{"id":1519,"date":"2012-08-18T09:14:31","date_gmt":"2012-08-18T09:14:31","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1519"},"modified":"2024-05-25T19:14:04","modified_gmt":"2024-05-25T19:14:04","slug":"castro-das-torres-de-padin-teis","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1519","title":{"rendered":"Castro das Torres de Pad\u00edn (Teis)"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-RENWJS5GvhY\/UDAOH-0li4I\/AAAAAAAAPNg\/PSh_ruCb6mg\/s890\/100_2913.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-RENWJS5GvhY\/UDAOH-0li4I\/AAAAAAAAPNg\/PSh_ruCb6mg\/s890\/100_2913.JPG\" alt=\"\" width=\"374\" height=\"281\" \/><\/a>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p lang=\"gl-ES\">(<strong><a href=\"https:\/\/www.google.com\/maps\/@42.2585514,-8.6771602,176m\/data=!3m1!1e3?authuser=0&amp;entry=ttu\" target=\"_blank\">Ver en Google Maps<\/a><\/strong>)<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">O promontorio denominado Torres de Pad\u00edn est\u00e1 situado no barrio da Chumba, na parroquia de Teis, no lindeiro co concello de Redondela, na sa\u00edda da autoestrada AP-9 en Teis.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">As grandes curvas colgantes que forma o enlace existente nesta sa\u00edda pasan xusto por encima do recinto.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">O seu dominio sobre a r\u00eda e a zona de paso polos territorios da costa cara \u00e1s terras de Redondela fan del un asentamento importante dende o punto de vista estrat\u00e9xico.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\"><a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-Wq7e72pAHTo\/UDAP5GYy-vI\/AAAAAAAAPQo\/_wKyI4oRO4E\/s1010\/100_4932.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-Wq7e72pAHTo\/UDAP5GYy-vI\/AAAAAAAAPQo\/_wKyI4oRO4E\/s1010\/100_4932.JPG\" alt=\"\" width=\"364\" height=\"273\" \/><\/a>De feito, este castro est\u00e1 fechando polo nordeste a valgada do territorio que conforman os <a href=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-eL5dfHJiip0\/UDAZM4VAFlI\/AAAAAAAAPRg\/T4t4QbCUfSA\/s1010\/100_4956.JPG\" target=\"_blank\">cinco castros desta zona<\/a> do concello: castro de Vigo, castro do Monte da Gu\u00eda, castro do Sino, castro da Madroa e Torres de Pad\u00edn.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Por outra parte forma parte dunha li\u00f1a de tres castros mar\u00edtimos moi pr\u00f3ximos entre si xunto co castro do Sino e o castro da Gu\u00eda.<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p lang=\"gl-ES\">Na actualidade este asentamento castrexo situado a 109 metros sobre o mar est\u00e1 completamente arruinado.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Os achados habitacionais castrexos son moi escasos, apenas se encontraron pavimentos de cabanas, mais non se encontrou o desenvolvemento de ningunha construci\u00f3n de pedra. O arque\u00f3logo <a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com.es\/2008\/11\/el-castro-de-as-torres-de-padn-en-teis.html\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 Manuel Hidalgo Cu\u00f1arro<\/a>, que dirixiu unhas escavaci\u00f3ns de urxencia levadas a cabo en 1989, ind\u00edcanos que a \u00e1rea de intervenci\u00f3n foi moi reducida, dadas as circunstancias, para poder ter m\u00e1is datos sobre as construci\u00f3ns castrexas.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\"><a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-1o8A8r-YS9o\/UDAOyLIasrI\/AAAAAAAAPQI\/XeoOtLG0VSc\/s1010\/100_2947.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-1o8A8r-YS9o\/UDAOyLIasrI\/AAAAAAAAPQI\/XeoOtLG0VSc\/s1010\/100_2947.JPG\" alt=\"\" width=\"424\" height=\"319\" \/><\/a>Toda a zona nordeste e leste do castro foi completamente arrasada. O promontorio foi cortado pola metade literalmente. Unha agresi\u00f3n quizais s\u00f3 compar\u00e1bel \u00e1 urbanizaci\u00f3n moderna do castro da illa de Toralla, por certo outro dos que presentaba achados que o situaban entre os m\u00e1is antigos habitados de Vigo.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Pola pendente norte do promontorio constru\u00edronse varias vivendas con galp\u00f3ns que se van superpo\u00f1endo pola aba arriba do castro.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">A ca\u00edda oeste-noroeste do promontorio castrexo presenta varios aterrazamentos dos que nada se pode saber en canto \u00e1 s\u00faa utilizaci\u00f3n debido a que non se puideron realizar as escavaci\u00f3ns correspondentes nesta zona.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Non obstante, a pesar disto, foi un promontorio que ofreceu importantes sorpresas arqueol\u00f3xicas, xa que nas intervenci\u00f3ns que se realizaron atop\u00e1ronse restos pertencentes a distintas \u00e9pocas hist\u00f3ricas, dende o final da Idade do Bronce ata a etapa final da Idade Media, pasando naturalmente pola \u00e9poca castrexa.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\"><a href=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-Deoi-0XLo6Q\/UDAOX8RW67I\/AAAAAAAAPOA\/18HdAl6sXag\/s1010\/100_2917.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-Deoi-0XLo6Q\/UDAOX8RW67I\/AAAAAAAAPOA\/18HdAl6sXag\/s1010\/100_2917.JPG\" alt=\"\" width=\"424\" height=\"319\" \/><\/a>Da Idade do Bronce, na s\u00faa etapa final entre os s\u00e9culos IX e VII antes da nosa era, atopouse un anaco pertencente a un machado de bronce, unha importante descuberta que o pon en relaci\u00f3n con outros dous castros vigueses nos que se atoparon tam\u00e9n dep\u00f3sitos destes machados: o <a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=772\" target=\"_blank\">castro de Estea en Sai\u00e1ns<\/a>, e o<a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=175\" target=\"_blank\"> castro da Punta do Mu\u00ed\u00f1o en Alcabre<\/a>.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Desta mesma dataci\u00f3n tam\u00e9n apareceron restos cer\u00e1micos, un colgante e un anaco da va\u00ed\u00f1a dunha arma.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Da \u00e9poca castrexa, m\u00e1is concretamente entre o s.II antes da nosa era e o s\u00e9culo I da nosa era, atop\u00e1ronse abundantes restos cer\u00e1micos de vasillas e de \u00e1nfora, as\u00ed como fragmentos cer\u00e1micos ibero-p\u00fanicos, semellantes ao atopados noutros castros mar\u00edtimos do noso concello como son o da illa de Toralla e o da Punta do Mu\u00ed\u00f1o en Alcabre (baixo o actual Museo do Mar). Este tipo de cer\u00e1micas son indicadores das relaci\u00f3ns comerciais existentes naquela \u00e9poca co resto da pen\u00ednsula e co Mediterr\u00e1neo.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Da \u00e9poca medieval cons\u00e9rvase unha construci\u00f3n defensiva datada ao redor dos s\u00e9culos XIV-XV, que contaba con recinto amurallado, con foso inclu\u00eddo, coroado por unha torre na parte superior do promontorio, que foi derrubada polos Irmandi\u00f1os no s\u00e9culo XV.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-B_kYF0-x8h8\/UDAOcepisZI\/AAAAAAAAPOY\/J5nmujQdYhw\/s1010\/100_2920.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-B_kYF0-x8h8\/UDAOcepisZI\/AAAAAAAAPOY\/J5nmujQdYhw\/s1010\/100_2920.JPG\" alt=\"\" width=\"424\" height=\"319\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/h3>\n<p lang=\"gl-ES\">\u00c9 un dos castros que peor se conserva de todos os existentes en Vigo.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">\u00c9 o castro m\u00e1is agredido de todos, pola s\u00faa proximidade e afectaci\u00f3n por parte da autoestrada.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">De feito, tal como xa apuntamos, f\u00e1ltalle m\u00e1is da metade de todo o promontorio, completamente arrasado.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Ao seu p\u00e9 acum\u00falase todo tipo de material de obra e todo o recinto castrexo est\u00e1 fechado con aramado para ese uso de dep\u00f3sito de pedra e cascallo de obra.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Non se garda ning\u00fan tipo de prevenci\u00f3n nin precauci\u00f3n nin distancia de protecci\u00f3n. E a\u00ednda as\u00ed conserva os restos dunha torre medieval hist\u00f3rica dentro do noso concello, vinculada a s\u00faa destruci\u00f3n a un dos momentos m\u00e1is importantes da nosa historia: a revolta Irmandi\u00f1a.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-66oVTNU-_os\/UDAOhSK7F4I\/AAAAAAAAPO4\/9iOOrTkrN1Q\/s1010\/100_2926.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-66oVTNU-_os\/UDAOhSK7F4I\/AAAAAAAAPO4\/9iOOrTkrN1Q\/s1010\/100_2926.JPG\" alt=\"\" width=\"424\" height=\"319\" \/><\/a>Valoraci\u00f3n final<\/h3>\n<p lang=\"gl-ES\">Estamos ante un dos castros m\u00e1is antigos dos 27 existentes en Vigo. E non obstante tam\u00e9n \u00e9 un dos m\u00e1is estragados e agredidos. No pouco que se escavou nel atop\u00e1ronse evidencias que remontan o h\u00e1bitat deste promontorio \u00e1 Idade do Bronce, algo que moi poucos castros de Vigo presentan con constataci\u00f3n material de achados.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Os poucos exemplos de construci\u00f3ns que se atoparon da \u00e9poca castrexa foron debidos a que se tratou dunha escavaci\u00f3n de urxencia realizada no ano 1989 nunha \u00e1rea moi reducida, para conceder permiso e paso inmediato ao arrasamento do castro por parte dunha empresa privada co visto e prace das administraci\u00f3ns.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Esta agresi\u00f3n \u00e9 algo totalmente incomprens\u00edbel no momento en que foi consumada, en plena democracia e con leis protectoras do noso patrimonio. As administraci\u00f3ns local e auton\u00f3mica te\u00f1en que ser conscientes de que este asentamento hist\u00f3rico tan importante e estrat\u00e9xico pertencente ao patrimonio cultural de Vigo est\u00e1 sendo usado na actualidade como unha propiedade privada cerrada ao paso e vixiada con videoc\u00e1maras para dep\u00f3sito de material de construci\u00f3n e refugallos.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\"><a href=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-KVO_E_UynIc\/UDAOzaUDL9I\/AAAAAAAAPQQ\/9Y2CUcxp41o\/s1010\/100_2948.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh5.googleusercontent.com\/-KVO_E_UynIc\/UDAOzaUDL9I\/AAAAAAAAPQQ\/9Y2CUcxp41o\/s1010\/100_2948.JPG\" alt=\"\" width=\"424\" height=\"319\" \/><\/a>Unha das historias m\u00e1is relevantes, \u00e1 parte das anteriores, \u00e9 a existencia sobre o seu cume dos restos dunha fortaleza medieval documentada nos s\u00e9culos XIV e XV e que foi derrubada durante as revoltas Irmandi\u00f1a. Isto \u00e9 algo moi importante dentro da historia de Vigo ao documentarse deste xeito a presenza irmandi\u00f1a no noso concello. Por iso chama tan poderosamente a atenci\u00f3n que se permitise a agresi\u00f3n tan descomunal que sufriu este enclave tan destacado da nosa histoira.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Por outra parte \u00e9 unha das escasas testemu\u00f1as de arquitectura defensiva medieval viguesa que a\u00ednda conservabamos. Na escavaci\u00f3n de urxencia realizada deixouse constancia gr\u00e1fica dos restos encontrados e os muros existentes.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">As evidencias da s\u00faa utilizaci\u00f3n durante un per\u00edodo de tempo tan longo dende o Bronce final ata a Idade Media d\u00e1nos boa mostra do valor hist\u00f3rico e estrat\u00e9xico tan importante que nos agarda neste promontorio.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">O estado actual tan ruinoso e deturpado chama ao engano a\u00ednda as\u00ed, pois no subsolo da metade que nos deixaron do promontorio garda tesouros que seguramente enriquecer\u00edan a\u00ednda moito m\u00e1is o que co\u00f1ecemos del ata o momento.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-mn4sO5HAWzI\/UDATRNlsGRI\/AAAAAAAAPRI\/-VlYFghMvpc\/s1010\/100_4927.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"castro\" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-mn4sO5HAWzI\/UDATRNlsGRI\/AAAAAAAAPRI\/-VlYFghMvpc\/s1010\/100_4927.JPG\" alt=\"\" width=\"424\" height=\"319\" \/><\/a>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<p lang=\"gl-ES\"><strong><a href=\"https:\/\/photos.app.goo.gl\/Ex8abHnoYs83fNmi9\" target=\"_blank\">Galer\u00eda de imaxes<\/a><\/strong><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">J.M. Hidalgo Cu\u00f1arro, \u00ab<a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com.es\/2007\/05\/sobre-los-tres-castros-mas-antiguos-de.html\" target=\"_blank\">Sobre los tres castros m\u00e1s antiguos de Vigo<\/a>\u00ab, en\u00a0<a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com.es\/\" target=\"_blank\"><em>Vigoarqueologico. Arqueolog\u00eda de Vigo<\/em><\/a>.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">J,M. Hidalgo Cu\u00f1arro, \u00ab<a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com.es\/2008\/11\/el-castro-de-as-torres-de-padn-en-teis.html\" target=\"_blank\">El Castro de \u00abAs Torres de Pad\u00edn\u00bb en Teis (Vigo)<\/a>\u00ab, en <em><a href=\"http:\/\/vigoarqueologico.blogspot.com.es\/\" target=\"_blank\">Vigoarqueologico. Arqueolog\u00eda de Vigo<\/a>.<\/em><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Concello de Vigo, <span style=\"font-size: small; font-family: arial; color: #c58444; text-decoration: underline;\"><a href=\"https:\/\/xmu.vigo.org\/docs\/pxom\/Memorias\/Tomo-VI\/Fichas\/Catalogo\/X_004.pdf\" target=\"_blank\">Cat\u00e1logo de Edificios, Bens e Elementos Protexidos do Concello de Vigo<\/a>.<\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\"><em><strong><a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=157327\" target=\"_blank\">Ruta dos castros de Vigo<\/a><\/strong><\/em><\/p>\n<h3><\/h3>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n (Ver en Google Maps) O promontorio denominado Torres de Pad\u00edn est\u00e1 situado no barrio da Chumba, na parroquia de Teis, no lindeiro co concello de Redondela, na sa\u00edda da autoestrada AP-9 en Teis. As grandes curvas colgantes que forma o enlace existente nesta sa\u00edda pasan xusto por encima do recinto. O seu dominio sobre [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[4,20],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1519"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1519"}],"version-history":[{"count":26,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1519\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2277,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1519\/revisions\/2277"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1519"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1519"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1519"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}