{"id":1104,"date":"2011-01-29T13:42:15","date_gmt":"2011-01-29T13:42:15","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1104"},"modified":"2015-11-16T09:35:54","modified_gmt":"2015-11-16T09:35:54","slug":"lavadoiro-do-lagares-sardoma","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1104","title":{"rendered":"Lavadoiro da Ponte Nova (S\u00e1rdoma)"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TUPpDbUfKcI\/AAAAAAAALvs\/QQKqmwP4zEY\/s640\/100_3035.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"lavadoiro\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TUPpDbUfKcI\/AAAAAAAALvs\/QQKqmwP4zEY\/s640\/100_3035.JPG\" alt=\"\" width=\"402\" height=\"301\" \/><\/a><\/p>\n<h3>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Este singular lavadoiro <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=gl&amp;msa=0&amp;msid=208535544872203240432.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.218058,-8.722029&amp;spn=0.002026,0.004823&amp;t=h&amp;z=18\" target=\"_blank\"><strong>est\u00e1 situado ao car\u00f3n do r\u00edo Lagares<\/strong><\/a>, no tr\u00e1nsito entre a baixada ao Casta\u00f1o e o barrio da Ponte Nova.<\/p>\n<p>\u00c9 de destacar que se encontre xunta o popular paseo do Lagares, por onde circulan centos de persoas cada semana, percorrendo as ribeiras do r\u00edo.<\/p>\n<p>Ao seu arredor a\u00ednda podemos contemplar as tradicionais leiras de cultivo das casas e propiedades dos arredores, coa imaxe dos edificios e centro comercial pr\u00f3ximos \u00e1 Gran V\u00eda, ao fondo, e a nova urbanizaci\u00f3n da Ponte Nova ao outro lado do Lagares.<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<h4>Cuberta<\/h4>\n<p>\u00c9 de cemento a unha auga con tella como cubrici\u00f3n. Dous pares de columnas en cemento, cerrando os extremos, delimitan este pequeno lavadoiro de planta cuadrangular.<br \/>\n<a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TUPpG3VtxSI\/AAAAAAAALvM\/ilVTSIQ4ASc\/s640\/100_3043.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"lavadoiro\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TUPpG3VtxSI\/AAAAAAAALvM\/ilVTSIQ4ASc\/s640\/100_3043.JPG\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"300\" \/><\/a><\/p>\n<h4>Lavadoiro<\/h4>\n<p>Presenta unha \u00fanica fileira corrida de lousas para lavar, sobre d\u00faas p\u00edas independentes. A zona de lavar ocupa unha metade do recinto, arrimada a un dos laterais da construci\u00f3n; a outra metade \u00e9 para o movemento da xente que entre no lavadoiro. A construci\u00f3n \u00e9 de perpia\u00f1os polo exterior e de azulexos brancos no interior das p\u00edas.<\/p>\n<h4>Complementos<\/h4>\n<p>Est\u00e1 fechado en volta por un muro de perpia\u00f1o, cunha \u00fanica entrada nun recanto. O perpia\u00f1o do lavadoiro e do muro contrasta negativamente coas columnas e o teito de cemento.<\/p>\n<p>Na zona central da cabeceira do lavadoiro atopamos unha magn\u00edfica fonte p\u00fablica, que proporciona \u00e1 s\u00faa vez a auga \u00e1 zona de lavado. Esta fonte conta cunha columna central elevada, rematada en capitel sobre o que coroa un pequeno pin\u00e1culo, con ornamentaci\u00f3ns que nos lembran os baixo peitor\u00eds das xanelas de casas barrocas, xunto con cadans\u00faa volutas a ambos lados da p\u00eda central sobre a que cae a auga. Desde esta columna central parten lateralmente d\u00faas extensi\u00f3ns p\u00e9treas, creando unha disposici\u00f3n de arco, con base ornamentada rematada en cadanseu p\u00e9 de columna sobre os que se dispo\u00f1en senllas pezas c\u00fabicas decoradas con volutas nas catro caras.<br \/>\n<a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TUPpGXDqj3I\/AAAAAAAALvU\/RYVOHirTZpk\/s640\/100_3041.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"lavadoiro\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TUPpGXDqj3I\/AAAAAAAALvU\/RYVOHirTZpk\/s640\/100_3041.JPG\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"300\" \/><\/a><\/p>\n<h3>Estado de conservaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Tanto a cubrici\u00f3n coma as columnas presentan o cemento sen rematar adecuadamente, amosando as nervaduras das uni\u00f3ns do encofrado, afeando considerabelmente os elementos tradicionais que se conservan.<\/p>\n<p>Non existe ning\u00fan panel informativo nin indicador sobre o seu nome, dataci\u00f3n e caracter\u00edsticas.<\/p>\n<h3>Valoraci\u00f3n final<\/h3>\n<p>\u00c9 unha m\u00e1goa que estando situado ao lado do paseo m\u00e1is concorrido que existe pola beira do Lagares, este lavadoiro estea tan exento de informaci\u00f3n e posta en valor. Non pode resultar tan dif\u00edcil a coordinaci\u00f3n entre as concellar\u00edas de Medio Ambiente e Patrimonio para integrar un elemento etnogr\u00e1fico tan interesante nun percorrido natural destas caracter\u00edsticas.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TUPpFURJ11I\/AAAAAAAALvE\/z8-cu9BoUGw\/s640\/100_3039.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"lavadoiro\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TUPpFURJ11I\/AAAAAAAALvE\/z8-cu9BoUGw\/s640\/100_3039.JPG\" alt=\"\" width=\"399\" height=\"299\" \/><\/a>\u00c9 importante acometer unha habilitaci\u00f3n da contorna e do propio lavadoiro para facer del unha parada obrigada no paseo de cara a podermos comprender o contexto cultural e social en que foi constru\u00eddo.<\/p>\n<p>Neste senso c\u00f3mpre harmonizar os disonantes elementos engadidos en cemento co perpia\u00f1o da construci\u00f3n nobre orixinal, sobre todo tendo en conta a fermos\u00edsima fonte tan ornamentada que completa este conxunto etnogr\u00e1fico.<\/p>\n<h3>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<p><a href=\"http:\/\/picasaweb.google.com\/xosecounhago\/SardomaLavadoiroDoLagares#slideshow\/\" target=\"_blank\"><em><strong>Galer\u00eda de imaxes<\/strong><\/em><\/a><\/p>\n<h3>Navegadores GPS<\/h3>\n<p>Podedes introducir o lugar onde est\u00e1 no voso<a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=1435943\" target=\"_blank\"><strong> navegador GPS<\/strong><\/a>.<\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\">(Se necesitades converter o arquivo .GPX xen\u00e9rico para o voso navegador concreto, descargade o programa <\/span><strong><a href=\"http:\/\/poiedit.com\/downloads.htm\"><span style=\"font-size: x-small;\">PoiEdit<\/span><\/a><\/strong><span style=\"font-size: x-small;\"> &gt; Men\u00fa Herramientas&gt;Conversor de paquetes)<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n Este singular lavadoiro est\u00e1 situado ao car\u00f3n do r\u00edo Lagares, no tr\u00e1nsito entre a baixada ao Casta\u00f1o e o barrio da Ponte Nova. \u00c9 de destacar que se encontre xunta o popular paseo do Lagares, por onde circulan centos de persoas cada semana, percorrendo as ribeiras do r\u00edo. Ao seu arredor a\u00ednda podemos contemplar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[8,19],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1104"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1104"}],"version-history":[{"count":10,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1104\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1990,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1104\/revisions\/1990"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1104"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1104"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1104"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}