{"id":1796,"date":"2013-08-25T05:44:47","date_gmt":"2013-08-25T05:44:47","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1796"},"modified":"2015-11-16T09:35:00","modified_gmt":"2015-11-16T09:35:00","slug":"cruceiro-do-berbes-centro-cidade","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1796","title":{"rendered":"Cruceiro do Berb\u00e9s (Centro cidade)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: right;\" dir=\"ltr\"><a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-hHAUl23qumk\/UXJ5jM5w2yI\/AAAAAAAAXTs\/ujep3G4G_bE\/w958-h719-no\/100_3152.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"failde\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-hHAUl23qumk\/UXJ5jM5w2yI\/AAAAAAAAXTs\/ujep3G4G_bE\/w958-h719-no\/100_3152.JPG\" alt=\"\" width=\"484\" height=\"362\" \/><\/a><strong><a href=\"https:\/\/plus.google.com\/photos\/107741656264330036429\/albums\/5873673625460149137?partnerid=ogpy0\" target=\"_blank\">Galer\u00eda de imaxes<\/a><\/strong><\/p>\n<h3>Autor<\/h3>\n<p dir=\"ltr\">Ant\u00f3n Fa\u00edlde Gago (<strong><em><a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Antonio_Fa%C3%ADlde\" target=\"_blank\">Ver en Galipedia<\/a><\/em><\/strong>)<\/p>\n<h3>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>(<strong><em><a href=\"https:\/\/maps.google.com\/maps\/ms?msid=208535544872203240432.0004469c9d6b6dc27059b&amp;msa=0&amp;ll=42.237839,-8.72948&amp;spn=0.001533,0.002411\" target=\"_blank\">Ver en Google Maps<\/a><\/em><\/strong>)<\/p>\n<p>Para contemplar esta xoia escult\u00f3rica debemos achegarnos \u00e1 praza do Berb\u00e9s de Vigo, ao car\u00f3n dos vellos p\u00f3rticos e sobre a moderna remodelaci\u00f3n que lle deron a este espazo de lecer.<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<h4>A cruz<\/h4>\n<p dir=\"ltr\">A cruz \u00e9 moi voluminosa, ateigada cunha ornamentaci\u00f3n historiada formada por cabezas de querub\u00edns, unhas m\u00e1is elaboradas e outras completamente lisas. Todo o espazo da cruz est\u00e1 ocupado por estas caras, voluminosas, redondas, compactadas entre si.<\/p>\n<p dir=\"ltr\"><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-kstj8FCelqI\/UXJ5Jd-sQuI\/AAAAAAAAR-0\/uSpZGk_qv44\/w614-h819-no\/100B3930.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"failde\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-kstj8FCelqI\/UXJ5Jd-sQuI\/AAAAAAAAR-0\/uSpZGk_qv44\/w614-h819-no\/100B3930.JPG\" alt=\"\" width=\"368\" height=\"491\" \/><\/a>A cruz completa \u00e9 coma unha masa unifirme, e compacta de granito, sen espazos baleiros, acentuando o grosor da rocha a trav\u00e9s desa provocada e recargada aglomeraci\u00f3n das propias figuras, provocando, asemade, un primitivismo estil\u00edstico.<\/p>\n<h4>Crucificado<\/h4>\n<p dir=\"ltr\">Sobre a cabeza do Crucificado non aparece o cl\u00e1sico letreiro INRI, sen\u00f3n d\u00faas cabezas de querub\u00edns sobresa\u00edntes.<\/p>\n<p dir=\"ltr\">A imaxe do Cristo est\u00e1 completamente apegada \u00e1 cruz e presenta catro cravos. Os brazos tenos estendidos horizontalmente e as pernas apenas flexionadas o que lle d\u00e1 a sensaci\u00f3n de estar de p\u00e9 en lugar de colgando dos cravos.<\/p>\n<p dir=\"ltr\">O corpo presenta formas voluminosas destacando especialmente as pernas con respecto ao resto do talle. Os volumes transmiten tam\u00e9n unha sensaci\u00f3n de musculatura en todo o seu torso e extremidades.<\/p>\n<h4>Piedade<\/h4>\n<p dir=\"ltr\">A Virxe pos\u00fae un manto moi voluminoso con abundantes pregaduras que envolven todo o seu corpo. Estas pregaduras est\u00e1n realizadas con gran mestr\u00eda debuxando diferentes formas e figuras, cunha especial relevancia nas formaci\u00f3ns de ondas con diferentes incidencias da luz.<\/p>\n<p dir=\"ltr\"><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-DYI65bTSmKE\/UXJ4jcP8BPI\/AAAAAAAAR-0\/5QWeB2f1dx8\/w614-h819-no\/100_3781.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"failde\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-DYI65bTSmKE\/UXJ4jcP8BPI\/AAAAAAAAR-0\/5QWeB2f1dx8\/w614-h819-no\/100_3781.JPG\" alt=\"\" width=\"368\" height=\"491\" \/><\/a>A figura do Cristo xacente \u00e9 m\u00e1is pequena ca a figura da Virxe. Curiosamente o propio Castelao tam\u00e9n salientaba esta caracter\u00edstica nos seus estudos sobre os cruceiros galegos indicando que os canteiros estaban expresando, dalg\u00fan xeito, que no colo das nosas nais todos somos para elas coma nenos pequenos.<\/p>\n<p dir=\"ltr\">Neste caso ademais \u00e9 moi significativa a forma en que a Virxe agarra o corpo inerte do seu fillo, establecendo unha relaci\u00f3n moi \u00edntima e tenra con El a trav\u00e9s das s\u00faas mans. Podemos observar como est\u00e1n matizados os dedos da man da Nai sobre a man apagada e morta dos sen fillo, cunha inclinaci\u00f3n da man en continuidade coa inclinaci\u00f3n da s\u00faa apesarada mirada.<\/p>\n<p dir=\"ltr\">Perc\u00edbese nesta Piedade un dramatismo contido expresado a trav\u00e9s dun certo movemento que parece deterse nese instante xestual, provocando un dinamismo inestable da figura do Cristo xacente sobre o colo da s\u00faa Nai.<\/p>\n<p dir=\"ltr\">No rostro das d\u00faas figuras refl\u00edctese unha particular serenidade con trazos de tenrura na face da Nai, coma un aire de resignaci\u00f3n ante o fat\u00eddico destino do seu Fillo.<\/p>\n<h4>Capitel<\/h4>\n<p dir=\"ltr\">Nas catro caras aparecen doce figuras humanas divididas por tr\u00edades. Cada conxunto ocupa todo o espazo da cara do capitel, con volumes sobresa\u00edntes que se amalgaman entre si, adapt\u00e1ndose a todos os recantos que van enchendo coas s\u00faas formas corporais e pregaduras das vestimentas. Esta superposici\u00f3n de formas e figuras d\u00e1lle esa sensaci\u00f3n de voluminosidade e mesmo profundidade a cada unha das caras do capitel. Asemade cada tr\u00edade expresa un conxunto compactado a trav\u00e9s destas superposici\u00f3ns.<a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-8OkwrPgvMyc\/UXJ5IIbofgI\/AAAAAAAAR-0\/egKFGFNZ6iM\/w958-h719-no\/100B3901.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"failde\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-8OkwrPgvMyc\/UXJ5IIbofgI\/AAAAAAAAR-0\/egKFGFNZ6iM\/w958-h719-no\/100B3901.JPG\" alt=\"\" width=\"518\" height=\"388\" \/><\/a><\/p>\n<p dir=\"ltr\">O volume en xeral est\u00e1 acentuado polas formas redondas, tanto nos rostros, coma nos corpos e vestimentas.<\/p>\n<p dir=\"ltr\">En todas as figuras se percibe un ricto de gravidade e seriedade, como testemu\u00f1as e observadores severos que chaman a nosa atenci\u00f3n verbo do drama que se representa sobre eles.<\/p>\n<p dir=\"ltr\">Tanto polas iconograf\u00edas coma polas formas non podemos deixar de enxergar alusi\u00f3ns \u00e1 tradici\u00f3n escult\u00f3rica medieval ou mesmo m\u00e1is clasicista, con esa forma de relevo na que se enmarcan.<\/p>\n<p dir=\"ltr\">En cada un dos extremos superiores do capitel, sobresaen volutas en espiral enmarcando as figuras dentro de cada unha das caras.<\/p>\n<h4><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-bfWCXbbv99k\/UXJ47dtsxrI\/AAAAAAAAR-0\/DDPesy8-Sqs\/w614-h819-no\/100B3850.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"failde\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-bfWCXbbv99k\/UXJ47dtsxrI\/AAAAAAAAR-0\/DDPesy8-Sqs\/w614-h819-no\/100B3850.JPG\" alt=\"\" width=\"430\" height=\"573\" \/><\/a>Varal<\/h4>\n<p dir=\"ltr\">Ten forma cuadrangular cos bordos achafranados. Na parte baixa est\u00e1 decorado cun anel p\u00e9treo circundante. Sobre el aparecen as figuras de Ad\u00e1n e Eva no momento da expulsi\u00f3n do Para\u00edso coa figura do anxo cunha espada na man dereita.<\/p>\n<p dir=\"ltr\">Outros exemplos:<\/p>\n<p dir=\"ltr\"><a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cruceiro_do_H%C3%ADo\" target=\"_blank\">Cruceiro de H\u00edo<\/a> (<a href=\"http:\/\/www.vigoenfotos.com\/cangas\/e_cruceiro_hio_1.html\" target=\"_blank\">imaxes<\/a>)<\/p>\n<p dir=\"ltr\">Cruceiro da Residencia de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados (Cambados) (<a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/_UniRL6o1R4izxg_zsIef4GM82J8_10fT_7W4BDIezMWDfEsvBsQXsTLIAgcWyBY8FMJvvOnIVv048Tx7XPZcDUnRrmpOVs8yGwvDB9FUy7WiYOXf-o3_vQMTQ\" target=\"_blank\">imaxe<\/a>)<\/p>\n<p dir=\"ltr\">Cruceiro de Carril (Vilagarc\u00eda de Arousa) (<a href=\"http:\/\/upload.wikimedia.org\/wikipedia\/gl\/thumb\/3\/3a\/Cruceiro_Carril_01_02b.jpg\/800px-Cruceiro_Carril_01_02b.jpg\" target=\"_blank\">imaxe<\/a>)<\/p>\n<p dir=\"ltr\"><a href=\"http:\/\/www.galiciamaxica.eu\/Sitios\/PONTEVEDRA\/portas\/cruceiroculebron.html\" target=\"_blank\">Cruceiro do Culebr\u00f3n<\/a> (Portas) (<a href=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-sUM5DueOe28\/UQVsvUD47uI\/AAAAAAAAQbo\/1dEwKnKVmMw\/s912\/IMG_0465.jpg\" target=\"_blank\">imaxe<\/a>)<\/p>\n<h4>Base<\/h4>\n<p dir=\"ltr\">Plataforma de tres chanzos de forma cadrada. O pedestal \u00e9 c\u00fabico con todo o borde superior contorneado cun suco. As catro caras conte\u00f1en uns pequenos rebaixes cuadrangulares. Non presenta ningunha inscrici\u00f3n na base, mais si nunha placa no chan ao seu p\u00e9, na que se le a seguinte dedicatoria: \u201cA todas as mulheres \/ matadas \/ por bruxaria\u201d.<\/p>\n<h3>Valoraci\u00f3n final<\/h3>\n<p dir=\"ltr\">Fa\u00edlde est\u00e1 reco\u00f1ecido como un dos m\u00e1is importantes escultores galegos, e que nas r\u00faas e prazas da cidade poidamos contar con obra s\u00faa \u00e9 motivo de enriquecemento para a arte urbana ao aire libre coa que nos atopamos ao cami\u00f1ar pola cidade; non obstante, neste cruceiro non hai ning\u00fan elemento informativo que nos indique a s\u00faa autor\u00eda nin as caracter\u00edsticas da escultura.<\/p>\n<p dir=\"ltr\"><a href=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-JvdSmpGxNmM\/UXJ5pczSW2I\/AAAAAAAAR-0\/W1bCQeA-_3w\/w958-h719-no\/100_3156.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"failde\" src=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-JvdSmpGxNmM\/UXJ5pczSW2I\/AAAAAAAAR-0\/W1bCQeA-_3w\/w958-h719-no\/100_3156.JPG\" alt=\"\" width=\"518\" height=\"388\" \/><\/a>En Vigo existe outra escultura s\u00faa nunha das r\u00faas m\u00e1is transitadas, a r\u00faa Venezuela. No parque dedicado \u00e1 figura do<a href=\"https:\/\/maps.google.com\/maps?q=rua+venezuela,+vigo,+galicia&amp;hl=gl&amp;ie=UTF8&amp;ll=42.232632,-8.715763&amp;spn=0.0068,0.013797&amp;sll=37.0625,-95.677068&amp;sspn=29.854268,56.513672&amp;t=h&amp;hnear=R%C3%BAa+de+Venezuela,+Vigo,+Galicia,+Espa%C3%B1a&amp;z=16&amp;layer=c&amp;cbll=42.232679,-8.719995&amp;panoid=0cud8h03sIdEvjElj_MonQ&amp;cbp=12,27.01,,0,6.42\" target=\"_blank\"> libertador Sim\u00f3n Bol\u00edvar<\/a>, a efixie deste militar sudamericano que a preside \u00e9 tam\u00e9n da s\u00faa autor\u00eda.<\/p>\n<p dir=\"ltr\">De fa\u00edlde temos referencias de dous cruceiros m\u00e1is. Un deles aqu\u00ed en Galicia, no <a href=\"http:\/\/www.tuspain.com\/images\/gal19.JPG\" target=\"_blank\">pazo de Vistalegre<\/a> de Tui e outro en sudam\u00e9rica, na cidade de<a href=\"http:\/\/www.galiciaespallada.com.ar\/cruceiros_fora_galicia.htm\" target=\"_blank\"> Mar del Plata<\/a>.<\/p>\n<h3>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<p dir=\"ltr\"><strong><em><a href=\"https:\/\/plus.google.com\/photos\/107741656264330036429\/albums\/5873673625460149137?partnerid=ogpy0\" target=\"_blank\">Galer\u00eda de imaxes<\/a><\/em><\/strong><\/p>\n<p dir=\"ltr\"><a href=\"http:\/\/www.canedo.eu\/escultura\/escultura.swf\" target=\"_blank\">Escultura Urbana no concello de Ourense<\/a><\/p>\n<p dir=\"ltr\"><a href=\"http:\/\/www.coleccionnovacaixagalicia.com\/\" target=\"_blank\">Colecci\u00f3n Novacaixagalicia<\/a><\/p>\n<p dir=\"ltr\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Galer\u00eda de imaxes Autor Ant\u00f3n Fa\u00edlde Gago (Ver en Galipedia) Localizaci\u00f3n (Ver en Google Maps) Para contemplar esta xoia escult\u00f3rica debemos achegarnos \u00e1 praza do Berb\u00e9s de Vigo, ao car\u00f3n dos vellos p\u00f3rticos e sobre a moderna remodelaci\u00f3n que lle deron a este espazo de lecer. Descrici\u00f3n A cruz A cruz \u00e9 moi voluminosa, ateigada [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[31,5],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1796"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1796"}],"version-history":[{"count":18,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1796\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1821,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1796\/revisions\/1821"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1796"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1796"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1796"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}