{"id":1688,"date":"2013-03-10T12:59:10","date_gmt":"2013-03-10T12:59:10","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1688"},"modified":"2015-11-16T09:35:05","modified_gmt":"2015-11-16T09:35:05","slug":"cruceiro-da-fontaina-coruxo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1688","title":{"rendered":"Cruceiro da Fonta\u00ed\u00f1a (Coruxo)"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-buzk0ym0M2c\/UTt-FVT9mmI\/AAAAAAAAQAU\/iPcrIq_YG2c\/s563\/100B3461.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"cruz\" src=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-buzk0ym0M2c\/UTt-FVT9mmI\/AAAAAAAAQAU\/iPcrIq_YG2c\/s563\/100B3461.JPG\" alt=\"\" width=\"406\" height=\"305\" \/><\/a>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>(<a href=\"https:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?msid=208535544872203240432.0004469c9d6b6dc27059b&amp;msa=0&amp;ll=42.200708,-8.785039&amp;spn=0.002074,0.003347\" target=\"_blank\"><strong>Ver en Google Maps<\/strong><\/a>)<\/p>\n<p>Este singular cruceiro at\u00f3pase sobre a praia da Fonta\u00ed\u00f1a, tam\u00e9n denominada areal da Sere\u00ed\u00f1a, na parroquia de Coruxo.<\/p>\n<p>A s\u00faa situaci\u00f3n sobre o mar nunha paraxe de especial beleza entre Samil e o Vao, xunto coa s\u00faa especial fasqu\u00eda, fan deste cruceiro un dos m\u00e1is atractivos e interesantes que temos en Vigo.<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p>A singularidade deste cruceiro v\u00e9n marcada pola tipolox\u00eda \u00e1 que se poder\u00eda adscribir: os <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cruceiro_de_capela\" target=\"_blank\">Cruceiros de Capela<\/a>.<\/p>\n<p>Este tipo de cruceiros son propios, maioritariamente, da zona da Barbanza con alg\u00fans exemplares que podemos atopar por<a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/29519\/2012\/11\/cruceiro-de-augasantas\/\" target=\"_blank\"> terras de Rois<\/a> ou mesmo ata o <a href=\"http:\/\/anuariobrigantino.betanzos.net\/Ab2001PDF\/2001%20449_454.pdf\" target=\"_blank\">concello de Dodro<\/a>.<\/p>\n<p>Mais puntualizamos que se poder\u00edan adscribir a esta tipolox\u00eda porque non chega a presentar as caracter\u00edstica que os definen como tales, xa que o capitel que sost\u00e9n a cruz non ten forma de capela, a\u00ednda que a primeira vista se lle puidese asemellar.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-uSmLZ7nMCYU\/UTt-EjfR5NI\/AAAAAAAAP_E\/hqImHFKXU2U\/s563\/100B3420.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"cruz\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-uSmLZ7nMCYU\/UTt-EjfR5NI\/AAAAAAAAP_E\/hqImHFKXU2U\/s563\/100B3420.JPG\" alt=\"\" width=\"450\" height=\"338\" \/><\/a>F\u00e1ltalle a abertura frontal que albergar\u00eda no seu interior a imaxe mariana correspondente: unha <a href=\"http:\/\/www.flickr.com\/photos\/certo\/6053083828\/in\/photostream\/\" target=\"_blank\">Virxe co meni\u00f1o<\/a> no colo, unha <a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/25442\/2012\/09\/cruceiro-dos-miragres-en-barona\/\" target=\"_blank\">Milagreira<\/a>, unha <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ficheiro:Cruceiro_con_capela,_Cabr%C3%A1is,_Ribasieira,_Porto_do_Son.jpg\" target=\"_blank\">Inmaculada <\/a>ou unha Dolorosa; a\u00ednda que a m\u00e1is representativa e habitual ser\u00eda a <a href=\"http:\/\/amado-amadoblog.blogspot.com.es\/2011\/08\/cruceiros-de-loreto.html\" target=\"_blank\">Virxe de Loreto<\/a> (que lles d\u00e1 a denominaci\u00f3n tam\u00e9n de <em>Cruceiros de Loreto<\/em>).<\/p>\n<p>Hai outras caracter\u00edsticas que tam\u00e9n o apartan desta tipolox\u00eda e que a continuaci\u00f3n describiremos.<\/p>\n<h4>Base<\/h4>\n<p>Ten forma cuadrangular cun chanzo, sobre o que se disp\u00f3n un pedestal c\u00fabico sen ornamentaci\u00f3n nin inscrici\u00f3ns. Est\u00e1 biselado ao longo da contorna do bordo superior.<\/p>\n<h4>Fuste<\/h4>\n<p>Na tipolox\u00eda dos cruceiros de capela, outra caracter\u00edstica que os define \u00e9 o <a href=\"http:\/\/xoanarcodavella.blogspot.com.es\/2012_11_01_archive.html\" target=\"_blank\">fuste voluminoso<\/a> que presentan, a modo de groso piar e de pouca altura en moitos casos.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-nyy1Xcls4uo\/UTt-TF6h43I\/AAAAAAAAP_o\/MIxHZdBfUMY\/s750\/100B3300.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"cruz\" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-nyy1Xcls4uo\/UTt-TF6h43I\/AAAAAAAAP_o\/MIxHZdBfUMY\/s750\/100B3300.JPG\" alt=\"\" width=\"236\" height=\"315\" \/><\/a>Neste exemplar o fuste \u00e9 semellante ao de calquera outro cruceiro tradicional. Presenta unha forma cuadrangular, achafranado nos catro cantos a partir de media altura do varal.<\/p>\n<p>Na parte baixa do fuste, a\u00ednda non achafranado, atopamos unha representaci\u00f3n p\u00e9trea de fornela con remate superior abovedado. Dentro desta fornela insc\u00falpese o relevo do Crucificado.<\/p>\n<p>Sobre esta fornela aparecen outras d\u00faas representaci\u00f3ns escult\u00f3ricas: a primeira \u00e9 un franciscano e, sobre ela, unha figura dunha relixiosa.<\/p>\n<h4>Capitel<\/h4>\n<p>O capitel normal dos cruceiros tradicionais aparece substitu\u00eddo nos cruceiros de capela por un fornelo a modo de capela dentro do que se sit\u00faa a figura mariana \u00e1 que aludiamos m\u00e1is arriba.<\/p>\n<p>O exterior pode estar exento de decoraci\u00f3n ou presentar as tres caras con figuras ou escenas relixiosas.<\/p>\n<p>Neste exemplar que nos ocupa decat\u00e1monos da semellanza con esa fasqu\u00eda, mais carece da principal caracter\u00edstica que \u00e9 o fornelo dentro do que estar\u00eda a figura mariana.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-AlTPeM-S3Lw\/UTt99IwDPyI\/AAAAAAAAP-o\/ZUvKvC9eDuU\/s563\/100B3352.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"cruz\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-AlTPeM-S3Lw\/UTt99IwDPyI\/AAAAAAAAP-o\/ZUvKvC9eDuU\/s563\/100B3352.JPG\" alt=\"\" width=\"338\" height=\"253\" \/><\/a>Este capitel vai sobre un pedestal con querub\u00edns en cadans\u00faa cara lateral. Esta representaci\u00f3n figurativa \u00e9 frecuente nos cruceiros de capela da Barbanza e tam\u00e9n se pode ver no outro cruceiro destas caracter\u00edsticas que existe en Vigo, o <a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1500\" target=\"_blank\"><strong>cruceiro de capela das Travesas<\/strong><\/a>, que reproduce todas as caracter\u00edsticas propias destes cruceiros.<\/p>\n<p>O capitel presenta as catro caras historiadas nas que est\u00e1n insculpidas as seguintes figuras: na cara frontal unha figura de Santiago Ap\u00f3stolo (habitual tam\u00e9n nos aut\u00e9nticos cruceiros de capela); unha escena da Paix\u00f3n con Xes\u00fas portando a cruz; unha figura franciscana novamente; e finalmente unha representaci\u00f3n ecuestre exenta doutras identificaci\u00f3ns, que quizais puidese representar a Santiago Matamouros.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-6HOsTp_lwwY\/UTt9nqzqGQI\/AAAAAAAAP88\/Jc15kYQXHeU\/s563\/100_3173.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"cruz\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-6HOsTp_lwwY\/UTt9nqzqGQI\/AAAAAAAAP88\/Jc15kYQXHeU\/s563\/100_3173.JPG\" alt=\"\" width=\"338\" height=\"253\" \/><\/a>No cruceiro das Travesas tam\u00e9n coinciden as insculturas do monxe <a href=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-hqw2pNRGT0s\/UCRlAPDtlJI\/AAAAAAAAPKI\/nrLjt_3uT_I\/s886\/100_2093.JPG\" target=\"_blank\">franciscano<\/a>, da escena da <a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-DFZXTd3g644\/UCRlfjYlj2I\/AAAAAAAAPMg\/RGVNPF9GYrU\/s886\/100B2310.JPG\" target=\"_blank\">Paix\u00f3n <\/a>e, m\u00e1is claramente, a representaci\u00f3n de<a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-TT38Gmixs-0\/UCRlbSw0zLI\/AAAAAAAAPMI\/mzczZBN3S6A\/s1073\/100B2250.JPG\" target=\"_blank\"> Santiago Matamouros<\/a> co seu cabalo, espada e estandarte esmagando os inimigos da cristiandade.<\/p>\n<p>A parte superior deste capitel ten forma abovedada, o que lle proporciona unha maior semellanza a unha forma de capela, tam\u00e9n habitual nos cruceiros da Barbanza.<\/p>\n<h4>A Cruz<\/h4>\n<p>Sobre o capitel vai directamente a Cruz. Ten unha fasqu\u00eda semellante \u00e1 do varal: cuadrangular cos cantos achafranados.<\/p>\n<p>Consta das tradicionais figuras do Crucificado na cara anterior, e a Virxe co Neno no colo na posterior.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-FYkcTM1jL7I\/UTt9wL_sW4I\/AAAAAAAAQAg\/6pAAyN-xH1A\/s563\/100_3187.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"cruz\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-FYkcTM1jL7I\/UTt9wL_sW4I\/AAAAAAAAQAg\/6pAAyN-xH1A\/s563\/100_3187.JPG\" alt=\"\" width=\"450\" height=\"338\" \/><\/a>Non \u00e9 normal atopar a cara posterior da Cruz con esta representaci\u00f3n da Virxe co Neno; normalmente atopamos unha escena da Paix\u00f3n con Cristo xacente sobre a s\u00faa Nai, ou unha senlleira figura mariana.<\/p>\n<p>Mais resulta curioso a coincidencia desta escena coa que aparece nalg\u00fans casos nos cruceiros de Capela da Barbanza dentro da fornela. \u00c9 coma se aqu\u00ed se representase esa mesma figuraci\u00f3n na parte posterior da Cruz, xa que o capitel foi esculpido sen a correspondente fornela.<\/p>\n<p>A imaxe do Crucificado est\u00e1 sostida con tres cravos e presenta unha dram\u00e1tica contorsi\u00f3n con Cristo xa morto e a cabeza ca\u00edda sobre o peito. Presenta unha fermosa elaboraci\u00f3n sobresa\u00ednte da pedra base da cruz.<\/p>\n<p>A escena da Virxe co Neno no colo est\u00e1 m\u00e1is desgastada ca a do Crucificado por estar cara ao mar e recibir directamente as inclemencias meteorol\u00f3xicas. Esta figura est\u00e1 de p\u00e9, sostendo o Neno no brazo esquerdo e vai cuberta de manto e roupaxes.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-2Yp5UGIeXd8\/UTt9yc73SdI\/AAAAAAAAP94\/fLfA0878c3c\/s563\/100B3241.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"cruz\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-2Yp5UGIeXd8\/UTt9yc73SdI\/AAAAAAAAP94\/fLfA0878c3c\/s563\/100B3241.JPG\" alt=\"\" width=\"450\" height=\"338\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/h3>\n<p>A \u00fanica consideraci\u00f3n a este respecto \u00e9 o desgaste que est\u00e1 sufrindo a cara posterior do cruceiro debido \u00e1 acci\u00f3n das inclemencias que chegan da banda do mar. A figura da Virxe que est\u00e1 representada na Cruz manifesta claramente esta agresi\u00f3n clim\u00e1tica.<\/p>\n<p>Polo demais, o resto do cruceiro cons\u00e9rvase en boas condici\u00f3ns.<\/p>\n<h3>Valoraci\u00f3n final<\/h3>\n<p>S\u00f3 temos en Vigo dous cruceiros que, modernamente, reflicten unha semellanza cos hist\u00f3ricos <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cruceiro_de_capela\" target=\"_blank\">Cruceiros de Capela ou de Loreto<\/a> da Barbanza. Este en particular recolle alg\u00fans elementos que o achegan a esa tipolox\u00eda tanto na forma coma na figuraci\u00f3n, mais, como vemos no presente traballo, presenta tam\u00e9n outros detalles curiosos que o distinguen claramente daqueles modelos.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-SUXgbtmaU6U\/UTt-GLHouMI\/AAAAAAAAP_Q\/9QOfbRNHip0\/s943\/100B3490.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"cruz\" src=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-SUXgbtmaU6U\/UTt-GLHouMI\/AAAAAAAAP_Q\/9QOfbRNHip0\/s943\/100B3490.JPG\" alt=\"\" width=\"453\" height=\"339\" \/><\/a>Esta variedade escult\u00f3rica moderna dos nosos cruceiros tradicionais enriquece as expresi\u00f3ns que son propias da nosa zona xeogr\u00e1fica e engade unha nova visi\u00f3n e interpretaci\u00f3n da nosa arte popular, conect\u00e1ndonos dende o sur das R\u00edas Baixas con outros lugares da nosa xeograf\u00eda que te\u00f1en as s\u00faas formas de expresi\u00f3n art\u00edstica e que nola achegan deste xeito.<\/p>\n<p>\u00c9 unha m\u00e1goa que non haxa ao car\u00f3n deste cruceiro un cartel informativo que nos indique todas estas caracter\u00edsticas que nos unen e distinguen ao mesmo tempo.<\/p>\n<h3>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<p><a href=\"https:\/\/plus.google.com\/u\/0\/photos\/107741656264330036429\/albums\/5853398131616840433\" target=\"_blank\"><strong>Galer\u00eda de imaxes<\/strong><\/a><\/p>\n<p>Galipedia, \u201c<a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cruceiro_de_capela\" target=\"_blank\">Cruceiro de Capela<\/a>\u201d<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n (Ver en Google Maps) Este singular cruceiro at\u00f3pase sobre a praia da Fonta\u00ed\u00f1a, tam\u00e9n denominada areal da Sere\u00ed\u00f1a, na parroquia de Coruxo. A s\u00faa situaci\u00f3n sobre o mar nunha paraxe de especial beleza entre Samil e o Vao, xunto coa s\u00faa especial fasqu\u00eda, fan deste cruceiro un dos m\u00e1is atractivos e interesantes que temos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[35,5],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1688"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1688"}],"version-history":[{"count":17,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1688\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1706,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1688\/revisions\/1706"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1688"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1688"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1688"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}