{"id":1040,"date":"2010-10-25T15:16:50","date_gmt":"2010-10-25T15:16:50","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1040"},"modified":"2015-11-16T09:35:59","modified_gmt":"2015-11-16T09:35:59","slug":"cruceiro-vello-bouzas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1040","title":{"rendered":"Cruceiro Vello (Bouzas)"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLhkCpO3duI\/AAAAAAAALLg\/Dnt3M0YLF94\/s512\/100_0494.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"cruceiro\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLhkCpO3duI\/AAAAAAAALLg\/Dnt3M0YLF94\/s512\/100_0494.JPG\" alt=\"\" width=\"227\" height=\"303\" \/><\/a>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>En pleno barrio hist\u00f3rico da vila de Bouzas, na<a href=\"http:\/\/maps.google.com\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=gl&amp;msa=0&amp;msid=113862608953642749447.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.224382,-8.750626&amp;spn=0.002026,0.004823&amp;t=h&amp;z=18\"><strong> r\u00faa Cruceiro Vello<\/strong><\/a>, est\u00e1 situado este fermoso exemplar que d\u00e1 nome \u00e1 r\u00faa en que se atopa. Mesmo se recollen referencias bibliogr\u00e1ficas de que a propia vila de Bouzas naceu ao redor deste cruceiro.<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p><strong>Basa<\/strong>: plataforma de tres chanzos de forma cadrada. Pedestal c\u00fabico con metade inferior cadrada e metade superior nacelada. Ao longo das catro caras, est\u00e1 a inscrici\u00f3n que nos indica a data e a persoa que o mandou constru\u00edr.<\/p>\n<p><strong>Inscrici\u00f3n<\/strong>: \u201cA DEVOCION DE \/ MANUEL GARAMAL \/ SU MUGER M\u00aa. ANT. TRONCOSO \/ A\u00d1O DE 1802\u201d<\/p>\n<p><strong>Varal<\/strong>: na s\u00faa parte inferior, o varal ten forma cadrada, mais o resto do fuste \u00e9 cil\u00edndrico. Non presenta decoraci\u00f3n ningunha.<\/p>\n<p><strong><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLhkzx1UthI\/AAAAAAAALMA\/Z8qHvtUpmxU\/s640\/100B9920.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"cruceiro\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLhkzx1UthI\/AAAAAAAALMA\/Z8qHvtUpmxU\/s640\/100B9920.JPG\" alt=\"\" width=\"302\" height=\"226\" \/><\/a>Capitel<\/strong>: \u00a0ten forma cil\u00edndrica, continuando o varal, do que se separa mediante dous aneis p\u00e9treos superpostos. Ao redor do capitel desenv\u00f3lvese unha fermosa ornamentaci\u00f3n composta por elementos florais coas caracter\u00edsticas catro volutas nos cantos superiores, rompendo a circularidade e servindo de continuidade para a base cadrada sobre a que vai a cruz. Esta base cuadrangular ten os lados c\u00f3ncavos e as arestas pronunciadas sobre as volutas. Entre elas, e aproveitando a concavidade de cada lado, est\u00e1n representados tres bustos de querub\u00edns e unha caveira baixo os p\u00e9s do crucificado.<\/p>\n<p><strong>Cruz<\/strong>: ten forma redonda, imitando a madeira mediante prominencias e nodosidades caracter\u00edsticas dos toros de \u00e1rbore. Na parte superior presenta un INRI con forma de pergameo envolvente.<\/p>\n<p><strong><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLhk3y87xyI\/AAAAAAAALMU\/SVrDEAPEyyc\/s512\/100_0504.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"cruceiro\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLhk3y87xyI\/AAAAAAAALMU\/SVrDEAPEyyc\/s512\/100_0504.JPG\" alt=\"\" width=\"225\" height=\"300\" \/><\/a>Crucifixi\u00f3n<\/strong>: a\u00ednda que o crucificado non \u00e9 dunha elaborada mestr\u00eda, si presenta elementos que o fan significativo na s\u00faa fasqu\u00eda. A figura s\u00f3 est\u00e1 apegado \u00e1 cruz nas mans, o manto da cintura e os p\u00e9s superpostos baixo un s\u00f3 cravo. O resto do corpo sobresae da cruz, outorgando unha apreci\u00e1bel sensaci\u00f3n de tensi\u00f3n na disposici\u00f3n das posturas corporais. Isto contrasta coa serena e apagada expresi\u00f3n do seu rostro inclinado. A\u00ednda que os brazos rematan nunha mans pouco traballadas, o resto do corpo mostra unha robustez que se acent\u00faa coa textura do propio granito.<\/p>\n<p><strong>Reverso<\/strong>: repres\u00e9ntase unha coroaci\u00f3n da Virxe. A figura de Mar\u00eda aparece erguida, en posici\u00f3n orante, envolta nun voluminoso manto sobre un vestido longo. Os seus p\u00e9s tripan a figura do maligno, que aparece baixo a forma de serpe cunha prominente cabeza con car\u00e1cteres humanos e of\u00eddicos \u00e1 vez. Baixo esta figura, destaca a caracter\u00edstica media l\u00faa de grandes proporci\u00f3ns. A parte m\u00e1is interesante est\u00e1 na zona superior da imaxe: dous anxos coroan a Mar\u00eda nunha espl\u00e9ndida composici\u00f3n art\u00edstica. As d\u00faas pequenas figuras anx\u00e9licas est\u00e1n apoiadas sobre os brazos da cruz, portan \u00e1s no lombo e soste\u00f1en coas mans unha gran coroa con remate superior elevado, que depositan sobre a s\u00faa cabeza. As miradas das tres imaxes dir\u00edxense \u00e1 fronte e expresan unha gran serenidade e mesmo ledicia.<\/p>\n<h3><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLhk4RPQOoI\/AAAAAAAALMY\/Ep7_ZI1F_Og\/s640\/100_0505.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"cruceiro\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLhk4RPQOoI\/AAAAAAAALMY\/Ep7_ZI1F_Og\/s640\/100_0505.JPG\" alt=\"\" width=\"302\" height=\"226\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Despois da restauraci\u00f3n a que someteron a este cruceiro no ano 2010, a imaxe que ofrece \u00e9 moi boa, xunto co conxunto da r\u00faa que tam\u00e9n foi rehabilitada na mesma intervenci\u00f3n.<\/p>\n<h3>Valoraci\u00f3n final<\/h3>\n<p>Os barrios hist\u00f3ricos das nosas cidades \u00e9 necesario atendelos permanentemente para a s\u00faa conservaci\u00f3n e melloramento. Intervenci\u00f3ns coma a da r\u00faa do Cruceiro Vello son de eloxiar e fomentar noutros lugares.<\/p>\n<p>Vigo conta cun importante conxunto hist\u00f3rico tanto no centro da cidade coma na vila de Bouzas.\u00a0 Rehabilitalos para a s\u00faa posta en valor leva o seu tempo e investimento logo da desidia de tantos anos e tantos gobernos. Foi un tempo perdido de oportunidades econ\u00f3micas coa incorporaci\u00f3n \u00e1 Uni\u00f3n Europea que quizais non se volva repetir. Mais agora toca actuar con rigor e planificaci\u00f3n, priorizando e marcando unha axenda de intervenci\u00f3ns que dean os seus froitos pouco a pouco.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLhk-0X6YOI\/AAAAAAAALM8\/g8oQMlM4UAE\/s640\/100B0540.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"cruceiro\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLhk-0X6YOI\/AAAAAAAALM8\/g8oQMlM4UAE\/s640\/100B0540.JPG\" alt=\"\" width=\"302\" height=\"226\" \/><\/a>Alg\u00fan d\u00eda teremos visitas autoguiadas polos noso barrios hist\u00f3ricos que nos abrir\u00e1n os ollos \u00e1 riqueza monumental que nos arrodea e que ata o de agora a\u00ednda pertence a unha segunda divisi\u00f3n de xogo na nosa sociedade.<\/p>\n<h3>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<p><a href=\"http:\/\/picasaweb.google.com\/xosecounhago\/CruceiroVelloBouzas#slideshow\/\"><strong>Galer\u00eda de fotos<\/strong><\/a><\/p>\n<p>Hidalgo Cu\u00f1arro, \u201c<a href=\"http:\/\/vigoetnografico.blogspot.com\/2007\/09\/los-cruceros-de-bouzas.html\">Los cruceiros de Bouzas<\/a>\u201d, en <a href=\"http:\/\/vigoetnografico.blogspot.com\/\">Vigoetnogr\u00e1fico<\/a><\/p>\n<p>PXOM do Concello de Vigo,<a href=\"http:\/\/hoxe.vigo.org\/urbanismo\/pxom\/\"> Cat\u00e1logo de elementos<\/a>, Tomo VI.<\/p>\n<h3>Navegadores GPS<\/h3>\n<p>Podedes introducir o lugar onde est\u00e1 no voso\u00a0<a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=1263373\">navegador GPS<\/a>.<\/p>\n<p>(Se necesitades converter o arquivo .GPX xen\u00e9rico para o voso navegador concreto, descargade o <a href=\"http:\/\/poiedit.com\/downloads.htm\">programa PoiEdit<\/a>, e despois &gt; Men\u00fa Herramientas&gt;Conversor de paquetes).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n En pleno barrio hist\u00f3rico da vila de Bouzas, na r\u00faa Cruceiro Vello, est\u00e1 situado este fermoso exemplar que d\u00e1 nome \u00e1 r\u00faa en que se atopa. Mesmo se recollen referencias bibliogr\u00e1ficas de que a propia vila de Bouzas naceu ao redor deste cruceiro. Descrici\u00f3n Basa: plataforma de tres chanzos de forma cadrada. Pedestal c\u00fabico [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[27,5],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1040"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1040"}],"version-history":[{"count":9,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1040\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1072,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1040\/revisions\/1072"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1040"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1040"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1040"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}