{"id":12,"date":"2010-06-06T23:28:57","date_gmt":"2010-06-06T23:28:57","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.wordpress.com\/?p=12"},"modified":"2015-11-16T09:36:17","modified_gmt":"2015-11-16T09:36:17","slug":"igrexa-romanica-de-coruxo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=12","title":{"rendered":"Igrexa rom\u00e1nica de Coruxo"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/Coruxo-7.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-large wp-image-1830\" title=\"Coruxo 7\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/Coruxo-7-1024x768.jpg\" alt=\"\" width=\"442\" height=\"332\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/Coruxo-7-1024x768.jpg 1024w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/Coruxo-7-300x225.jpg 300w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/Coruxo-7.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 442px) 100vw, 442px\" \/><\/a>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p><span>A igrexa rom\u00e1nica de Coruxo est\u00e1 situada na <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=es&amp;msa=0&amp;msid=113862608953642749447.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.18861,-8.77696&amp;spn=0.00097,0.002411&amp;t=h&amp;z=19\" target=\"_blank\">estrada de Camposancos<\/a>, \u00e1 altura do cruzamento coa estrada que conduce a Fragoselo.<\/span><\/p>\n<p>Este templo \u00e9 un dos tres edificios rom\u00e1nicos que se conservan en Vigo, a\u00ednda que \u00e9 o m\u00e1is incompleto deles. S\u00f3 se conservou a cabeceira; o resto do edificio \u00e9 posterior.<\/p>\n<p>A\u00ednda as\u00ed, a partir desta cabeceira conservada, podemos deducir que era o m\u00e1is grande dos existentes, xa que as tres ousias que se poden ver na cabeceira ind\u00edcannos que se trataba dun edificio de nave basilical, con tres posibles corredores interiores -un central e dous laterais. Curiosamente a planta actual non se corresponder\u00eda con esa configuraci\u00f3n inicial, xa que agora mesmo podemos decatarnos de que esta nave \u00e9 m\u00e1is estreita do que caber\u00eda esperar. Normalmente as igrexas rom\u00e1nicas que existiron en Vigo foron derrubadas para ampliar en \u00e9pocas posteriores debikdo ao aumento de poboaci\u00f3n, ou aproveitando un derrubamento producido por calquera circunstancia; non obstante, neste caso parece que se propuduciu o contrario, que se reduciu o seu volume e espazo interior.<\/p>\n<h3>Datos hist\u00f3ricos<\/h3>\n<p>A actual cabeceira rom\u00e1nica est\u00e1 datada no \u00faltimo terzo do s\u00e9culo XII, sen termos unha referencia concrta da s\u00faa data de edificaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A orixe do templo \u00e9 monacal: un mosteiro dependente do m\u00e1is poderoso existente en Mel\u00f3n, a quen lle subministrar\u00eda seguramente produtos agr\u00edcolas e do mar. Durante o s\u00e9culo XIII chegou a contar con vinte e cinco monxes. A s\u00faa crise e extinci\u00f3n monacal est\u00e1 vinculada ao crecemento do mosteiro de Oia.<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p><strong><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R3FVPxxjTkI\/AAAAAAAACcQ\/yacR9XM49E8\/s640\/Coruxo%203.jpg\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R3FVPxxjTkI\/AAAAAAAACcQ\/yacR9XM49E8\/s640\/Coruxo%203.jpg\" alt=\"Xanela setentrional.\" width=\"384\" height=\"288\" \/><\/a>Cabeceira dende o exterior<\/strong>: est\u00e1 composta por tres ousias semicirculares; a central moito m\u00e1is alta e voluminosa ca as laterais.<\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><strong>Ousia norte<\/strong>: podemos ver unha xanela semicircular, con chambr\u00e1  exterior de tacos e unha arquivolta entre columnas decorada con formas  baquetoneadas. A entrada de luz central ten forma estreita  caracter\u00edstica das seteiras. As columnas da xanela desapareceron, as\u00ed como as basas. S\u00f3 conserva os capeiteis, decorados con foliados. Sobre o capitel, o \u00e1baco est\u00e1 decorado cun dobre motivo: leteis horizontais e unha curva de nacela. O beirado superior desta \u00e1bsida \u00e9 achaflanado.<\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><strong>Ousia central<\/strong>: presenta unha altura, largura e profundidade maior ca as ousias laterais. Ten tres xanelas semicirculares sen ornamentaci\u00f3n ningunha, mais cunha funci\u00f3n de entrada de luz evidente ao interior do altar maior. A cuarta xanela, enreixada, \u00e9 bastante moderna. O beirado superior \u00e9 achaflanado decorado con canzorros de motivos xeom\u00e9tricos, de norte a sur: tres filas de dentes de serra, dous baquet\u00f3ns verticais, planos superpostos, tres baquet\u00f3ns verticais, punta de proa, punta de proa, bilobulado, punta de proa, tres baquet\u00f3ns verticais, dous baquet\u00f3ns veticais, plano simple, tres baquet\u00f3ns verticais, tres baquet\u00f3ns verticais e punta de proa. Este tipo de elementos decorativos \u00e9 propio de edificios protog\u00f3ticos (a partir do \u00faltimo terzo do s. XII, ata o primeiro cuarto do s. XIII).<\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><strong><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R3FV2hxjToI\/AAAAAAAACc0\/6Fr__4iQWR4\/s640\/Coruxo%206.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/R3FV2hxjToI\/AAAAAAAACc0\/6Fr__4iQWR4\/s640\/Coruxo%206.jpg\" alt=\"Xanela meridional. Detalle dos capiteis.\" width=\"348\" height=\"261\" \/><\/a>Ousia sur<\/strong>: podemos ver unha xanela semicircular, con chambr\u00e1  exterior de tacos e unha arquivolta entre columnas decorada con formas  baquetoneadas. A entrada de luz central ten forma estreita  caracter\u00edstica das seteiras. As columnas da xanela ten capeiteis e  basas. Os fustes destas columnas son monol\u00edticos. Nos capiteis podemos  ver cadanseu personaxe cos brazos en asas. Hai analistas que os  identifican con Ad\u00e1n e Eva nunha posible representaci\u00f3n do Para\u00edso ou do  pecado orixinal. Os canzorros superiores, baixo o beirado, son cinco e todos eles decorados con puntas de proa.<\/p>\n<p><strong>Cabeceira dende o interior<\/strong>: combinaci\u00f3n de arcos e b\u00f3vedas de medio punto con apuntados, propios do rom\u00e1nico de transici\u00f3n, a partir do \u00faltimo terzo do s\u00e9culo XII.<\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><strong>Ousia sur<\/strong>: arco triunfal e b\u00f3veda de medio punto. Remate no fondo da ousia con b\u00f3veda de forno. A xanela \u00e9 de arco de medio semicircular con columnas, basas e capiteis decorados con motivos foliados.<\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><strong>Ousia central<\/strong>: Arco triunfal e b\u00f3veda apuntados, a diferenza das ousias laterais. No interior desta ousia  adquire unha forma de b\u00f3veda de forno.<\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><strong>Ousia norte<\/strong>: igual ca na sur, arco triunfal e b\u00f3veda de medio punto. Remate no fondo da ousia con  b\u00f3veda de forno. A xanela \u00e9 de arco de medio semicircular con columnas, basas e capiteis  decorados con motivos foliados.<\/p>\n<h3><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/Coruxo-11.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-large wp-image-1831\" title=\"Coruxo 11\" src=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/Coruxo-11-1024x768.jpg\" alt=\"\" width=\"430\" height=\"323\" srcset=\"http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/Coruxo-11-1024x768.jpg 1024w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/Coruxo-11-300x225.jpg 300w, http:\/\/xosecounhago.com\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/Coruxo-11.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 430px) 100vw, 430px\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/h3>\n<p><span><strong>Danos que se observan<\/strong>:<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>Unha das xanelas, a da zona norte, xa non ten columnas baixo os seus capiteis vexetais (a m\u00e1is pr\u00f3xima ao sem\u00e1foro).<\/span><\/p>\n<p><span>As chambr\u00e1s exteriores das d\u00faas xanelas (de tacos ou xadrezado) est\u00e1n moi desgastadas (comparar coas das outras d\u00faas igrexas &#8211;<em><span><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=22\" target=\"_blank\">Castrelos <\/a><\/span><\/em>e <em><span><a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=17\" target=\"_blank\">Bembrive<\/a><\/span><\/em>-).<\/span><\/p>\n<p><span>As figuras humanas que hai nos capiteis dunha das xanelas est\u00e1n moi erosionadas e apenas reco\u00f1ecibles.<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span> <\/span><\/p>\n<h3><span>Adro da igrexa<br \/>\n<\/span><\/h3>\n<p><span>No adro tam\u00e9n hai un<a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=35\" target=\"_blank\"> cruceiro moi singular<\/a> e dos m\u00e1is antigos de Vigo, que ten unha fermosa lenda: f\u00e1lanos dun tesouro ou gran cantidade de cartos enterrados debaixo do mesmo cando foi constru\u00eddo por un personaxe do Santo Oficio. Na base do cruceiro poden lerse os datos da s\u00faa fundaci\u00f3n; mais, pola outra banda da base, hai outra inscrici\u00f3n que di que foi trasladado de lugar e pintado. A\u00ednda se poden ver cruceiro policromados por outros lugares dos arredores. \u00c9 unha m\u00e1goa que se deixasen de pintar a maior\u00eda deles.<\/span><\/p>\n<p><span>Diante da porta principal existe <a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=32\" target=\"_blank\">outro cruceiro<\/a> de fermosa fasqu\u00eda.<\/span><\/p>\n<p><span>Este adro compl\u00e9tase cunha fermosa e senlleira oliveira de admir\u00e1bel porte.<br \/>\n<\/span><\/p>\n<h3><span>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/span><\/h3>\n<p><span><a href=\"http:\/\/picasaweb.google.com\/xosecounhago\/IgrexaRomNicaDeCoruxo#slideshow\/\" target=\"_blank\"><strong><em>Galer\u00eda de fotos<\/em><\/strong><\/a>.<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span><a href=\"http:\/\/sapiens.ya.com\/rojea\/IGROMAN.htm\" target=\"_blank\">FRANCISCO JAVIER OCA\u00d1A EIROA<\/a>, <em>Itinerario polas igrexas rom\u00e1nicas de Vigo<\/em><\/span><\/p>\n<h3>Navegadores GPS<\/h3>\n<p><span>Tam\u00e9n podedes ver a <em><strong><a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=108552\" target=\"_blank\">Ruta rom\u00e1nica de Vigo<\/a><\/strong><\/em> e descargala no voso navegador GPS.<\/span><\/p>\n<p>(Se necesitades converter o arquivo .GPX xen\u00e9rico para o voso navegador concreto, descargade o programa <strong><em><a href=\"http:\/\/poiedit.com\/downloads.htm\" target=\"_blank\">PoiEdit<\/a><\/em><\/strong> &gt; Men\u00fa Herramientas&gt;Conversor de paquetes)<\/p>\n<p><span> <\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n A igrexa rom\u00e1nica de Coruxo est\u00e1 situada na estrada de Camposancos, \u00e1 altura do cruzamento coa estrada que conduce a Fragoselo. Este templo \u00e9 un dos tres edificios rom\u00e1nicos que se conservan en Vigo, a\u00ednda que \u00e9 o m\u00e1is incompleto deles. S\u00f3 se conservou a cabeceira; o resto do edificio \u00e9 posterior. A\u00ednda as\u00ed, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[35,7,17],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12"}],"version-history":[{"count":9,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":728,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12\/revisions\/728"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}