{"id":1595,"date":"2012-10-12T20:35:05","date_gmt":"2012-10-12T20:35:05","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1595"},"modified":"2015-11-16T09:35:06","modified_gmt":"2015-11-16T09:35:06","slug":"muino-de-soloeido-de-abaixo-zamans","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1595","title":{"rendered":"Mu\u00ed\u00f1o de Soloeido de Abaixo (Zam\u00e1ns)"},"content":{"rendered":"<h3>Localizaci\u00f3n<a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-dslZ-B42LE0\/UHhyoqXRhuI\/AAAAAAAAPh0\/iIaZ6AeqK9g\/s846\/100_3066.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-dslZ-B42LE0\/UHhyoqXRhuI\/AAAAAAAAPh0\/iIaZ6AeqK9g\/s846\/100_3066.JPG\" alt=\"\" width=\"508\" height=\"380\" \/><\/a><\/h3>\n<p>(<strong><a href=\"https:\/\/www.google.es\/maps\/ms?msid=208535544872203240432.0004469c9d6b6dc27059b&amp;msa=0&amp;ll=42.158106,-8.691874&amp;spn=0.001337,0.001371\" target=\"_blank\">Ver en Google Maps<\/a><\/strong>)<\/p>\n<p>Este \u00e9 o quinto mu\u00ed\u00f1o que pecha o conxunto etnogr\u00e1fico restaurado de Zam\u00e1ns. Est\u00e1 situado no fondal dun prado, a continuaci\u00f3n dos catro anteriores, por onde discorre o r\u00edo Vilaza pouco antes de embocar as s\u00faas augas no encoro de Zam\u00e1ns.<\/p>\n<p>Para chegar a este lugar podedes dirixirvos ao campo da feira da parroquia, ao lado da igrexa de Zam\u00e1ns, e descender pola estrada de Vilaverde. A menos dun quil\u00f3metro veredes o r\u00edo. Baixades pola s\u00faa beira e estaredes nun prado recuperado con plantaci\u00f3n de acivros e o primeiro dos mu\u00ed\u00f1os.<\/p>\n<p>Seguindo o curso descendente do r\u00edo est\u00e1n os cinco mu\u00ed\u00f1os formando un conxunto etnogr\u00e1fico de especial beleza, tanto pola contorna en que se atopan coma pola fermosa restauraci\u00f3n a que foron sometidos por parte da Comunidade de Montes de Zam\u00e1ns.<\/p>\n<p>Forma parte da\u00a0<a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=2054887\" target=\"_blank\">Ruta de conxuntos etnogr\u00e1ficos de mu\u00ed\u00f1os de Vigo<\/a>, que podedes descargar no voso navegador GPS.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-cMEEx7spaYA\/UHhzApluipI\/AAAAAAAAPjk\/obbyoq04jLk\/s846\/100_3103.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-cMEEx7spaYA\/UHhzApluipI\/AAAAAAAAPjk\/obbyoq04jLk\/s846\/100_3103.JPG\" alt=\"\" width=\"508\" height=\"380\" \/><\/a>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p><strong>Situaci\u00f3n<\/strong>: Este quinto mu\u00ed\u00f1o, en orde descendente pola beira do r\u00edo de Vilaza, est\u00e1 situado na marxe dereita da corrente, moi pr\u00f3ximo \u00e1 auga e rodeado de amieiros e salgueiros.<\/p>\n<p><strong>Tipolox\u00eda<\/strong>: \u00e9 un mu\u00ed\u00f1o de cubo cunha soa m\u00f3.<\/p>\n<p>Levada: a levada cons\u00e9rvase en bo estado e prov\u00e9n directamente do cuarto mu\u00ed\u00f1o deste conxunto; de feito a auga vai dun mu\u00ed\u00f1o ao outro durante todo o percorrido. Nestes \u00faltimos metros \u00e1lzase sobre a pendente do terreo reforzada por s\u00f3lidos soportes laterais de cachotar\u00eda rematados en s\u00f3lidos perpia\u00f1os na zona do cubo. A construci\u00f3n do mu\u00ed\u00f1o na parte inferior da pendente do terreo propicia a ca\u00edda da auga a trav\u00e9s do cubo para proporcionar a forza necesaria ao rodicio.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-as5pq-XNRxg\/UHhyxauNICI\/AAAAAAAAPic\/zc1p5lcJuVk\/s846\/100_3075.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-as5pq-XNRxg\/UHhyxauNICI\/AAAAAAAAPic\/zc1p5lcJuVk\/s846\/100_3075.JPG\" alt=\"\" width=\"508\" height=\"380\" \/><\/a>Edificaci\u00f3n<\/strong>: o mu\u00ed\u00f1o \u00e9 de reducido tama\u00f1o, coas paredes en cachotar\u00eda e o tellado dunha auga.<\/p>\n<p>Presenta unha porta na mesma fachada ca o cubo e ningunha outra entrada de luz. A porta est\u00e1 formada por d\u00faas xambas laterais, con cadanseu perpia\u00f1o encima para proporcionar maior altura ao van, sobre o que se disp\u00f3n un lintel.<\/p>\n<p>Entre a porta e o cubo hai unha lousa sobresa\u00ednte encastada na parede  que serv\u00eda de pouso para as cargas.<\/p>\n<p>Diante da porta de entrada desenv\u00f3lvese un pequeno recinto coutado por un valo de cachotar\u00eda que salva o desnivel do terreo.<\/p>\n<p>O tellado foi restaurado na s\u00faa totalidade recuperando tam\u00e9n todo o beirado p\u00e9treo.<\/p>\n<p><strong>Interior<\/strong>: podemos identificar a\u00ednda dous espazos: o da moenda e o da estancia das persoas. No espazo da moenda hai unha m\u00f3 completa coas d\u00faas pedras de moer. Tam\u00e9n podemos identificar un pequeno fornelo.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-8_S0Pu2Jmpw\/UHhzJ_5oR4I\/AAAAAAAAPkM\/tbHZo17WkWM\/s846\/100_3995.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-8_S0Pu2Jmpw\/UHhzJ_5oR4I\/AAAAAAAAPkM\/tbHZo17WkWM\/s846\/100_3995.JPG\" alt=\"\" width=\"508\" height=\"380\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Na seguinte imaxe podemos apreciar como se encontraba antes da restauraci\u00f3n. Na galer\u00eda de imaxes que acompa\u00f1a este artigo podemos ver unha relaci\u00f3n m\u00e1is completa do antes e o despois deste mu\u00ed\u00f1o.<\/p>\n<p>A estrutura p\u00e9trea foi restaurada na s\u00faa totalidade.<\/p>\n<p>As paredes foron consolidadas e reforzadas e as pedras limpadas, coa restituci\u00f3n do tellado e as lousas que bordean o teitume formando a sobrepena.<\/p>\n<p>A intervenci\u00f3n realizada, respectando cada pedra orixinal do mu\u00ed\u00f1o, transformou completamente a s\u00faa fasqu\u00eda dun xeito coidado e positivo ata o punto de que ser\u00eda dif\u00edcil reco\u00f1ecer que se trata do mesmo mu\u00ed\u00f1o \u00e1 vista destas d\u00faas imaxes.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-4F-gACtDj7w\/UHhzFv-fnFI\/AAAAAAAAPj8\/oOWfg0K0q5Y\/s846\/100_3112.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-4F-gACtDj7w\/UHhzFv-fnFI\/AAAAAAAAPj8\/oOWfg0K0q5Y\/s846\/100_3112.JPG\" alt=\"\" width=\"508\" height=\"380\" \/><\/a>Valoraci\u00f3n final<\/h3>\n<p>A posta en valor deste importante conxunto etnogr\u00e1fico levou consigo unha intervenci\u00f3n de limpeza e recuperaci\u00f3n de cada un dos mu\u00ed\u00f1os que hai neste recanto tan especial de Zam\u00e1ns.<\/p>\n<p>A restauraci\u00f3n destes mu\u00ed\u00f1os devolveulles unha gran beleza que nos fala por si mesma a trav\u00e9s da conexi\u00f3n da identidade cultural que nos une coa terra e as nosas raiceiras.<\/p>\n<p>O que fica agora \u00e9 a s\u00faa divulgaci\u00f3n social adecuada, de xeito que a poboaci\u00f3n viguesa se achegue a co\u00f1ecer as nosas parroquias perif\u00e9ricas e descubran estes recantos patrimoniais tan desco\u00f1ecidos para a maior\u00eda de n\u00f3s.<\/p>\n<p>Polos arredores deste conxunto etnogr\u00e1fico podemos continuar un sendeiro marcado que nos conduce ata o encoro de Zam\u00e1ns, bordeando as s\u00faas ribeiras ata chegarmos ata outro dos conxuntos etnogr\u00e1ficos de maior relevancia en Vigo: os denominados<a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=934\" target=\"_blank\"> Mu\u00ed\u00f1os de Maqu\u00eda<\/a>, situados ao p\u00e9 da parede do encoro, pertencentes xa \u00e1 parroquia de Valadares.<\/p>\n<p>O regreso est\u00e1 marcado tam\u00e9n percorrendo un antigo cami\u00f1o real ata o punto de partida inicial nos mu\u00ed\u00f1os de zam\u00e1ns.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-aajElbjIQl4\/UHhzEcznd7I\/AAAAAAAAPj0\/SvDuvSW4p6U\/s846\/100_3107.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-aajElbjIQl4\/UHhzEcznd7I\/AAAAAAAAPj0\/SvDuvSW4p6U\/s846\/100_3107.JPG\" alt=\"\" width=\"508\" height=\"380\" \/><\/a>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/plus.google.com\/photos\/107741656264330036429\/albums\/5798510516809958545\" target=\"_blank\">Galer\u00eda de imaxes<\/a><\/strong><\/p>\n<p>Asociaci\u00f3n Veci\u00f1al de Zam\u00e1ns,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.zamans.net\/Imaxes\/Mui\u00f1os\/Mui\u00f1osDeZamans.htm#_Toc251950496\" target=\"_blank\">Mu\u00ed\u00f1os de Zam\u00e1ns<\/a><\/p>\n<h3>Navegadores GPS<\/h3>\n<p>Para chegar ata este mu\u00ed\u00f1o, podedes descargar a s\u00faa situaci\u00f3n no voso <a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=305211\" target=\"_blank\">navegador GPS.<\/a><\/p>\n<p>Tam\u00e9n podedes descargar a\u00a0<a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=2054887\" target=\"_blank\">Ruta de conxuntos etnogr\u00e1ficos de mu\u00ed\u00f1os de Vigo<\/a> no voso navegador.<\/p>\n<p>(Se necesitades converter o arquivo .GPX xen\u00e9rico para o voso navegador concreto, descargade o programa\u00a0<a href=\"http:\/\/poiedit.com\/downloads.htm\" target=\"_blank\">PoiEdit<\/a> &gt; Men\u00fa Herramientas&gt;Conversor de paquetes)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n (Ver en Google Maps) Este \u00e9 o quinto mu\u00ed\u00f1o que pecha o conxunto etnogr\u00e1fico restaurado de Zam\u00e1ns. Est\u00e1 situado no fondal dun prado, a continuaci\u00f3n dos catro anteriores, por onde discorre o r\u00edo Vilaza pouco antes de embocar as s\u00faas augas no encoro de Zam\u00e1ns. Para chegar a este lugar podedes dirixirvos ao campo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[10,23],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1595"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1595"}],"version-history":[{"count":17,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1595\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1967,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1595\/revisions\/1967"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1595"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1595"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1595"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}