{"id":1488,"date":"2012-08-07T06:13:19","date_gmt":"2012-08-07T06:13:19","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1488"},"modified":"2015-11-16T09:35:16","modified_gmt":"2015-11-16T09:35:16","slug":"cruceiro-do-cemiterio-de-coia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1488","title":{"rendered":"Cruceiro do cemiterio de Coia"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-Eu4z_yrn5b0\/UB66SRSDkiI\/AAAAAAAAPH0\/gQiHozeSKvc\/s1073\/100_0564.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"cruz\" src=\"https:\/\/lh6.googleusercontent.com\/-Eu4z_yrn5b0\/UB66SRSDkiI\/AAAAAAAAPH0\/gQiHozeSKvc\/s1073\/100_0564.JPG\" alt=\"\" width=\"386\" height=\"290\" \/><\/a>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>(<strong><a href=\"https:\/\/www.google.es\/maps\/ms?msid=208535544872203240432.0004469c9d6b6dc27059b&amp;msa=0&amp;ll=42.212952,-8.752579&amp;spn=0.003369,0.006282\" target=\"_blank\">Ver en Google Maps<\/a><\/strong>)<\/p>\n<p>Dentro do cemiterio de Bouzas, na praza central que se abre no seu interior, ocupa o lugar central fronte \u00e1 pequena capela al\u00ed situada.<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p><strong>Base<\/strong>: plataforma de dous chanzos de forma hexagonal. O pedestal \u00e9 c\u00fabico con todo o borde superior biselado. Non presenta ningunha inscrici\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Varal<\/strong>: o primeiro tramo inferior \u00e9 c\u00fabico; despois contin\u00faa biselado nas catro esquinas, debuxando oito caras en total ata a parte superior.<\/p>\n<p><strong>Capitel<\/strong>: fermosa ornamentaci\u00f3n a catro caras formada por oito elementos vexetais rematados en folla picuda rodeando todo o capitel. Sobre a folla central de cada cara aparece unha cabeza de anxelote. Sobre as outras catro follas aparecen catro remates en volutas sobre as que se sustentan as esquinas da base da cruz.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-8ZGbyju_iMc\/UB66a4SCFvI\/AAAAAAAAPJc\/780jft9N5bc\/s885\/100_0591.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"cruz\" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/-8ZGbyju_iMc\/UB66a4SCFvI\/AAAAAAAAPJc\/780jft9N5bc\/s885\/100_0591.JPG\" alt=\"\" width=\"398\" height=\"531\" \/><\/a>Cruz<\/strong>: a base non presenta arestas rectas sen\u00f3n en forma curva c\u00f3ncava. A cruz \u00e9 de fasqu\u00eda lisa e cuadrangular.<\/p>\n<p><strong>Crucifixi\u00f3n<\/strong>: figura de Cristo con tres cravos, completamente pegada \u00e1 cruz, s\u00f3 coas pernas flexionadas. Os brazos est\u00e1n en posici\u00f3n horizontal.<\/p>\n<p>O rostro do crucificado est\u00e1 ben elaborado acentuando especialmente o seu cabelo e a barba. A cabeza est\u00e1 lixeiramente inclinada cara \u00e1 dereita e cos ollos cerrados.<\/p>\n<p>O torso acent\u00faa na pedra o debuxo das costelas. Un lixeiro pano envolve a s\u00faa cintura, rematado nun lazo lateral ben elaborado. As pernas, flexionadas, rematan unha sobre a outra nos p\u00e9s atravesados por un \u00fanico cravo.<\/p>\n<p><strong>A<\/strong> <strong>Piedade<\/strong>: Representa \u00e1 Virxe con Cristo morto sobre o seu colo. A figura da Nai aparece envolveita completamente nun gran manto que por veces adquire unhas especiais proporci\u00f3ns ao redor dos seus brazos, acentuando tam\u00e9n os pregamentos na parte inferior do seu corpo. Baixo os seus p\u00e9s hai unha cabeza de querub\u00edn.<\/p>\n<p>As s\u00faas mans est\u00e1n entrelazadas perante o peito e o rostro inclinado cara \u00e1 dereita salientando una profunda expresi\u00f3n de dor nos seus detalles.<\/p>\n<p>A figura de Cristo xacente \u00e9 de proporci\u00f3ns m\u00e1is pequenas ca o corpo da s\u00faa Nai. Xa Castelao na s\u00faa obra \u201cAs cruces de pedra na Galiza\u201d chamaba a atenci\u00f3n sobre esta caracterizaci\u00f3n dos nosos canteiros sentenciando que esa estra\u00f1a desproporci\u00f3n pod\u00eda indicar que no colo das nais todos os fillos son coma nenos pequenos. A figura de Cristo presenta unha curiosa disposici\u00f3n, matizando uns trazos corporais acentuados polos \u00e1ngulos rectos e o xogo de horizontalidade e verticalidade : cabeza, torso e coxas das pernas formando unha li\u00f1a recta r\u00edxida sobre as pernas da Nai, e os brazos e parte inferior das pernas en ca\u00edda vertical perfectamente angulada con respecto ao resto do corpo.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-10fJX8ozctE\/UB66gmDhN4I\/AAAAAAAAPJg\/uoBR6K3hwio\/s886\/100B0621.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"cruz\" src=\"https:\/\/lh4.googleusercontent.com\/-10fJX8ozctE\/UB66gmDhN4I\/AAAAAAAAPJg\/uoBR6K3hwio\/s886\/100B0621.JPG\" alt=\"\" width=\"398\" height=\"532\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Tanto polo lugar en que se encontra, como pola contorna que o contextualiza a conservaci\u00f3n \u00e9 boa. Coma na maior\u00eda das esculturas deste tipo que est\u00e1n \u00e1 intemperie, apr\u00e9cianse os t\u00edpicos liques ue saltean distintos lugares deste cruceiro.<\/p>\n<h3>Valoraci\u00f3n final<\/h3>\n<p>Este cruceiro aparece ben contextualizado no lugar en que se atopa, a praza central dun cemiterio, con capela ao seu car\u00f3n e rematado o conxunto cunha m\u00e9nsula de pedra de apoio de cadaleitos tan caracter\u00edstico de moitos lugares.<\/p>\n<p>\u00c9 unha m\u00e1goa que non apareza unha m\u00ednima informaci\u00f3n ao car\u00f3n deste conxunto escultural sobre a s\u00faa f\u00e1brica, dataci\u00f3n e caracter\u00edsticas salient\u00e1beis.<\/p>\n<h3>Mais informaci\u00f3n<\/h3>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/plus.google.com\/photos\/107741656264330036429\/albums\/5773256527756575873?authkey=CPO24eWN_c2qtAE\" target=\"_blank\">Galer\u00eda de imaxes<\/a><\/strong><\/p>\n<h3><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: arial;\">Navegadores GPS<\/span><\/span><\/h3>\n<p>Podedes introducir o lugar onde est\u00e1 no voso\u00a0<a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=3163832\" target=\"_blank\">navegador GPS<\/a>.<\/p>\n<p>(Se necesitades converter o arquivo .GPX xen\u00e9rico para o voso navegador concreto, descargade o\u00a0<a href=\"http:\/\/poiedit.com\/downloads.htm\">programa PoiEdit<\/a>, e despois &gt; Men\u00fa Herramientas&gt;Conversor de paquetes).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n (Ver en Google Maps) Dentro do cemiterio de Bouzas, na praza central que se abre no seu interior, ocupa o lugar central fronte \u00e1 pequena capela al\u00ed situada. Descrici\u00f3n Base: plataforma de dous chanzos de forma hexagonal. O pedestal \u00e9 c\u00fabico con todo o borde superior biselado. Non presenta ningunha inscrici\u00f3n. Varal: o primeiro [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[47,5],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1488"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1488"}],"version-history":[{"count":12,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1488\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1971,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1488\/revisions\/1971"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1488"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1488"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1488"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}