{"id":1616,"date":"2013-03-06T15:05:14","date_gmt":"2013-03-06T15:05:14","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1616"},"modified":"2015-11-16T09:34:37","modified_gmt":"2015-11-16T09:34:37","slug":"igrexa-de-bouzas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1616","title":{"rendered":"Igrexa de Bouzas"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: right;\">Imaxes :<a href=\"http:\/\/www.vigoenfotos.com\/ig_bouzas_1.html\" target=\"_blank\"> <strong>Javier Albertos<\/strong><\/a><\/p>\n<h3><a href=\"http:\/\/www.vigoenfotos.com\/ig_bouzas_1.html\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-1647\" title=\"g_vigoenfotos_2938c\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_2938c.jpg\" alt=\"\" width=\"380\" height=\"507\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_2938c.jpg 487w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_2938c-224x300.jpg 224w\" sizes=\"(max-width: 380px) 100vw, 380px\" \/><\/a>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Na vila de Bouzas de Vigo, \u00e1 beira do mar, ao car\u00f3n da praia e o paseo mar\u00edtimo, est\u00e1 situada esta emblem\u00e1tica igrexa, baixo a advocaci\u00f3n de san Miguel.\u00a0 Foi levantada sobre unha base rochosa que formaba un promontorio rodeado polo propio mar ata comezos do s\u00e9culo XX.<\/p>\n<p>(<a href=\"https:\/\/maps.google.com\/maps\/ms?msid=208535544872203240432.0004469c9d6b6dc27059b&amp;msa=0&amp;ll=42.226245,-8.753164&amp;spn=0.00371,0.004334\" target=\"_blank\"><strong>Ver en Google Maps<\/strong><\/a>)<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p>A igrexa actual, logo das diferentes reedificaci\u00f3ns e engadidos, presenta unha base principal rectangular rematada nunha cabeceira con \u00e1bsida semicircular.<\/p>\n<p>A igrexa de Bouzas tivo un precedente medieval que por necesidades de ampliaci\u00f3n foi reconstru\u00edda no s\u00e9culo XVI. Esta obra tivo lugar en 1596 baixo o mandado do capit\u00e1n de Bouzas \u00c1lvaro Correa. Nesta reconstruci\u00f3n ser\u00eda cando se levantar\u00eda a actual \u00e1bsida, a porta da fachada sur e a sancrist\u00eda.<\/p>\n<p>Posteriormente, en 1697 foi reedificada novamente. No interior da igrexa podemos ver un medall\u00f3n no que se menciona esta reconstruci\u00f3n baixo a autor\u00eda de Manuel Troncoso de Ojea e a s\u00faa irm\u00e1 Isabel.<\/p>\n<h4><a href=\"http:\/\/www.vigoenfotos.com\/ig_bouzas_1.html\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-1642\" title=\"g_vigoenfotos_2892c\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_2892c.jpg\" alt=\"\" width=\"390\" height=\"520\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_2892c.jpg 487w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_2892c-224x300.jpg 224w\" sizes=\"(max-width: 390px) 100vw, 390px\" \/><\/a>Cabeceira<\/h4>\n<p>A \u00e1bsida da cabeceira ten forma semicircular e foi levantada na reedificaci\u00f3n de finais do XVI.<\/p>\n<p>Presenta d\u00faas xanelas; delas, na actualidade unha soa d\u00e1 entrada de luz exterior no lateral sur; a outra quedou incorporada pola ampliaci\u00f3n da sancrist\u00eda.<\/p>\n<p>Acaroada ao lateral norte da \u00e1bsida levantouse en 1778 a sancrist\u00eda con d\u00faas xanelas rectangulares e porta de entrada ao leste por esta mesma zona da cabeceira. Esta sancrist\u00eda foi resultado da ampliaci\u00f3n doutra moito m\u00e1is reducida do s\u00e9culo anterior que exist\u00eda no mesmo lugar.<\/p>\n<p>Sobre as ca\u00eddas dos tellado a d\u00faas augas \u00e9rguense cadanseu pin\u00e1culo decorativos con motivos de b\u00f3las superpostas. O pinche desta sancrist\u00eda est\u00e1 coroado por unha cruz simple.<\/p>\n<h4><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/100_9726.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-large wp-image-1669\" title=\"100_9726\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/100_9726-1023x768.jpg\" alt=\"\" width=\"473\" height=\"355\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/100_9726-1023x768.jpg 1023w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/100_9726-300x225.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 473px) 100vw, 473px\" \/><\/a>Fachada norte<\/h4>\n<p>A fachada norte est\u00e1 formada por unha continuidade varios corpos volum\u00e9tricos que se van superpo\u00f1endo gradualmente. A parede da nave principal, reforzada cun contraforte e no que se abre un estreito, vai continuado por un primeiro volume sobresa\u00ednte con tellado a unha auga, no que se abre unha xanela cuadrangular a occidente pertencente \u00e1 capela DA Virxe do Carme, da que sabemos que xa estaba constru\u00edda en 1778.<\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n, sobresa\u00edndo con respecto ao anterior, \u00e9rguese outro corpo construtivo pertencente \u00e1 capela de san Antonio, cunha xanela cuadrangular a occidente e outra no interior ao leste; no exterior conta con d\u00faas g\u00e1rgolas cil\u00edndricas nos seus extremos, correspondentes \u00e1s d\u00faas vertentes de augas do tellado. Foi constru\u00edda en 1675 e o retablo pertence ao ano 1760.<\/p>\n<p>Seguidamente lev\u00e1ntase un terceiro corpo construtivo m\u00e1is elevado ca os dous anteriores, con forma marcadamente cuadrangular, sen tellado, rematado por unha cornixa p\u00e9trea perim\u00e9trica, sobre a que se ergue todo en volta un muro p\u00e9treo ornamentado nas catro esquinas por pequenas columnas coroadas por pin\u00e1culos piramidais rematados en cadans\u00faa b\u00f3la. Cada un dos cantos desta construci\u00f3n presenta unha g\u00e1rgola cil\u00edndrica con remate ornamentado. No seu interior enc\u00f3ntrase a capela dedicada \u00e1 Virxe do Rosario. Foi constru\u00edda en 1596 e reedificada en 1697, seguida dunha ampliaci\u00f3n en 1800 para o Bon Xes\u00fas.<a href=\"http:\/\/alfesculturasymonumentos.blogspot.com.es\/2012\/02\/iglesia-san-miguel-de-bouzas.html\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-1670\" title=\"EScudo\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/EScudo-207x300.jpg\" alt=\"\" width=\"207\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/EScudo-207x300.jpg 207w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/EScudo.jpg 295w\" sizes=\"(max-width: 207px) 100vw, 207px\" \/><\/a><\/p>\n<p>Nesta fachada tam\u00e9n podemos atopar o escudo de armas das familias Pe\u00f1a e Correa. Este escudo est\u00e1 pola parte exterior da capela do Rosario, pertencente \u00e1 reedificaci\u00f3n ordenada polo capit\u00e1n Correa.<\/p>\n<p>O escudo de armas deste militar foi adoptado pola propia vila de Bouzas a ra\u00edz da defensa que don \u00c1lvaro capitaneou ante unha incursi\u00f3n do pirata Drake.<\/p>\n<h4><span style=\"font-size: 1em;\">Fachada occidental<\/span><\/h4>\n<p>Os elementos que m\u00e1is destacan a primeira vista son o impo\u00f1ente campanario e o front\u00f3n superior da porta occidental.<\/p>\n<h4><a href=\"http:\/\/www.vigoenfotos.com\/ig_bouzas_1.html\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-1641\" title=\"g_vigoenfotos_0088f\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_0088f.jpg\" alt=\"\" width=\"433\" height=\"650\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_0088f.jpg 433w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_0088f-199x300.jpg 199w\" sizes=\"(max-width: 433px) 100vw, 433px\" \/><\/a>Campanario<\/h4>\n<p>O campanario est\u00e1 situado nun lateral, como corpo independente. Ata ben entrado o s\u00e9culo XX contaba cun reloxo. Presenta unha estrutura cuadrangular\u00a0 que se eleva en tres tramos decrecendo na s\u00faa anchura. O primeiro tramo chega ata case a altura da cornixa da nave central e s\u00f3 presenta unha pequena abertura estreita de luz na parte superior da parede sur. O segundo tramo \u00e9 o m\u00e1is curto e remata nunha cornixa perim\u00e9trica con molduras boceladas sobre a que se ergue o campanario. O terceiro tramo \u00e9 o que cont\u00e9n a parte alta do campanario cos seus caracter\u00edsticos elementos. Este campanario cuadrangular est\u00e1 aberto \u00a0polas s\u00faas catro fachadas con cadanseu arco de medio punto onde se aloxan as camp\u00e1s. Cada arco vai cerrado na s\u00faa parte inferior cunha varanda e bala\u00fastres de pedra.<\/p>\n<p>Neste terceiro tramo tam\u00e9n chama an atenci\u00f3n ornamental catro fileiras decorativas de molduras boceladas todo en volta da torre, espalladas entre a parte inferior deste tramo ata a parte superior da torre. O remate superior est\u00e1 formado por unha varanda p\u00e9trea rodeando todo o cumio do campanario decorada con catro pin\u00e1culos nos recantos.<\/p>\n<h4>Porta occidental<\/h4>\n<p>Estamos ante unha porta con arco de medio punto enmarcada cun alfiz ao seu redor. As arquivoltas ap\u00f3ianse sobre d\u00faas bases decoradas con motivos cil\u00edndricos.<\/p>\n<p>O van da porta aparece sen t\u00edmpano baixo o arco. Por encima da porta discorre unha cornixa sobre a que se sit\u00faa o front\u00f3n.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.vigoenfotos.com\/ig_bouzas_1.html\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-1646\" title=\"g_vigoenfotos_2918c\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_2918c.jpg\" alt=\"\" width=\"292\" height=\"390\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_2918c.jpg 487w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_2918c-224x300.jpg 224w\" sizes=\"(max-width: 292px) 100vw, 292px\" \/><\/a>O front\u00f3n \u00e9 triangular, con resalte superior. Sobre o front\u00f3n el\u00e9vanse tres pin\u00e1culos ornamentais. No t\u00edmpano do front\u00f3n aparece unha figura en pedra.<\/p>\n<p>Sobre o front\u00f3n \u00e1brese un \u00f3culo redondo coa mesma ornamentaci\u00f3n lobulada existente na porta. No seu interior unha composici\u00f3n de vidreira enmarcada por unha forma cruciforme. Podemos apreciar unha continuidade est\u00e9tica entre este \u00f3culo e o arco da propia porta, tanto pola ornamentaci\u00f3n referida coma pola forma redonda de ambos.<\/p>\n<p>Esta fachada remata na parte superior cun pinche coroado por unha cruz de catro brazos iguais con circo central.<\/p>\n<h4>Fachada sur<\/h4>\n<p><a href=\"http:\/\/www.vigoenfotos.com\/ig_bouzas_1.html\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-full wp-image-1644 alignleft\" title=\"g_vigoenfotos_2904c\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_2904c.jpg\" alt=\"\" width=\"520\" height=\"390\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_2904c.jpg 650w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_2904c-300x224.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 520px) 100vw, 520px\" \/><\/a>Nesta fachada rep\u00edtense algunhas das estruturas que xa describimos na zona norte. O percorrido \u00a0central presenta unha continuidade de dous corpos volum\u00e9tricos superpostos gradualmente cara \u00e1 cabeceira da igrexa. A parede principal da fachada cont\u00e9n tres contrafortes e a porta sur desta igrexa.<\/p>\n<p>O primeiro corpo est\u00e1 exento de decoraci\u00f3n e s\u00f3 presenta unha fachinelo vertical no centro. Corresp\u00f3ndese coa capela dedicada a san Xo\u00e1n. Foi constru\u00edda en 1674.<\/p>\n<p>O segundo corpo, apegado \u00e1 cabeceira, ten como \u00fanica decoraci\u00f3n un pequeno arco cego no cetro que acolle na actualidade un farol de iluminaci\u00f3n do adro. Na parede leste deste corpo \u00e1brese unha xanela enreixada. \u00c9 a entrada de luz para a capela interior dedicada na actualidade \u00e1 Inmaculada e que foi constru\u00edda en 1589.<\/p>\n<h4><a href=\"http:\/\/www.vigoenfotos.com\/ig_bouzas_1.html\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-1651\" title=\"g_vigoenfotos_8519f\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_8519f.jpg\" alt=\"\" width=\"390\" height=\"260\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_8519f.jpg 650w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_8519f-300x199.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 390px) 100vw, 390px\" \/><\/a>Porta sur<\/h4>\n<p>A entrada desta fachada ten unha forma semellante no b\u00e1sico \u00e1 porta occidental, sacado que lle falta toda a ornamentaci\u00f3n clasicista na que esta vai enmarcada.<\/p>\n<p>Presenta un arco de medio punto cunha arquivolta trilobulada que se apoia sobre dos pares de bases cil\u00edndricos con ornamentaci\u00f3n de tres aretes p\u00e9treos. Envolvendo o arco vai unha decoraci\u00f3n a modo de chambrana lisa.<\/p>\n<p>Sobre a porta podemos ver un nicho coa imaxe de san Miguel vitorioso na loita contra o demo, ao que esmaga baixo os seus p\u00e9s. A figura do santo est\u00e1 policromada e representado con alas, vestido de armadura completa, con capa, escudo e espada.<\/p>\n<p>A figura do demo aparece baixo os seus p\u00e9s encollido, espido e coa t\u00edpica caracterizaci\u00f3n de cornos e rostro diab\u00f3lico.<\/p>\n<h4>Interior<\/h4>\n<p>O interior d\u00e1 cabida a unha ampla nave con arcos apuntados, rematados no testeiro con arco de medio punto.<\/p>\n<p>Unha das composici\u00f3ns escult\u00f3ricas m\u00e1is interesantes que podemos atopar paseando polo seu interior \u00e9 a escena do paso procesional que representa a pesca milagrosa, con Xes\u00fas andando sobre as augas ao car\u00f3n da barca na que pescan os seus disc\u00edpulos.<\/p>\n<h4><a href=\"http:\/\/www.vigoenfotos.com\/imagenes\/iglesias\/bouzas\/\/g_vigoenfotos_9610f.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-1638\" title=\"g_vigoenfotos_9610f\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_9610f1.jpg\" alt=\"\" width=\"507\" height=\"338\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_9610f1.jpg 650w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_9610f1-300x199.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 507px) 100vw, 507px\" \/><\/a>Cabeceira<\/h4>\n<p>Baixo una arco de medio punto e unha b\u00f3veda de can\u00f3n, a \u00e1bsida semicircular acolle a figura do Cristo do Aflixidos.<\/p>\n<h4>Parede sur<\/h4>\n<p>Vemos en primeiro lugar a capela dedicada a san Xo\u00e1n erixida en 1674, coa imaxe correspondente. A partir de 1878 tam\u00e9n se acolle a devoci\u00f3n a san Xos\u00e9.<\/p>\n<p>A seguinte capela, de 1589, est\u00e1 dedicada na actualidade \u00e1 Inmaculada, inda que inicialmente foi dedicada a san Telmo.<\/p>\n<h4>Parede norte<\/h4>\n<p>Cont\u00e9n tres capelas. A primeira, est\u00e1 dedicada \u00e1 Virxe do Carme.<a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Virxe-do-Carme.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-1655\" title=\"Virxe do Carme\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Virxe-do-Carme.jpg\" alt=\"\" width=\"455\" height=\"303\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Virxe-do-Carme.jpg 650w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Virxe-do-Carme-300x199.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 455px) 100vw, 455px\" \/><\/a><\/p>\n<p>A segunda capela foi edificada en 1675 e foi dedicada a santo Antonio. O retablo \u00e9 do ano 1760.<\/p>\n<p>A terceira capela, edificada en 1596, est\u00e1 dedicada \u00e1 Virxe do Rosario, inda que tam\u00e9n nunha ampliaci\u00f3n posterior, en 1800, deu cabida ao culto ao Bon Xes\u00fas.<\/p>\n<h4>Adro<\/h4>\n<p>O adro est\u00e1 completamente empedrado e rodeado na parte exterior por un muro baixo.<\/p>\n<p>Neste adro salienta a solemne fasqu\u00eda dunha inmorredoira oliveira \u00e1 que se lle atrib\u00faen m\u00e1is de catro s\u00e9culos de antig\u00fcidade.<\/p>\n<p>Sobre o adro tam\u00e9n encontramos a casa reitoral, un edificio constru\u00eddo en 1946.<\/p>\n<h3>Etnograf\u00eda<\/h3>\n<p>Ao redor de todas as historias que se foron creando verbo desta igrexa e a s\u00faa influencia no imaxinario popular da vila, existe unha fermosa lenda titulada<a href=\"http:\/\/www.viladebouzas.com\/index.php?option=com_content&amp;task=view&amp;id=44&amp;Itemid=55\" target=\"_blank\"> O Cabaleiro da Cunchas<\/a> que podemos ler na web da Confrar\u00eda do Sant\u00edsimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas.<\/p>\n<h3><a href=\"http:\/\/www.vigoenfotos.com\/ig_bouzas_2.html\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-1650\" title=\"g_vigoenfotos_7287f\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_7287f.jpg\" alt=\"\" width=\"455\" height=\"303\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_7287f.jpg 650w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/g_vigoenfotos_7287f-300x199.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 455px) 100vw, 455px\" \/><\/a>Valoraci\u00f3n final<\/h3>\n<p>A evoluci\u00f3n hist\u00f3rica e arquitect\u00f3nica deste edificio vai parella coa evoluci\u00f3n hist\u00f3rica da propia vila de Bouzas, xa que nesta igrexa quedaron reflectidos os testemu\u00f1os dos principais acontecementos e personaxes que marcaron o decorrer da vida das s\u00faas xentes.<\/p>\n<p>Xa que logo, \u00e9 unha m\u00e1goa que no haxa paneis informativos que nos gu\u00eden neste co\u00f1ecemento ao redor do edificio e no seu interior.<\/p>\n<p>Sobre todo se consideramos o lugar emblem\u00e1tico e estrat\u00e9xico que ocupa na vila, e \u00e1 redor da que se desenvolven os principais actos relixiosos e sociais de Bouzas, como son a Procesi\u00f3n anual do Sant\u00edsimo Cristo dos Aflixidos , as feiras populares y os reco\u00f1ecidos fogos artificiais que se celebran no ver\u00e1n.<\/p>\n<h3>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Imaxes do interior da igrexa: <a href=\"http:\/\/www.vigoenfotos.com\/\" target=\"_blank\">Javier Albertos, <em>Vigoenfotos<\/em><\/a>.<\/p>\n<p>Confrar\u00eda do Sant\u00edsimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas, \u201c<a href=\"http:\/\/www.viladebouzas.com\/index.php?option=com_content&amp;task=view&amp;id=12&amp;Itemid=26\" target=\"_blank\">Un paseo por Bouzas<\/a>\u201d, en <em>Vila de Bouzas<\/em>.<\/p>\n<p>Alfredo Campos, \u201c<a href=\"http:\/\/alfesculturasymonumentos.blogspot.com.es\/2012\/02\/iglesia-san-miguel-de-bouzas.html\" target=\"_blank\">Iglesia de San Miguel de Bouzas<\/a>\u201d, en <em>Alfredo esculturas y monumentos<\/em>.<\/p>\n<p>Concello de Vigo, <a href=\"http:\/\/hoxe.vigo.org\/conecenos\/pr_bouzas.php?lang=cas\" target=\"_blank\">parroquias<\/a>.<\/p>\n<p>Mar\u00eda Dolores Ru\u00edz Gestoso, <a href=\"http:\/\/www.viladebouzas.com\/documentos\/cabaleiro.pdf\" target=\"_blank\"><em>Cabaleiro das Cunchas. Cabaleiro de Bouzas<\/em><\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Imaxes : Javier Albertos Localizaci\u00f3n Na vila de Bouzas de Vigo, \u00e1 beira do mar, ao car\u00f3n da praia e o paseo mar\u00edtimo, est\u00e1 situada esta emblem\u00e1tica igrexa, baixo a advocaci\u00f3n de san Miguel.\u00a0 Foi levantada sobre unha base rochosa que formaba un promontorio rodeado polo propio mar ata comezos do s\u00e9culo XX. (Ver en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[27,7],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1616"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1616"}],"version-history":[{"count":45,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1616\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1678,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1616\/revisions\/1678"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1616"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1616"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1616"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}