{"id":1710,"date":"2013-03-29T17:39:27","date_gmt":"2013-03-29T17:39:27","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1710"},"modified":"2024-05-25T19:13:28","modified_gmt":"2024-05-25T19:13:28","slug":"castro-de-san-lourenzo-o-penedo-coruxo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1710","title":{"rendered":"Castro de San Lourenzo \u2013 O Penedo (Coruxo)"},"content":{"rendered":"<h2 style=\"text-align: left;\">Un Monumento Nacional no desleixo<\/h2>\n<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/1BFBYP4o499xqy85jJmmKiV7fLjpkBMGlFWs8Zg_56AnPzQ9tiMYelXpfkq292fWHsqoZAdWOMjz6GA8x5I3Gnxq-wrrg-PjHH9jMpFOVqGLdAzFF78KSli9G3p4waWtKB73rn58OgQVWdH0hi_Ps7N51cuHSTEqlg-iu3EtcQtZFUp_NaHMi8D1vkdW6mWlgciCfq1EaFXSGQl_vuiWLFWRyGATADcs8f_DiLA5VwLp67Zrwz1NeARdDJiCx5JOSHjCI4wDAL-lhkFrmbCqj__MHqJTiIJZjzl0YZi5IGzg_rwhHhdio5p5XyAronAZVvc3QHMY0F5ciiuMe2m40qr99rz5vHnrIEMM4eBNtrDC3fsanXjHjdwPwoYyfb0aJc4XEash8nV9fuvE8-jg5aCuYg4pjTzot_bJceyug3CRZvodUm41B8zXqQ_eVFelpgWO1m0fxss7TZIpG5t3x3N6_j6MeJoWq1p2DDjBTskffqXY68iVvkzOlFHG29grzE8iaWHSl9z4TzO_sva6R-YMyzCBfixgsDWqHj2uds_mcfCH6iu6HQWm446EuBg-cdq3YyeVILGI2WDSpqxoBqhmdOwO9fXt5v80YDkuvvzF_IUnEp_lBvPvN3GMdxIewmxBuEE7uDdGOg7VMG17YyZsYcKbikzM2hc0-lZGaMvZ4FNDC0Ssls0vVT1tWA=w1180-h885-no?authuser=0\" width=\"445\" height=\"334\" \/>No ano 1975 o Bolet\u00edn Oficial do Estado publica a declaraci\u00f3n do complexo castrexo de San Lourenzo e O Penedo como Monumento Nacional.<\/p>\n<p>Que un castro vigu\u00e9s desco\u00f1ecido para a inmensa maior\u00eda da poboaci\u00f3n sexa un Monumento Nacional chama moito a atenci\u00f3n; mais cales son os m\u00e9ritos que o fixeron merecente desta menci\u00f3n? Que foi deste monumento nacional dende ent\u00f3n ata a actualidade? En que estado se encontra hoxe en d\u00eda?<\/p>\n<p>Estes son interrogantes aos que tentaremos achegarnos neste artigo sobre o noso patrimonio vigu\u00e9s e agardamos que algunhas das respostas non nos deixen indiferentes.<\/p>\n<h3>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>(<a href=\"https:\/\/maps.app.goo.gl\/mxhZN3BnMwGB2XxP9\" target=\"_blank\"><strong>Ver en Google Maps<\/strong><\/a>)<\/p>\n<p>Este castro tan peculiar est\u00e1 situado no barrio de San Lourenzo de Coruxo, ao car\u00f3n da capela parroquial dedicada a este santo. Ten un acceso doado para chegar ata o seu emprazamento, mais a visita a alg\u00fan dos lugares deste Monumento Nacional \u00e9 de incerta aventura para as persoas que tenten achegarse a tan singular e interesant\u00edsimo patrimonio.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Coruxo,_Vigo\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-m1BQxFnyZRQ\/UVWGMj-S-eI\/AAAAAAAAQOg\/TNXw1CPu6O4\/s1064\/Coruxo-San+Lourenzo+2010+%283%29.JPG\" alt=\"\" width=\"446\" height=\"334\" \/>Coruxo <\/a>\u00e9 a parroquia de Vigo que m\u00e1is dep\u00f3sitos arqueol\u00f3xicos pos\u00fae. Os m\u00e1is numerosos son os petr\u00f3glifos que inzan toda a zona interior e elevada da parroquia. Dende as cavidades naturais do Fol\u00f3n (das m\u00e1is importantes de Europa pola s\u00faa natureza p\u00e9trea) con restos de utilizaci\u00f3n humana dende a m\u00e1is remota historia, ata o patrimonio rom\u00e1nico da<a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=12\" target=\"_blank\"> igrexa de San Salvador<\/a>, pasando por trinta e tres estaci\u00f3ns de <a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?cat=13\" target=\"_blank\">gravados rupestres<\/a> catalogados oficialmente polo concello, xunto con outros dous recintos castrexos m\u00e1is: o denominado Outeiro do Crasto e o castro da illa de Toralla.<\/p>\n<p>Dende a beira do mar, coa illa de Toralla e a praia do Vao, ata as zonas altas dos montes do Fragoselo, esta parroquia amosa un rico e abondoso patrimonio tanto material coma inmaterial que paga a pena descubrir po\u00f1er en valor.<\/p>\n<p>A este valor patrimonial tanto material como inmaterial, eng\u00e1dese o valor paisax\u00edstico da contorna onde atopa o castro. Dende este enclave tense un perfecto dominio do val que discorre polas terras baixas de Coruxo, as\u00ed como unha panor\u00e1mica de toda a r\u00eda de Vigo.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-MnRtHeLy2sI\/UVWGmISZLiI\/AAAAAAAAQMQ\/iq_9ZsvA9lQ\/s1064\/Coruxo-San+Lourenzo+2010+%2843%29.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-MnRtHeLy2sI\/UVWGmISZLiI\/AAAAAAAAQMQ\/iq_9ZsvA9lQ\/s1064\/Coruxo-San+Lourenzo+2010+%2843%29.JPG\" alt=\"\" width=\"447\" height=\"335\" \/><\/a>Como territorio castrexo, seguindo os apuntamentos do arque\u00f3logo <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com.es\/2008\/07\/notas-sobre-los-castros-de-vigo-v.html\" target=\"_blank\">Jose Manuel Hidalgo Cu\u00f1arro<\/a>, este castro podemos relacionalo con outros da s\u00faa contorna m\u00e1is pr\u00f3xima, como son o castro de Outeiro do Crasto \u2013na propia parroquia de Coruxo-, por partillaren en com\u00fan \u201ca s\u00faa visibilidade dun quil\u00f3metro orientada cara \u00e1s terras f\u00e9rtiles da desembocadura do Lagares\u201d, aos que se engadir\u00eda o castro de Cas\u00e1s en Comesa\u00f1a, \u201cque compartir\u00eda terras con eles debido \u00e1 s\u00faa proximidade\u201d.<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p>Todo o espazo castrexo est\u00e1 conformado por dous promontorios distantes entre si uns cento cincuenta metros. O recinto castrexo propiamente dito \u00e9 o que recibe o nome actual de San Lourenzo; o segundo promontorio, m\u00e1is pequeno e cunha utilizaci\u00f3n posiblemente diferente \u00e1 habitacional, recibe o nome de O Penedo.<\/p>\n<p>Todo este complexo castrexo est\u00e1 situado a 97 metros de altitude sobre o mar e ocupa unha superficie total de 0,17 hect\u00e1reas.<\/p>\n<h4><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-56rLVUWckhg\/UVWIvXtk17I\/AAAAAAAAQOo\/Nm01V21ZjSw\/s1064\/100_3609.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-56rLVUWckhg\/UVWIvXtk17I\/AAAAAAAAQOo\/Nm01V21ZjSw\/s1064\/100_3609.JPG\" alt=\"\" width=\"447\" height=\"335\" \/><\/a>Achados arqueol\u00f3xicos<\/h4>\n<p>Os achados arqueol\u00f3xicos aparecidos no espazo e contorna deste castro est\u00e1n depositados no Museo de Castrelos e evidencian a presenza dunha clara romanizaci\u00f3n. O exdirector do museo e arque\u00f3logo <a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com.es\/2008\/10\/sobre-el-vigo-romano-y-su-problemtica.html\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 Manuel Hidalgo Cu\u00f1arro<\/a> descr\u00edbenos que se tratan de \u201cfragmentos de cer\u00e1mica castre\u00f1a con decoraci\u00f3n de\u00a0acanaladuras y serie de l\u00edneas incisas dispuestas de forma oblicua. \u00a0Asimismo se encontraron dos fusayolas y numerosos fragmentos de \u00e1nforas y t\u00e9gulas.\u201d<\/p>\n<h4>Castro de San Lourenzo<\/h4>\n<p>A coroa \u00e9 de forma ovalada cunhas dimensi\u00f3ns de 30 x 17 metros.<\/p>\n<p>A terraza adxacente na zona oriental do castro mide 40 x 30 metros.<\/p>\n<p>Defensas: nas zonas occidental e sur apr\u00e9cianse un pronunciados terrapl\u00e9ns que lle serven de defensa natural. A continuaci\u00f3n, cara ao sueste, a\u00ednda se pode ver o que foi na s\u00faa orixe un foso defensivo. Imaxe 27<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-FN1eTF5WvpA\/UVWGSn14YyI\/AAAAAAAAQKg\/jHa_16GGV3Q\/s1064\/Coruxo-San+Lourenzo+2010+%289%29.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-FN1eTF5WvpA\/UVWGSn14YyI\/AAAAAAAAQKg\/jHa_16GGV3Q\/s1064\/Coruxo-San+Lourenzo+2010+%289%29.JPG\" alt=\"\" width=\"447\" height=\"335\" \/><\/a>Todo o promontorio est\u00e1 na actualidade poboado de \u00e1rbores e abundante vexetaci\u00f3n que dificultan a s\u00faa visita e apreciaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O deterioro vese aumentado pola proliferaci\u00f3n de canteiras e extracci\u00f3n de pedra por todo o recinto.<\/p>\n<p>Non se evidencian restos de construci\u00f3ns castrexas.<\/p>\n<h4>Promontorio do Penedo<\/h4>\n<p>Esta \u00e9 a parte m\u00e1is interesante na actualidade deste conxunto castrexo e polo que lle valeu a declaraci\u00f3n de Monumento Nacional, tanto polos restos arqueol\u00f3xicos a\u00ednda existentes no propio lugar, como polas tradici\u00f3ns e expresi\u00f3ns antropol\u00f3xicas e etnogr\u00e1ficas que se desenvolveron ao seu arredor.<\/p>\n<p>O promontorio ten forma ovalada, cunhas dimensi\u00f3n duns 30 x 50 metros.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-mtC5TlFmwyU\/UVWGn3KJvhI\/AAAAAAAAQMg\/yQnWUgwh69s\/s1064\/Coruxo-San+Lourenzo+2010+%2818%29.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-mtC5TlFmwyU\/UVWGn3KJvhI\/AAAAAAAAQMg\/yQnWUgwh69s\/s1064\/Coruxo-San+Lourenzo+2010+%2818%29.JPG\" alt=\"\" width=\"447\" height=\"335\" \/><\/a>Est\u00e1 completamente rodeado e pechado por construci\u00f3ns de vivendas e cerrumes de propiedades particulares. Non ten acceso p\u00fablico na actualidade por ningures. Sempre se depender\u00e1 da boa vontade dalgunha persoa das propiedades lindeiras para poder pasar.<\/p>\n<p>Podemos consideralo en si mesmo coma un gran complexo rupestre, xa que est\u00e1 formado por penedos con p\u00edas de especial relevancia, gravados, sucos, covi\u00f1as e chanzos escavados na rocha. Todos estes elementos rupestres est\u00e1n dispersos por todo o recinto e forman unha curiosa li\u00f1a que podemos trazar dende o Penedo ata a actual capela de San Lourenzo.<\/p>\n<p>Esa li\u00f1a coincide co antigo \u201cCami\u00f1o de San Lourenzo\u201d que empregaban os devotos para subir dende a capela ata o Penedo seguindo unha serie de rochas con rebaixes a modo de chanzos que \u00edan conformando durante a ascensi\u00f3ns os denominados \u201cPasos do Santo\u201d.<\/p>\n<div id=\"attachment_1726\" style=\"width: 260px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/www.celtiberia.net\/verimg.asp?id=5421\" target=\"_blank\"><img aria-describedby=\"caption-attachment-1726\" decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-1726 size-full\" title=\"U1416-escaleras.JPG (1)\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/U1416-escaleras.JPG-1.jpg\" width=\"250\" height=\"333\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/U1416-escaleras.JPG-1.jpg 250w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/U1416-escaleras.JPG-1-225x300.jpg 225w\" sizes=\"(max-width: 250px) 100vw, 250px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-1726\" class=\"wp-caption-text\">Fonte: https:\/\/www.celtiberia.net\/<\/p><\/div>\n<p class=\"alignnone\" title=\"Fonte: https:\/\/www.celtiberia.net\/es\/multimedia\/?id=5421\">Hoxe en d\u00eda estes \u201cPasos do Santo\u201d desapareceron na s\u00faa maior\u00eda debido \u00e1 moderna construci\u00f3n de vivendas que ocuparon e fixeron desaparecer completamente este ancestral cami\u00f1o.<\/p>\n<h4>O Penedo<\/h4>\n<p>Comezando pola parte m\u00e1is elevada, no cume do promontorio destaca un enorme penedo apoiado sobre varias grandes rochas. O acceso \u00e1 s\u00faa parte superior non \u00e9 sinxelo nin presenta elementos que o faciliten. Encima deste penedo existen varias p\u00edas de diferentes tama\u00f1os, d\u00faas delas de maiores dimensi\u00f3ns que ocupan a maior\u00eda da superficie superior da rocha.<\/p>\n<p>Sobre este gran penedo, na parte oriental, hai un gravado cunha pos\u00edbel fasqu\u00eda serpentiforme cunha cruz a cada lado.<\/p>\n<h4>Petr\u00f3glifos<\/h4>\n<div id=\"attachment_1728\" style=\"width: 310px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/www.celtiberia.net\/verimg.asp?id=5419\" target=\"_blank\"><img aria-describedby=\"caption-attachment-1728\" decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-1728 size-full\" title=\"U1416-petroglifo.JPG\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/U1416-petroglifo.JPG.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-1728\" class=\"wp-caption-text\">Fonte: https:\/\/www.celtiberia.net\/<\/p><\/div>\n<p>A maiores do que acabamos de describir, o principal e m\u00e1is relevante \u00e9 un gravado que ten forma oval, cunhas dimensi\u00f3ns de 0,85 x 1 metros. No seu interior hai doce cazoletas. Est\u00e1 situado sobre unha laxe plana a nivel do chan, a uns 15 metros do Penedo en direcci\u00f3n norte, nese ali\u00f1amento cara \u00e1 capela antes aludido.<\/p>\n<p>As tradici\u00f3ns relixiosas orais identif\u00edcano coma a \u201cGrella do Santo\u201d.<\/p>\n<div id=\"attachment_1732\" style=\"width: 508px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/8692\/2011\/11\/o-penedo\/\" target=\"_blank\"><img aria-describedby=\"caption-attachment-1732\" decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-1732 \" title=\"th_7f48715928dfe0c3d117a6df4d299302_Pia-de-San-Lourenzo\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/th_7f48715928dfe0c3d117a6df4d299302_Pia-de-San-Lourenzo.jpg\" width=\"498\" height=\"664\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/th_7f48715928dfe0c3d117a6df4d299302_Pia-de-San-Lourenzo.jpg 768w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/th_7f48715928dfe0c3d117a6df4d299302_Pia-de-San-Lourenzo-225x300.jpg 225w\" sizes=\"(max-width: 498px) 100vw, 498px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-1732\" class=\"wp-caption-text\">Fonte: http:\/\/patrimoniogalego.net\/<\/p><\/div>\n<h4>P\u00eda do Santo<\/h4>\n<p>Descendendo polo promontorio outros 15 metros cara ao norte, mantendo ese ali\u00f1amento coa capela, chegamos ata o elemento m\u00e1is importante de todo este conxunto rupestre.<\/p>\n<p>Hoxe en d\u00eda at\u00f3pase, inexplicabelmente, acaroado a un peche de bloques de cemento e ladrillo pertencente a unha propiedade particular. Nas imaxes que se achegan pode observarse como era antigamente a s\u00faa disposici\u00f3n natural, e como est\u00e1 na actualidade.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dunha gran rocha que marca un pronunciado desnivel de terreo no descenso do promontorio. Sobre ela est\u00e1n talladas d\u00faas destac\u00e1beis canalizaci\u00f3ns laterais que descenden diagonalmente pola rocha converxendo nunha p\u00eda situada na s\u00faa base.<\/p>\n<p>Esta p\u00eda \u00e9 de forma cuadrangular cunhas dimensi\u00f3ns duns 0,30 x 1 metros, e unha profundidade, segundo as fontes consultadas, de 75 cent\u00edmetros. Na s\u00faa parte central presenta un rebaixe de desaugue. \u00c9 de salientar a presenza de catro pequenos ocos que alg\u00fans estudosos atribuir\u00edan \u00e1 prob\u00e1bel existencia dunha tampa de cubrici\u00f3n.<\/p>\n<p>Na imaxe en branco e negro que ofrecemos apr\u00e9cianse a\u00ednda con claridade os rebaixes corridos que serv\u00edan a modo de chanzos para acceder \u00e1 rocha.<\/p>\n<div id=\"attachment_1730\" style=\"width: 340px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/www.celtiberia.net\/verimg.asp?id=5420\" target=\"_blank\"><img aria-describedby=\"caption-attachment-1730\" decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-1730 size-full\" title=\"U1416-Pila-de-sacrificios-de-San-Lourenzo-de-Coruxo-Vigo.JPG\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/U1416-Pila-de-sacrificios-de-San-Lourenzo-de-Coruxo-Vigo.JPG.jpg\" width=\"330\" height=\"243\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/U1416-Pila-de-sacrificios-de-San-Lourenzo-de-Coruxo-Vigo.JPG.jpg 330w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/U1416-Pila-de-sacrificios-de-San-Lourenzo-de-Coruxo-Vigo.JPG-300x220.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 330px) 100vw, 330px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-1730\" class=\"wp-caption-text\">Fonte: https:\/\/www.celtiberia.net\/<\/p><\/div>\n<p>Neste sentido que acabamos de apuntar, a disposici\u00f3n da p\u00eda coas s\u00faas canalizaci\u00f3ns insculpidas e desaugues asociados foi interpretada por alg\u00fans estudosos como un altar \u00a0de sacrificios, coas correspondentes canles e p\u00edas para conducir e conter o sangue.<\/p>\n<p>No seu interior \u00e9 habitual ver auga estancada, que nas tradici\u00f3ns orais a xente asegura que nunca seca. Ao estar asociada coa figura e martirio de san Lourenzo, tam\u00e9n se afirma que esta auga estancada ten propiedades curadoras.<\/p>\n<p>No d\u00eda da romar\u00eda de san Lourenzo (1\u00ba domingo de agosto) que se celebra na capela adxacente ao castro, despois da misa as persoas devotas ascend\u00edan ata o promontorio castrexo do Penedo para realizar un ritual animista de curaci\u00f3n, mollando panos na auga da p\u00eda e lavando as queimaduras ou males derivados que tiveren na pel.<\/p>\n<p>Este percorrido de romaxe fac\u00edase, como apuntamos m\u00e1is arriba, polo antigo \u201cCami\u00f1o de San Lourenzo\u201d que pasaba e un\u00eda todos estes puntos descritos do complexo rupestre do Penedo.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-BqAZwDmqxh8\/UVWGr3x3x3I\/AAAAAAAAQM4\/8-bJhFOxKbs\/s1064\/Coruxo-San+Lourenzo+2010+%2820%29.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-BqAZwDmqxh8\/UVWGr3x3x3I\/AAAAAAAAQM4\/8-bJhFOxKbs\/s1064\/Coruxo-San+Lourenzo+2010+%2820%29.JPG\" alt=\"\" width=\"459\" height=\"345\" \/><\/a>Tradici\u00f3ns<\/h3>\n<p>Baseados en textos cl\u00e1sicos das descrici\u00f3ns que os romanos e gregos fixeron dos costumes galaicos, houbo investigadores que propuxeron a pos\u00edbel adscrici\u00f3n do conxunto de todo o complexo rupestre do Penedo a un santuario ao ar libre, do tipo dos atribu\u00eddos a p\u00edas encontradas en lugares pr\u00f3ximos como Moug\u00e1s en Oia \u2013hoxe no Museo Provincial de Pontevedra- duns tres metros de longo, que pos\u00fae unha inscrici\u00f3n latina nos seus laterais. No contexto galaico, no noroeste peninsular tam\u00e9n se atopan outros lugares vinculados a este tipo de interpretaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Sobre o \u00f3valo con cazoletas no seu interior, a tradici\u00f3n relixiosa denominouno \u201cA Grella do Santo\u201d e as\u00f3ciao coas marcas que deixou a grella na que foi martirizado san Lourenzo. Nesta crenza popular tam\u00e9n se engade que despois do martirio o santo foi introducido na auga da p\u00eda que leva o seu nome. Asemade tam\u00e9n se recolleron testemu\u00f1os que falan da tradici\u00f3n de meter na p\u00eda a propia imaxe do santo, que se atopa na capela pr\u00f3xima, no d\u00eda da celebraci\u00f3n da s\u00faa festividade. Testemu\u00f1os orais relatan como se mant\u00e9n a lembranza incluso de representaci\u00f3ns teatralizadas amosando todo o proceso do martirio de San Lourenzo nestes lugares descritos.<\/p>\n<p>Dentro destas tradici\u00f3ns de transmisi\u00f3n oral, noutros testemu\u00f1os recollidos algunhas persoas afirman que orixinalmente todo este conxunto foi constru\u00eddo polos celtas ou polos romanos, ou que houbo gran presenza de soldados cando sucedeu o martirio do santo neste lugar.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/--3Ex5S570eM\/UVWIw_sV8tI\/AAAAAAAAQOY\/4sdFgckXBis\/s1064\/100_3616.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/--3Ex5S570eM\/UVWIw_sV8tI\/AAAAAAAAQOY\/4sdFgckXBis\/s1064\/100_3616.JPG\" alt=\"\" width=\"447\" height=\"335\" \/><\/a>\u00c9 dif\u00edcil para a arqueolox\u00eda catalogar este patrimonio material do lugar do Penedo como un santuario rupestre ao ar libre, xa que os elementos existentes non din claramente por si mesmo que poida selo. Mais existe tam\u00e9n paralelamente, como acabamos de ver, un patrimonio inmaterial de transmisi\u00f3n oral e ritual que pode permitirnos establecer unha relaci\u00f3n m\u00e1is antropol\u00f3xica coa simbolox\u00eda e significado deste interesante e misterioso enclave como pos\u00edbel santuario rupestre ao ar libre.<\/p>\n<p>Vexamos alg\u00fans aspectos para esta consideraci\u00f3n<\/p>\n<p>\u00c9 co\u00f1ecida a estratexia adoptada pola Igrexa para cristianizar moitos lugares nos que a\u00ednda se manti\u00f1an cultos ou ritos precristi\u00e1ns, erixindo templos e asimilando as deidades locais e os ritos asociados. Esta convivencia entre o cristianismo e o paganismo subxacente \u00e9 evidente na actualidade en moitos dos santuarios, ermidas e igrexas do noso pa\u00eds. Templos erixidos ao car\u00f3n de fontes, \u00e1rbores, pedras, lugares arqueol\u00f3xicos, etc, nos que paralelamente \u00e1 celebraci\u00f3n relixiosa oficial, a xente practica tam\u00e9n rituais animistas vinculados ancestralmente e mitoloxicamente a estes lugares.<\/p>\n<p>En todos eles \u00e9 evidente a vinculaci\u00f3n materializada de calquera xeito entre o ritual cristi\u00e1n e o precristi\u00e1n.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-BlAe5KGcANw\/UVWTM4mGyGI\/AAAAAAAAQOw\/J2vq43h9VGc\/s1064\/100_3610.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-BlAe5KGcANw\/UVWTM4mGyGI\/AAAAAAAAQOw\/J2vq43h9VGc\/s1064\/100_3610.JPG\" alt=\"\" width=\"447\" height=\"335\" \/><\/a>En San Lourenzo esta vinculaci\u00f3n entre os diferentes espazos manif\u00e9stase de forma moi evidente:<\/p>\n<p>Todo o lugar, tanto o castro coma os lugares referenciais do Penedo coma a propia capela pr\u00f3xima levan a com\u00fan denominaci\u00f3n de San Lourenzo.<\/p>\n<p>Os testemu\u00f1os das tradici\u00f3ns orais transmitiron a memoria da relaci\u00f3n existente entre a celebraci\u00f3n cat\u00f3lica dentro da capela no d\u00eda dedicado ao santo e os rituais desenvolvidos no Penedo a continuaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Despois da eucarist\u00eda cristi\u00e1 ti\u00f1a lugar a romar\u00eda popular coa subida ata o Penedo polo antigo cami\u00f1o, denominado \u201cCami\u00f1o de San Lourenzo\u201d, que conduc\u00eda directamente dende a capela ata o promontorio; un cami\u00f1o hoxe en d\u00eda desaparecido debido \u00e1 construci\u00f3n de vivendas.<\/p>\n<p>Ao redor da romar\u00eda desenvolv\u00edanse uns rituais que, a\u00ednda que expresados con linguaxes cristi\u00e1s, conservan claramente alg\u00fans trazos anteriores ao cristianismo.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-P5uT1cCoWMA\/UVWG03lChQI\/AAAAAAAAQNY\/mkmy3T6BVzg\/s1064\/Coruxo-San+Lourenzo+2010+%2831%29.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-P5uT1cCoWMA\/UVWG03lChQI\/AAAAAAAAQNY\/mkmy3T6BVzg\/s1064\/Coruxo-San+Lourenzo+2010+%2831%29.JPG\" alt=\"\" width=\"447\" height=\"335\" \/><\/a>Por unha banda, o petr\u00f3glifo ovalado con doce cazoletas no seu interior, adscrito probabelmente \u00e1 Idade do Bronce cuns catro mil anos de antig\u00fcidade, foi tradicionalmente interpretado pola devoci\u00f3n popular como a marca que deixou a grella na que foi martirizado o santo. Mais non esquezamos, ao mesmo tempo, que todo este lugar do Penedo est\u00e1 vinculado por alg\u00fans investigadores aos altares de sacrificios humanos dos que nos falan as cr\u00f3nicas cl\u00e1sicas romanas e gregas. Martirio e sacrificio humano vense deste xeito relacionados significativamente.<\/p>\n<p>Posteriormente, as tradici\u00f3ns orais f\u00e1lannos de que San Lourenzo unha vez martirizado foi introducido na denominada \u201cP\u00eda do Santo\u201d para a s\u00faa abluci\u00f3n nas s\u00faas augas. Cal era o sentido simb\u00f3lico deste ritual?<\/p>\n<p>M\u00e1is arriba adiantabamos que nas tradici\u00f3ns recollidas tam\u00e9n se fala de que a auga estancada desta p\u00eda nunca se seca e \u00e1 que se lle atrib\u00faen propiedades curadoras.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/P1010015.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-large wp-image-1742 alignleft\" title=\"P1010015\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/P1010015-1024x768.jpg\" alt=\"\" width=\"430\" height=\"323\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/P1010015-1024x768.jpg 1024w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/P1010015-300x225.jpg 300w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/P1010015.jpg 1984w\" sizes=\"(max-width: 430px) 100vw, 430px\" \/><\/a>[<span style=\"color: #3366ff;\">Foto da esquerda<\/span>] En <a href=\"http:\/\/1000-lugares-en-galicia.blogspot.com\/2019\/12\/santa-marina-augas-santas-allariz-parte-3-forno-da-santa-basilica-asuncion.html\" target=\"_blank\"><strong>Santa Mari\u00f1a de Augas Santas<\/strong><\/a> (Allariz) tam\u00e9n se conserva a tradici\u00f3n do martirio da santa nun recinto de pos\u00edbel car\u00e1cter sagrado, tam\u00e9n dentro dun castro, o de Armea, no que Mari\u00f1a despois de ser queimada nos Fornos (un recinto subterr\u00e1neo dentro do propio castro e de desigual interpretaci\u00f3n segundo os distintos investigadores) \u00e9 sacada milagrosamente ao exterior polo conduto de sa\u00edda dos fumes e levada ata unha p\u00eda de auga estancada de fasqu\u00eda antropomorfa, situada ao p\u00e9 dun carballo no interior do propio castro tam\u00e9n. E nesta p\u00eda, a santa curaba das queimaduras do seu martirio e recuperaba a vida. Hoxe en d\u00eda a xente acode a esta p\u00eda para lavar calquera mal do seu corpo nestas \u201cAugas Santas\u201d.<\/p>\n<p>Estas p\u00edas con augas estancadas e negras hainas por todo Galicia e son moi recorrentes para a realizaci\u00f3n de rituais animistas vinculados coa auga, a pedra e as \u00e1rbores co fin de curar calquera mal que leve a persoa.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/apeneiradocondado.wordpress.com\/2008\/04\/30\/a-parroquia-covelense-de-san-salvador-de-prado-celebra-a-romeria-da-virxe-da-xestosa-este-domingo-dia-4\/\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-1746\" title=\"a-xestosa\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/a-xestosa.jpg\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"267\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/a-xestosa.jpg 400w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/a-xestosa-300x200.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/><\/a>[<span style=\"color: #3366ff;\">Foto da dereita<\/span>] Por po\u00f1er alg\u00fans exemplo, no concello do Covelo ao car\u00f3n da <a href=\"https:\/\/www.galiciamaxica.eu\/galicia\/pontevedra\/xestosa\/\" target=\"_blank\"><strong>ermida da Xestosa<\/strong><\/a> existe unha tumba antropomorfa escavada nunha laxe a nivel do chan con auga estancada na se realizan rituais de curaci\u00f3n na s\u00faa auga, relacionados ademais coa utilizaci\u00f3n do pan no procedemento da curaci\u00f3n (que nos lembra ao ritual do pan que se realiza con este mesmo fin curador e adivi\u00f1atorio na fonte de Santo Andr\u00e9 de Teixido a\u00ednda na actualidade).<\/p>\n<p>[<span style=\"color: #3366ff;\">Foto inferior<\/span>] Outro exemplo espectacular deste tipo de p\u00edas, e que claramente se asemella poloo penedo en que se desenvolve, \u00e9 o existente no lugar de <a href=\"https:\/\/pendauga.wordpress.com\/\" target=\"_blank\"><strong>Penadauga, parroquia de Escuadro, en Silleda<\/strong><\/a>. As abluci\u00f3ns e lavados de calquera parte do corpo que aqu\u00ed se realizan no primeiro domingo de agosto son asombrosos tanto pola cantidade de xente que acode como polas formas en que se expresa esta curaci\u00f3n. No enlace anterior pode verse e ler detalladamente todos os rituais que se desenvolven ao redor deste penedo de Penadauga.<a href=\"https:\/\/plus.google.com\/photos\/107741656264330036429\/albums\/5087161480784955073\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-SR0NQ9d3zT0\/Rpk9bfE8x8I\/AAAAAAAAArI\/t_Pmhh_cIvs\/s1064\/penadauga+4.jpg\" alt=\"\" width=\"383\" height=\"287\" \/><\/a><\/p>\n<p>No Penedo de San Salvador de Coruxo, a xente tam\u00e9n acud\u00eda (cando o acceso era p\u00fablico) \u00e1 P\u00eda do Santo, onde mollaba panos que despois pasaba polo corpo lavando as zonas que quer\u00eda ver curadas.<\/p>\n<p>Dende o punto de vista destas tradici\u00f3ns, a P\u00eda do Santo, a trav\u00e9s da relaci\u00f3n do martirio e o dep\u00f3sito do corpo do santo na p\u00eda con auga, podemos vinculala a estes rituais de curaci\u00f3n tan presentes en toda Galicia.<\/p>\n<p>Mais por outra banda, este tipo de penedos con p\u00edas que se comunican entre si mediante canais que facilitan o transvase l\u00edquido dunhas a outras foi relacionado por alg\u00fans estudosos cos pos\u00edbeis altares de sacrificios que se recolle da transmisi\u00f3n dos textos cl\u00e1sicos. Neste senso poder\u00edase vencellar de forma simple martirio e sacrificio humano, e o posterior vertido do seu sangue nas p\u00edas cun ritual que far\u00eda correr o sangue das p\u00edas superiores para outra situada debaixo polos canais tallados na rocha.<\/p>\n<h3>Estado de conservaci\u00f3n<a href=\"http:\/\/hoxe.vigo.org\/urbanismo\/pxom\/Memorias\/Tomo-VI\/Fichas\/Catalogo\/X_047.pdf\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-AeIP8y83VgM\/UVXeP5P1TRI\/AAAAAAAAQPE\/2qX_J7wmy7I\/s562\/CAstro+San+Lourenzo-+plano+PXOM.jpg\" alt=\"\" width=\"506\" height=\"359\" \/><\/a><\/h3>\n<p>O promontorio do castro sufriu graves e numerosas alteraci\u00f3ns en toda a s\u00faa contorna, at\u00e9 o punto de non podermos precisar na actualidade a s\u00faa estrutura e configuraci\u00f3n orixinal. As construci\u00f3ns de vivendas e terreos de labor que se desenvolveron ao seu arredor estragaron unha gran parte do seu espazo at\u00e9 reducilo a como o podemos ver arestora.<\/p>\n<p>Por outra parte, tal como se pode observar na galer\u00eda de imaxes, o propio recinto conservado na actualidade est\u00e1 completamente desleixado e estragado.<\/p>\n<p>O adxacente promontorio do Penedo, que tan interesante resultou amosar neste artigo tanto dende o punto de vista arqueol\u00f3xico coma dos seus valores antropol\u00f3xicos, \u00e9 inaccesible hoxe en d\u00eda debido a que todas as propiedades que o circundan fixeron obras de cerramento e construci\u00f3ns que non deixaron ning\u00fan vieiro libre para acceder a el. A maiores, alg\u00fan dos muros de cerramento que se levantaron foi feito apegado totalmente \u00e1 p\u00eda m\u00e1is relevante deste conxunto rupestre ao ar libre.<\/p>\n<p>Todo o lugar do Penedo se atopa nun estado de total abandono e estrago, e non existe ning\u00fan tipo de identificaci\u00f3n dos elementos arqueol\u00f3xicos que lle valeron a declaraci\u00f3n de Monumento Nacional.<\/p>\n<h3><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft \" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/TSH4h4rkOvjLgF7Li7gNVi6doDcV6hU-veKIBI-nT4rrUgCMqavyjgVIP-OiNbv9uld_zCjSeEE7OxtuSJrAzQeYT8RG5aPhpUWgvS26H4KWK_wmafLGq-gNFgA6KVUnjrJG094A_HMJFNygwtnX-rLva-NjVo6W0xvMiD1TrwVKMuTxyyjbSp_QxGXtkgQgmfh0imHHaSWexfBHAT-Hwp2RRp-7hmyMhX91pEwS6YZ-Qpw73okU0s6Pqv10OljOLjvL72s9BnDpObyv0qvgMPyXkhBhWBAtrmcqwB3EXVL1Hhg88GNk72AfnsRAJHZm5lF-wy6pgDSlWtOB5dsuAC99MYXTEtaLICGI7D0PJqQDU4afB2eU8hkzqhDacblpAX2N3afr_ji33oRVMzSQRxJJ3HcKdnXalpfE8sbYnKtYSX85ABcCirltJva90gVsg3bHymaukwqHokoP4UMnRhnfWDpeENNLJ9AYWovtAp7b0Ak-cFxWopGbzA4rkUA2UejpPzZrs23vi_lGLA0t38H4OEbx9BpV640I_9EXzbK2ohbCDPSopsZZqbHiT2Z4xL47NB2mBjuapeRO_j9YA9DzJeUkWRL57ZA_XiSDqzwlzvRWqinY1d1Z4--lm7t5qkVwhNqOgaTPjVIJCq-8cVLIxI3seW91XrjoK3fefK8RyAgdQang-F87pIZ3pA=w1180-h885-no?authuser=0\" alt=\"\" width=\"501\" height=\"376\" \/>Valoraci\u00f3n final<\/h3>\n<p>O castro de san Lourenzo de Coruxo est\u00e1 considerado oficialmente Ben de Interese Cultural (BIC) e foi declarado Monumento Nacional, co n\u00ba 177, no Decreto 3741\/1974 do 20 de decembro, BOE do 10 de marzo de 1975, a proposta do Museo Provincial de Pontevedra, polo que se declaraban monumentos hist\u00f3rico-art\u00edsticos de car\u00e1cter nacional unha serie de gravados rupestres existentes na provincia de Pontevedra.<\/p>\n<p>Pensar que Vigo poida contar realmente cun santuario prehist\u00f3rico rupestre ao ar libre vinculado a un dos seus castros \u00e9 unha noticia excepcional.<\/p>\n<p>\u00c9 de especial relevancia porque ser\u00eda dos poucos exemplos existentes en todo o noroeste cultural galaico. Ademais hai que engadirlle o feito de estar situado no coraz\u00f3n das R\u00edas Baixas,\u00a0 dominando as largac\u00edas panor\u00e1micas sobre a r\u00eda de Vigo, as marismas da desembocadura do Lagares e co horizonte fondal das m\u00edticas Illas C\u00edes completando todo este panorama paisax\u00edstico.<\/p>\n<p>Da culpabilidade desta desfeita, desta perda dunha oportunidade hist\u00f3rica \u00fanica para a nosa arqueolox\u00eda e etnograf\u00eda non se salva ningu\u00e9n.<\/p>\n<p>Dende a avarenta cobiza da veci\u00f1anza que busca o proveito propio en contra do ben com\u00fan, at\u00e9 unhas administraci\u00f3ns ineptas e incompetentes no control do seu patrimonio m\u00e1is valioso, especialmente por ter a consideraci\u00f3n de Monumento Nacional, sen deixar atr\u00e1s o desleixo e miop\u00eda dunha instituci\u00f3n como a Igrexa que deixou perder unha tradici\u00f3n tan fermosa e chea de rituais enriquecedora da s\u00faa propia devoci\u00f3n.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-albobL-2HPE\/UVWIwNKh3JI\/AAAAAAAAQOQ\/uABi3TiIpZI\/s1064\/100_3614.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-albobL-2HPE\/UVWIwNKh3JI\/AAAAAAAAQOQ\/uABi3TiIpZI\/s1064\/100_3614.JPG\" alt=\"\" width=\"447\" height=\"335\" \/><\/a>A recuperaci\u00f3n de gran parte da relevancia deste conxunto arqueol\u00f3xico non \u00e9 impos\u00edbel. Saltan \u00e1 vista cales ser\u00eda as intervenci\u00f3ns precisas para po\u00f1er en valor social tanto o patrimonio material coma o inmaterial a\u00ednda conservado en San Lourenzo.<\/p>\n<h3>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<p><em><a href=\"https:\/\/photos.app.goo.gl\/pVQKzUz8tpmgqSyf9\" target=\"_blank\"><strong>Galer\u00eda de imaxes<\/strong><\/a><\/em><\/p>\n<h4>Procedencia dalgunhas imaxes<\/h4>\n<p><a href=\"http:\/\/www.celtiberia.net\/\" target=\"_blank\">Celtiberia<\/a>.net (<strong><a href=\"http:\/\/www.celtiberia.net\/verimg.asp?id=5419\" target=\"_blank\">1<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.celtiberia.net\/verimg.asp?id=5420\" target=\"_blank\">2<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.celtiberia.net\/verimg.asp?id=5421\" target=\"_blank\">3<\/a><\/strong>)<\/p>\n<p>Patrimonio galego,<a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/8692\/2011\/11\/o-penedo\/\" target=\"_blank\"> O Penedo<\/a><\/p>\n<p><em><strong><a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=157327\" target=\"_blank\">Ruta dos castros de Vigo<\/a><\/strong><\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un Monumento Nacional no desleixo No ano 1975 o Bolet\u00edn Oficial do Estado publica a declaraci\u00f3n do complexo castrexo de San Lourenzo e O Penedo como Monumento Nacional. Que un castro vigu\u00e9s desco\u00f1ecido para a inmensa maior\u00eda da poboaci\u00f3n sexa un Monumento Nacional chama moito a atenci\u00f3n; mais cales son os m\u00e9ritos que o fixeron [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[4,35],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1710"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1710"}],"version-history":[{"count":53,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1710\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2276,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1710\/revisions\/2276"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1710"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1710"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1710"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}