{"id":1075,"date":"2011-01-19T12:25:54","date_gmt":"2011-01-19T12:25:54","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1075"},"modified":"2015-11-16T09:35:57","modified_gmt":"2015-11-16T09:35:57","slug":"muinos-de-gontade","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1075","title":{"rendered":"Mu\u00ed\u00f1os de Gontade (Oia)"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbQnZMvkCI\/AAAAAAAALqE\/M1UdpD5L84Y\/s640\/100_5682.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"mu\u00ed\u00f1o\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbQnZMvkCI\/AAAAAAAALqE\/M1UdpD5L84Y\/s640\/100_5682.JPG\" alt=\"\" width=\"450\" height=\"338\" \/><\/a> Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Este fermoso conxunto monumental etnogr\u00e1fico de mu\u00ed\u00f1os restaurados est\u00e1 situado na estrada de Camposancos, no<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=gl&amp;t=h&amp;msa=0&amp;msid=208535544872203240432.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.183349,-8.788328&amp;spn=0.002027,0.004823&amp;z=18&amp;iwloc=000493e8f020a6426486d\" target=\"_blank\"><strong> lugar de Gontade, a car\u00f3n das Roteas<\/strong><\/a>, no lindeiro entre as parroquias de Oia e Coruxo. Chegar ata a s\u00faa situaci\u00f3n \u00e9 moi doado, xa que se atopan \u00e1 beira da estrada e cun bo aparcadoiro diante.<br \/>\nO bosque que os envolve \u00edllaos perfectamente da circulaci\u00f3n viaria, e a entrada no seu recinto semella trasladarnos, de s\u00fapeto, nunha viaxe no tempo e no espazo.<br \/>\nEst\u00e1n todos eles \u00e1 beira do rego da Carballosa, que nace xunta o Cabezo de Sai\u00e1ns e se xunta co rego do Vao, na marisma que hai preto do encontro co mar.<\/p>\n<p>Forman parte da <a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=2054887\" target=\"_blank\">Ruta de conxuntos etnogr\u00e1ficos de mu\u00ed\u00f1os de Vigo<\/a>, que podedes descargar no voso GPS.<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p>O conxunto est\u00e1 formado por catro mu\u00ed\u00f1os. Tres deles atop\u00e1molos xuntos, no lugar indicado para o acceso, e presentan una gradaci\u00f3n en ascenso aproveitando o desnivel do terreo, moi pr\u00f3ximos entre eles, compartindo a auga da levada com\u00fan que cae dun a outro consecutivamente.<br \/>\nO cuarto mu\u00ed\u00f1o at\u00f3pase a uns douscentos metros de distancia, ao car\u00f3n da presa de onde parte a levada que conduce a auga ata os outros tres mu\u00ed\u00f1o. A paraxe que conforma o lugar en que se encontra este cuarto mu\u00ed\u00f1o \u00e9 dunha especial fermosura.<\/p>\n<h3><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbQphTjKJI\/AAAAAAAALqM\/emVlFpkZGW8\/s640\/100_5685.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbQphTjKJI\/AAAAAAAALqM\/emVlFpkZGW8\/s640\/100_5685.JPG\" alt=\"\" width=\"450\" height=\"337\" \/><\/a>Mu\u00ed\u00f1o 1<\/h3>\n<h4>Levada<\/h4>\n<p>Constru\u00edda en perpia\u00f1os irregulares combinados con cachotes. Presenta unha fasqu\u00eda bastante s\u00f3lida e elev\u00e1ndose paulatinamente para adaptarse \u00e1 pendente. Ten un percorrido moi curto xa que recolle directamente as augas do mu\u00ed\u00f1o que est\u00e1 a continuaci\u00f3n na s\u00faa parte superior.<\/p>\n<h4>Cubo<\/h4>\n<p><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbU8zOmMDI\/AAAAAAAALqQ\/AEX3PGIStAI\/s640\/Mu%C3%AD%C3%B1o%201%20%282%29.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbU8zOmMDI\/AAAAAAAALqQ\/AEX3PGIStAI\/s640\/Mu%C3%AD%C3%B1o%201%20%282%29.JPG\" alt=\"\" width=\"450\" height=\"337\" \/><\/a>Tr\u00e1tase dun caracter\u00edstico mu\u00ed\u00f1o de cubo galego. Esta estrutura est\u00e1 ben conservada, con todos os elementos propios: cubo cuadrangular realizado en pedra, con lixeira inclinaci\u00f3n para conducir a auga ata o inferno do mu\u00ed\u00f1o; os perpia\u00f1os laterais sobresa\u00edntes disp\u00f3\u00f1ense coa mesma inclinaci\u00f3n do cubo; a tampa superior, tam\u00e9n en perpia\u00f1o, non cobre as pedras laterais, sen\u00f3n que pecha a parte superior do muro do cubo, apoi\u00e1ndose en posici\u00f3n inclinada sobre as pedras laterais, sobresa\u00edndo m\u00e1is alta ca elas. A entrada do cubo non se atopa apegado \u00e1 parede do edificio, sen\u00f3n a uns dous metros de distancia, que \u00e9 a que o separa a inclinaci\u00f3n do cubo. Esta construci\u00f3n est\u00e1 tapada cunha reixa met\u00e1lica para impedir a ca\u00edda no interior ou o paso de obxectos de maior tama\u00f1o.<\/p>\n<h4>Edificaci\u00f3n<\/h4>\n<p>Planta rectangular con tellado a unha auga na mesma direcci\u00f3n ca a inclinaci\u00f3n do terreo. Conserva o tellado completo. As paredes son de perpia\u00f1os irregulares combinados con cachotes. Presenta unha porta no lateral norte e un fachinelo sobre o inferno como entrada de luz para o tremi\u00f1ado. Sobre a porta un gran lintel p\u00e9treo e un letreiro ao car\u00f3n coa seguinte inscrici\u00f3n: \u201cCONXUNTO DE MU\u00cd\u00d1OS \/ E FRAGA DE GONTADE \/ RESTAURADO POLA ESCOLA TALLER \/PATRIMONIO HIST\u00d3RICO DE VIGO \/ ANO 1.997\u201d.<br \/>\nO inferno conserva o rodicio completo e en bo estado.<\/p>\n<h4>Estado de conservaci\u00f3n<\/h4>\n<p>A conservaci\u00f3n, logo da restauraci\u00f3n do conxunto, \u00e9 bastante boa. Non se pode acceder ao seu interior por estar a porta fechada.<\/p>\n<h3><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbRIwl1SQI\/AAAAAAAALqc\/05tE-5NbFo4\/s640\/100_5689.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbRIwl1SQI\/AAAAAAAALqc\/05tE-5NbFo4\/s640\/100_5689.JPG\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"300\" \/><\/a>Mu\u00ed\u00f1o 2<\/h3>\n<h4>Levada<\/h4>\n<p>Igual ca no mu\u00ed\u00f1o anterior, a levada \u00e9 moi curta, xa que recolle a auga que sae directamente do seguinte mu\u00ed\u00f1o que ten na s\u00faa parte superior. Est\u00e1 constru\u00edda con perpia\u00f1os irregulares combinados con cachotes.<\/p>\n<h4>Cubo<\/h4>\n<p>Est\u00e1 realizado con grandes perpia\u00f1os e presenta unha lixeira inclinaci\u00f3n; esta inclinaci\u00f3n prol\u00f3ngase cara ao exterior mediante a elevaci\u00f3n dos perpia\u00f1os terminais dos laterais e da cabeceira do cubo. A diferenza do mu\u00ed\u00f1o 1, a pedra remate da cabeceira do cubo non sobresae por encima das laterais, sen\u00f3n que est\u00e1 \u00e1 s\u00faa mesma altura. Unha reixa met\u00e1lica impide calquera ca\u00edda no seu interior ou o paso de obxectos grandes.<\/p>\n<h4><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbRL3JCcoI\/AAAAAAAALqo\/kaLIV8CEicU\/s640\/100_5694.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbRL3JCcoI\/AAAAAAAALqo\/kaLIV8CEicU\/s640\/100_5694.JPG\" alt=\"\" width=\"399\" height=\"299\" \/><\/a>Edificaci\u00f3n<\/h4>\n<p>Planta rectangular con tellado a unha auga na mesma direcci\u00f3n ca a inclinaci\u00f3n do terreo. Conserva o tellado completo. Coma no mu\u00ed\u00f1o 1, as paredes est\u00e1n compostas por perpia\u00f1os irregulares combinados con cachotes. Os cantos da parede inferior est\u00e1n constru\u00eddos cuns perpia\u00f1os irregulares de consider\u00e1bel tama\u00f1o, seguramente para soportar o enorme peso das paredes sobre o desnivel do terreo. Presenta unha porta no lateral norte e un fachinelo sobre o inferno como entrada de luz para o tremi\u00f1ado. A car\u00f3n da porta observamos un pousadoiro sobresa\u00ednte de forma arredondada. O inferno est\u00e1 alintelado e conserva os seus elementos caracter\u00edsticos.<\/p>\n<h4>Estado de conservaci\u00f3n<\/h4>\n<p>Igual ca o anterior, presenta un bo estado de conservaci\u00f3n exterior. Desco\u00f1ecemos o interior por estar fechado.<\/p>\n<h3>Mu\u00ed\u00f1o 3<\/h3>\n<h4><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbRviXBstI\/AAAAAAAALlo\/EnKxeC-zF8Q\/s640\/100_5708.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbRviXBstI\/AAAAAAAALlo\/EnKxeC-zF8Q\/s640\/100_5708.JPG\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"300\" \/><\/a>Levada<\/h4>\n<p>Cons\u00e9rvase completa no seu \u00faltimo treito. V\u00e9n directamente da presa situada a uns douscentos metros de distancia, onde se atopa o cuarto mu\u00ed\u00f1o. Os \u00faltimos metros desta levada forman unha curva que vai collendo altura a medida que se achega ao cubo, no comezo da ca\u00edda da pendente do monte. Combina perpia\u00f1os irregulares con cachotes. P\u00f3dense observar alg\u00fans perpia\u00f1os atravesados na levada con rebaixes nas caras laterais para introducir unha pequena comporta.<\/p>\n<h4>Cubo<\/h4>\n<p>Cuadrangular e con ca\u00edda en inclinaci\u00f3n, coma os anteriores. Presenta a particularidade de ter unha entrada moito maior e elevada.<\/p>\n<h4>Edificaci\u00f3n<\/h4>\n<p>Estrutura rectangular a unha soa auga en direcci\u00f3n da pendente do terreo. O Tellado est\u00e1 completo. As paredes son de perpia\u00f1os irregulares combinados con cachotes. Porta lateral no norte e fachinelo sobre o inferno.<\/p>\n<h4><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbRuO7ULJI\/AAAAAAAALqw\/ttb-dQTtkKk\/s640\/100_5703.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbRuO7ULJI\/AAAAAAAALqw\/ttb-dQTtkKk\/s640\/100_5703.JPG\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"300\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/h4>\n<p>Igual ca os anteriores, a restauraci\u00f3n efectuada no ano 1997 non presenta especiais deterioraci\u00f3n. O mu\u00ed\u00f1o permanece fechado baixo chave e non se pode visitar o seu interior.<\/p>\n<h3>Levada<\/h3>\n<p>Comunicando estes tres mu\u00ed\u00f1os co cuarto discorre unha levada ao longo duns douscentos metros. Hoxe en d\u00eda s\u00f3 se pode apreciar a s\u00faa canle, xa que as pedras ou rego que o delimitaban non se conservan. Os seu trazado \u00e9 sinuoso e cunha suave pendente apenas percept\u00edbel. Remata no regueiro que sae da presa constru\u00edda para este fin no rego da Carballosa, arriba mencionado.<\/p>\n<h3>Mu\u00ed\u00f1o 4<\/h3>\n<h4>Levada<\/h4>\n<p>Unha pequena desviaci\u00f3n do rego da Carballosa, que bordea o propio mu\u00ed\u00f1o, conduce a auga por unha curta levada que verte a s\u00faa auga no interior do cubo. Esta levada, no achegamento ao mu\u00ed\u00f1o, cobre unha apreci\u00e1bel altura para favorecer a forza da corrente na ca\u00edda polo interior do cubo. Esta elevaci\u00f3n est\u00e1 realizada cunha s\u00f3lida construci\u00f3n de cachote.<\/p>\n<h4>Cubo<\/h4>\n<p><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbSvaImJbI\/AAAAAAAALnk\/y51-G7K1Hok\/s640\/100_5729.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbSvaImJbI\/AAAAAAAALnk\/y51-G7K1Hok\/s640\/100_5729.JPG\" alt=\"\" width=\"399\" height=\"299\" \/><\/a>Constru\u00eddo con grandes perpia\u00f1os, ten forma cuadrangular e con ca\u00edda en inclinaci\u00f3n. Esta inclinaci\u00f3n prol\u00f3ngase cara ao exterior mediante a elevaci\u00f3n dos perpia\u00f1os terminais dos laterais e da cabeceira do cubo. A entrada non ten ning\u00fan tipo de reixa de protecci\u00f3n.<\/p>\n<h4>Edificaci\u00f3n<\/h4>\n<p>Planta rectangular con tellado a unha auga. Paredes de cachotes e perpia\u00f1os irregulares. O tellado est\u00e1 incompleto e en malas condici\u00f3ns, xa que unha parte del cedeu e derrubouse. A porta abre no lateral norte, ten lintel superior e un perpia\u00f1o lateral de maior altura a modo de xamba. O \u00fanico fachinelo que presenta \u00e1brese sobre o inferno e est\u00e1 realizado con dous perpia\u00f1os laterais e outro superior como lintel. Non ten porta e p\u00f3dese ver o interior, no que observamos a existencia dunha moa no tremi\u00f1ado, con restos doutras pezas polo chan. O inferno tam\u00e9n est\u00e1 coroado na entrada por un lintel.<\/p>\n<h4><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbSyA1ELaI\/AAAAAAAALq4\/godVYNGTWDU\/s640\/100_5745.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbSyA1ELaI\/AAAAAAAALq4\/godVYNGTWDU\/s640\/100_5745.JPG\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"300\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/h4>\n<p>Considerando o conxunto tan fermoso en que se encadra, non se entende unha restauraci\u00f3n tan coidada e que logo se deixa abandonada ata o seu derrubamento. O interior est\u00e1 bastante deteriorado e descoidado, debido \u00e1 ca\u00edda de parte do tellado e o entullo formado no chan. Estes museos etnogr\u00e1ficos ao ar libre merecen unha atenci\u00f3n continuada para evitar\u00a0 a s\u00faa degradaci\u00f3n paulatina e de custosa recuperaci\u00f3n posterior.<\/p>\n<h3>Presa<\/h3>\n<p>Xa non \u00e9 habitual atopar estas presas subministradoras de auga para os mu\u00ed\u00f1os. Neste caso conservamos a construci\u00f3n, a\u00ednda que\u00a0 non ten o uso para o que foi realizada. A levada que conduc\u00eda a auga ata os tres primeiros mu\u00ed\u00f1os aqu\u00ed descritos foi cegada e agora a presa ten a s\u00faa continuidade no\u00a0 propio regato. As s\u00faas dimensi\u00f3ns son de dous metros de ancho por uns dez metros de longo.<\/p>\n<h4>Estado de conservaci\u00f3n<\/h4>\n<p><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbSOWowk6I\/AAAAAAAALm4\/QMOPku8Htl8\/s640\/100_5723.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"mui\u00f1o\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TTbSOWowk6I\/AAAAAAAALm4\/QMOPku8Htl8\/s640\/100_5723.JPG\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"300\" \/><\/a>A conservaci\u00f3n da presa \u00e9 bastante acept\u00e1bel en canto aos elementos propios da s\u00faa construci\u00f3n, coas pedra de canalizaci\u00f3n na s\u00faa sa\u00edda e as ra\u00f1uras nos laterais dos perpia\u00f1os para as comportas.<\/p>\n<h3>Valoraci\u00f3n final<\/h3>\n<p>\u00c9 unha m\u00e1goa a pouca difusi\u00f3n entre a poboaci\u00f3n que te\u00f1en estes conxuntos etnogr\u00e1ficos de mu\u00ed\u00f1os. Son museos ao ar libre que deber\u00edan ser tratados e considerados como tales, coas correspondentes intervenci\u00f3ns que as\u00ed o fixesen significar.<br \/>\nHai uns anos, logo da s\u00faa restauraci\u00f3n, este lugar foi empregado como aula etnogr\u00e1fica do pan e formaba parte dun programa municipal de visitas escolares tan interesantes como necesarias para que as novas xeraci\u00f3ns tivesen un co\u00f1ecemento pr\u00e1ctico e directo do mundo cultural e econ\u00f3mico que viviron moitos dos seus pais e av\u00f3s; mais o proxecto foi posteriormente abandonado. Sirva esta valoraci\u00f3n como chamada de atenci\u00f3n para que se volva recuperar esta iniciativa.<br \/>\nA concienciaci\u00f3n cidad\u00e1 para a s\u00faa conservaci\u00f3n e difusi\u00f3n \u00e9 un labor que hai que facer chegar a trav\u00e9s de todos os medios dos que disp\u00f3n unha administraci\u00f3n local. O aproveitamento did\u00e1ctico \u00e9 indubid\u00e1bel: son aulas etnogr\u00e1ficas situadas no seu emprazamento orixinal e con todas as caracter\u00edsticas aut\u00e9nticas da tradici\u00f3n arquitect\u00f3nica popular.<\/p>\n<h3>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<p><a href=\"http:\/\/picasaweb.google.com\/xosecounhago\/OiaMuinosDeGontade#slideshow\/\" target=\"_blank\"><em><strong>Galer\u00eda de imaxes<\/strong><\/em><\/a><\/p>\n<h3>Navegadores GPS<\/h3>\n<p>Para chegar ata este mu\u00ed\u00f1o, podedes descargar a s\u00faa situaci\u00f3n no voso<a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=1274534\" target=\"_blank\"><strong> navegador GPS<\/strong><\/a>.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n podedes descargar a <a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=2054887\" target=\"_blank\">Ruta dos conxuntos etnogr\u00e1ficos de mu\u00ed\u00f1os de Vigo<\/a> no voso navegador GPS.<\/p>\n<p>(Se necesitades converter o arquivo .GPX xen\u00e9rico para o voso navegador concreto, descargade o programa <a href=\"http:\/\/poiedit.com\/downloads.htm\" target=\"_blank\">PoiEdit <\/a>&gt; Men\u00fa Herramientas&gt;Conversor de paquetes)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n Este fermoso conxunto monumental etnogr\u00e1fico de mu\u00ed\u00f1os restaurados est\u00e1 situado na estrada de Camposancos, no lugar de Gontade, a car\u00f3n das Roteas, no lindeiro entre as parroquias de Oia e Coruxo. Chegar ata a s\u00faa situaci\u00f3n \u00e9 moi doado, xa que se atopan \u00e1 beira da estrada e cun bo aparcadoiro diante. O bosque [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[10,40],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1075"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1075"}],"version-history":[{"count":19,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1075\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1992,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1075\/revisions\/1992"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1075"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1075"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1075"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}