><span> <\/span><\/p>\n<p><span style=\"line-height: 115%;\"> <\/span><\/p>\n<p><span> <\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n Na parroquia de Castrelos, moi preto do pazo Qui\u00f1ones de Le\u00f3n, est\u00e1 localizada esta xoia do rom\u00e1nico rural galego. As nosas igrexas rom\u00e1nicas (finais do XII, principios do XIII) son as grandes esquecidas do patrimonio arquitect\u00f3nico m\u00e1is antigo que ten Vigo. B\u00f3tase de menos visitas escolares guiadas, unidades did\u00e1cticas espec\u00edficas, un percorrido divulgado\u2026 Castrelos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[30,7,17],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/22"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=22"}],"version-history":[{"count":15,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/22\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2054,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/22\/revisions\/2054"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=22"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=22"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=22"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}