{"id":1030,"date":"2010-10-12T06:13:06","date_gmt":"2010-10-12T06:13:06","guid":{"rendered":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1030"},"modified":"2015-11-16T09:35:59","modified_gmt":"2015-11-16T09:35:59","slug":"vila-romana-de-toralla-coruxo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=1030","title":{"rendered":"Vila romana de Toralla (Coruxo)"},"content":{"rendered":"<h3><a href=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLMCSEURmII\/AAAAAAAALIw\/FF_jRgLQYmU\/s720\/100_0476.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"vila\" src=\"http:\/\/lh5.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLMCSEURmII\/AAAAAAAALIw\/FF_jRgLQYmU\/s720\/100_0476.JPG\" alt=\"\" width=\"402\" height=\"279\" \/><\/a>Localizaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Esta vila romana <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=gl&amp;msa=0&amp;msid=113862608953642749447.0004469c9d6b6dc27059b&amp;ll=42.196589,-8.794523&amp;spn=0.004054,0.009645&amp;t=h&amp;z=17\"><strong>est\u00e1 situada<\/strong><\/a> \u00e1 beira do mar, na \u201cFinca Mirambell\u201d, fronte a illa de Toralla, \u00e1 entrada da ponte, entre as praias do Vao e Canido.<\/p>\n<h3>Orixe<\/h3>\n<p>A vila data do s\u00e9culo IV da nosa era, enmarcada no per\u00edodo tardo romano, xa preto do final do imperio. Esta foi unha \u00e9poca na que proliferaron numerosas vilas romanas por todo o noso territorio, da que conservamos varios exemplos no concello de Vigo:<a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2010\/02\/las-otras-villas-romanas-de-vigo-ii.html\"> O Cocho<\/a> e <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2010\/02\/las-otras-villas-romanas-de-vigo-ii.html\">O Fiunchal<\/a> en Alcabre, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2010\/02\/las-otras-villas-romanas-de-vigoy-iii.html\">R\u00edos<\/a> en Teis, e <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2010\/02\/las-otras-villas-romanas-de-vigo-i.html\">Sobreira <\/a>en Oia.<\/p>\n<p>Neste caso hai que resaltar tam\u00e9n a proximidade ao castro galaico da illa de Toralla, situado a poucos metros, a\u00ednda que o castro parece que deixou de estar habitado antes da construci\u00f3n da vila romana. Non obstante, ao lado do castro atopouse, na illa, un cemiterio de \u00e9poca romana, posibelmente o cemiterio correspondente aos habitantes do asentamento romano.<\/p>\n<p>A vila romana deixou de estar habitada a mediados do s\u00e9culo V da nosa era.<\/p>\n<h3><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLMEmsSNuoI\/AAAAAAAALI0\/B2NmOhn1YNM\/s720\/100_0446.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"vila\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLMEmsSNuoI\/AAAAAAAALI0\/B2NmOhn1YNM\/s720\/100_0446.JPG\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"270\" \/><\/a>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<h4>Estrutura xeral<\/h4>\n<p>O conxunto ocupa unha \u00e1rea de 1.500 m2 e est\u00e1 formado por unha vivenda principal e varias dependencias habitacionais e de traballo para a servidume, entre as que se puideron identificar almac\u00e9ns, celeiros e coci\u00f1a.<\/p>\n<p>\u00c1 parte das edificaci\u00f3ns tam\u00e9n se conservou unha zona cos elementos caracter\u00edsticos dunha salina.<\/p>\n<p>As estruturas que vemos na actualidade corresp\u00f3ndese coas <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/10\/exvacaciones-arqueologicas-en-la-villa_21.html\">cimentaci\u00f3ns <\/a>dos edificios, non son as paredes propiamente ditas. Cons\u00e9rvanse alg\u00fans perpia\u00f1os traballados nos alicerces da fachada sur que nos dan idea da beleza das paredes exteriores. Mais todas esta beleza foi espoliada ao longo do tempo, tralo abandono desta vila romana.<\/p>\n<h4><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLL7mFPtPbI\/AAAAAAAALIg\/Sizkoethd9s\/s800\/100_0473.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"vila\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLL7mFPtPbI\/AAAAAAAALIg\/Sizkoethd9s\/s800\/100_0473.JPG\" alt=\"\" width=\"403\" height=\"245\" \/><\/a>Vivenda principal<\/h4>\n<p>\u00c9 unha construci\u00f3n de planta rectangular de 41 metros de longo por 13,5 metros de largo, na que se aprecian d\u00faas fachadas:<\/p>\n<p><strong>Fachada norte<\/strong>, na que observamos un caracter\u00edstico corredor porticado. \u00a0Actualmente cons\u00e9rvanse as bases de cinco piares de perpia\u00f1o, sobre os que se dispor\u00edan uns puntais de madeira.<\/p>\n<p><strong>Fachada sur<\/strong>, na que se pode apreciar unha forma de \u00e1bsida.<\/p>\n<h4>Dependencias<\/h4>\n<p>En total, entre as dependencias principais da casa e as destinas a servizos, este corpo principal conta con nove estancias.<\/p>\n<p>A parte destinada a vivenda dos propietarios organ\u00edzase a partir dun <strong>corredor exterior porticado<\/strong> ao longo da fachada norte, de 22 metros de longo, baixo o que se abren cinco entradas: unha para o triclinio, outra para a zona termal e tres portas m\u00e1is para dar acceso a outras tantas estancias da vivenda. No extremo oeste do p\u00f3rtico, a derradeira porta d\u00e1 acceso a d\u00faas dependencias separadas por un pequeno corredor interior. Unha das suposici\u00f3ns \u00e9 a de que se trate dos dormitorios independentes do matrimonio propietario.<\/p>\n<p><strong><a href=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLL-GLV8v6I\/AAAAAAAALIo\/MiK2ehW3p-Y\/s912\/100_0468.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"vila\" src=\"http:\/\/lh3.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLL-GLV8v6I\/AAAAAAAALIo\/MiK2ehW3p-Y\/s912\/100_0468.JPG\" alt=\"\" width=\"402\" height=\"213\" \/><\/a>Triclinio<\/strong>: \u00e9 a sala m\u00e1is grande da vivenda, con 9,3 metros de longo e 5,9 de largo, na que podemos imaxinar con precisi\u00f3n a disposici\u00f3n orixinal do comedor coas bancadas acaroadas a tres paredes (triclinio) sobre as que se tombaban os invitados da familia. A porta de entrada est\u00e1 situada no lateral leste do p\u00f3rtico e, dada a s\u00faa largura, estaba constitu\u00edda por d\u00faas follas sobre a gran soleira que conserva.<\/p>\n<p><strong>Oecus<\/strong>: tr\u00e1tase da outra gran sala do edificio e presenta tam\u00e9n unha entrada de dobre folla ao corredor porticado, cunha fermosa soleira gran\u00edtica (<a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/10\/exvacaciones-arqueologicas-en-la-villa_14.html\">Arqueovigo<\/a>), na que se observa a existencia de ocos para o encaixe da porta. Conta cunha pequena piscina  interior, con escaleiras de pedra para introducirse na auga, que se  sup\u00f3n que ser\u00eda o frigidarium (auga m\u00e1is fr\u00eda). Esta piscina est\u00e1  situada nunha zona absidial desta sala, orientada ao sur. Nun dos recantos da sala podemos ver un fogar bastante ben conservado, con base de ladrillos cadrados e cerrado con pedras fincadas por tres dos seus laterais.<\/p>\n<p><strong><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLMHi_c3YdI\/AAAAAAAALJc\/elSDZ3-q0-Y\/s640\/100_0427.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"vila\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLMHi_c3YdI\/AAAAAAAALJc\/elSDZ3-q0-Y\/s640\/100_0427.JPG\" alt=\"\" width=\"403\" height=\"316\" \/><\/a>Termas<\/strong>: esta zona da vivenda est\u00e1 situada ao car\u00f3n do <em>oecus<\/em>, dende o que se accede, e lindante co triclinio. Pos\u00fae d\u00faas ba\u00f1eiras, que posibelmente estar\u00edan destinadas a augas con diferentes temperaturas, previas \u00e1 sala do <em>frigidarium<\/em>: <em>tepidarium <\/em>(auga morna) e <em>caldarium <\/em>(auga quente). A auga quente chegaba ata estas ba\u00f1eiras a trav\u00e9s dunha tubaxe de chumbo dende un bid\u00f3n de cobre situado encima do forno que est\u00e1 nunha dependencia anexa \u00e1 vivenda principal, na parte oeste do edificio. Nestas dependencias termais localizouse a existencia de mosaicos (<a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/10\/exvacaciones-arqueologicas-en-la-villa_16.html\">Arqueovigo<\/a>) con motivos xeom\u00e9tricos e vexetais.<\/p>\n<p><strong>Hipocausto<\/strong>: baixo a estancia termal e a sala <em>oecus <\/em>discorre o hipocausto (<a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/11\/excavaciones-arqueologicas-en-la-villa.html\">Arqueovigo<\/a>), un subterr\u00e1neo que sustenta o piso das dependencias superiores mediante pequenas columni\u00f1as de tixolos, nos dous primeiros tramos, e outras de pedra na \u00faltima estancia. En total const\u00e1tase a existencia duns 95 piares. A altura do hipocausto var\u00eda dende os 70 cm \u00e1 entrada ata os 90 cm na parte final. A s\u00faa utilidade \u00e9 semellante a un chan radiante, proporcionando calefacci\u00f3n por todo o piso das dependencias superiores. Esta calefacci\u00f3n subterr\u00e1nea, com\u00fan a moitas vivendas romanas, e a\u00ednda en uso na actualidade en moitas casas de distintas zonas da pen\u00ednsula, funciona por aire quente producido pola queima de combust\u00edbeis no devandito forno situado na entrada desta rede subterr\u00e1nea.<\/p>\n<h4>As estancias de servizos para a casa<\/h4>\n<p><a href=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLL9HOTJwyI\/AAAAAAAALJk\/JBo_eJRuNjU\/s800\/100_0430.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"vila\" src=\"http:\/\/lh4.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLL9HOTJwyI\/AAAAAAAALJk\/JBo_eJRuNjU\/s800\/100_0430.JPG\" alt=\"\" width=\"399\" height=\"225\" \/><\/a>Acaroadas \u00e1 parede leste do edificio principal, con entradas independentes deste, atopamos tres estancias destinadas ao servizo da casa.<\/p>\n<p>A m\u00e1is grande, de 7 x 6,4 metros, con entrada polo sur, \u00e9 onde se localiza o forno do hipocausto. Est\u00e1 a un nivel inferior \u00e1s outras d\u00faas. O seu maior tama\u00f1o ind\u00edcanos que puido estar destinada a outras funci\u00f3ns vinculadas con distintos traballos.<\/p>\n<p>Dende esta sala acc\u00e9dese a unha <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/10\/exvacaciones-arqueologicas-en-la-villa_26.html\"><strong>coci\u00f1a<\/strong><\/a>, mediante dous chanzos de elevaci\u00f3n. A pesar do seu menor tama\u00f1o, 5,9 x 2,7 metros, nela atop\u00e1ronse d\u00faas lareiras, unha delas con piso de ladrillo rodeado de pedras.<\/p>\n<p>A terceira estancia, cun tama\u00f1o de 5,9 x 3,8 metros, estar\u00eda destinada a almac\u00e9n ou despensa, e a porta de acceso tena pola fachada norte. Nesta dependencia atop\u00e1ronse restos cer\u00e1micos destinados a recipientes para a almacenaxe de produtos.<\/p>\n<h4>Edificaci\u00f3n sur occidental<\/h4>\n<p>Na zona sur occidental do xacemento, a car\u00f3n da pasarela de acceso principal \u00e1 visita da vila romana atopamos unha edificaci\u00f3n a medio escavar. Nel destaca a presenza dunha lareira apegada \u00e1 parede oeste, xunta a porta de entrada. A existencia da lareira parece evidenciar que se tratase dunha vivenda secundaria.<\/p>\n<h4><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLF2DgRe-fI\/AAAAAAAALJ0\/ynl8SFFz6HU\/s720\/100_0451.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"vila\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLF2DgRe-fI\/AAAAAAAALJ0\/ynl8SFFz6HU\/s720\/100_0451.JPG\" alt=\"\" width=\"404\" height=\"281\" \/><\/a>Edificaci\u00f3n norte<\/h4>\n<p>Est\u00e1 situada fronte ao p\u00f3rtico do edificio principal. O seu tama\u00f1o de planta (16,5 x 20 metros) e a proximidade \u00e1s salinas fai pensar en que o seu uso estar\u00eda destinado a almacenaxe ou zona de traballo vinculada con esta explotaci\u00f3n. Nesta construci\u00f3n p\u00f3dense apreciar ata sete estancias.<\/p>\n<h4>A salina<\/h4>\n<p>Est\u00e1 situada na zona norte do xacigo e ten unha fasqu\u00eda semellante \u00e1s Salinae existentes no centro da cidade. Est\u00e1 formadas por estanques que aproveitaban o movemento h\u00eddrico das mareas. Na actualidade podemos apreciar perfectamente as li\u00f1as de pedras fincadas que delimitan os distintos estanques. Tam\u00e9n se poden observar diferentes niveis de asolagamento e estanquidade da auga do mar para a obtenci\u00f3n do sal. Detect\u00e1rose cinco estanques de asolagamento. A s\u00faa extensi\u00f3n total \u00e9 desco\u00f1ecida, mais consid\u00e9rase que ocupaba todo o espazo circundante da propiedade, ata o mar.<\/p>\n<h3><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLMUcAc-WVI\/AAAAAAAALJ8\/8CCCC00Or58\/s912\/100_0466.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft\" title=\"vila\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLMUcAc-WVI\/AAAAAAAALJ8\/8CCCC00Or58\/s912\/100_0466.JPG\" alt=\"\" width=\"406\" height=\"180\" \/><\/a>Estado de conservaci\u00f3n<\/h3>\n<p>A musealizaci\u00f3n realizada permitiu sacar \u00e1 luz un asentamento romano case completo. A s\u00faa conservaci\u00f3n actual \u00e9 moi boa e a atenci\u00f3n \u00e1s persoas visitantes mediante visitas guiadas permite unha contemplaci\u00f3n e comprensi\u00f3n suficientemente ampla do significado da romanizaci\u00f3n no noso municipio.<\/p>\n<h3>Valoraci\u00f3n final<\/h3>\n<p>Esta foi outra das acertadas intervenci\u00f3ns muse\u00edsticas que po\u00f1en en valor o rico patrimonio arqueol\u00f3xico do concello de Vigo. A evidencia e importancia dos numerosos xacigos de \u00e9poca romana existentes no territorio municipal, principalmente vinculados ao litoral, resaltan o consolidado asentamento romano no municipio. Este destacado n\u00famero de asentamentos tam\u00e9n nos indican a existencia dunha consider\u00e1bel poboaci\u00f3n naquel per\u00edodo.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLF2S77ta8I\/AAAAAAAALKA\/Me21xaTZcSQ\/s640\/100_0459.JPG\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright\" title=\"vila\" src=\"http:\/\/lh6.ggpht.com\/_e-UDIhsG_qg\/TLF2S77ta8I\/AAAAAAAALKA\/Me21xaTZcSQ\/s640\/100_0459.JPG\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"300\" \/><\/a>Os actuais xacigos musealizados no noso concello (<a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?p=95\">Monte do Castro<\/a> e as <a href=\"http:\/\/xosecounhago.com\/?cat=16\">Salinae do Areal<\/a>) son asemade unha chamada de atenci\u00f3n \u00e1 necesidade continuar traballando na s\u00faa conservaci\u00f3n e difusi\u00f3n.<\/p>\n<h3>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/h3>\n<p><a href=\"http:\/\/picasaweb.google.es\/xosecounhago\/VilaRomanaDeToralla?locked=true#slideshow\/\"><strong>Galer\u00eda de imaxes<\/strong><\/a>.<\/p>\n<p>Hidalgo Cu\u00f1arro, \u00ab<a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/search\/label\/Romanizaci%C3%B3n\">Romanizaci\u00f3n<\/a>\u00ab, en <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\">Arqueovigo<\/a>.<\/p>\n<p>Hidalgo Cu\u00f1arro, \u00abExcavaciones arqueol\u00f3gicas en la villa romana de Toralla. Im\u00e1genes in\u00e9ditas comentadas\u00bb (<a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/10\/exvacaciones-arqueologicas-en-la-villa.html\">I<\/a>, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/10\/exvacaciones-arqueologicas-en-la-villa_14.html\">II<\/a>, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/10\/exvacaciones-arqueologicas-en-la-villa_16.html\">III<\/a>, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/10\/exvacaciones-arqueologicas-en-la-villa_21.html\">IV<\/a>, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/10\/exvacaciones-arqueologicas-en-la-villa_26.html\">V<\/a>, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/11\/excavaciones-arqueologicas-en-la-villa.html\">VI<\/a>, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/11\/excavaciones-arqueologicas-en-la-villa_11.html\">VII<\/a>, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/11\/excavaciones-arqueologicas-en-la-villa_15.html\">VIII<\/a>, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/11\/excavaciones-arqueologicas-en-la-villa_19.html\">IX<\/a>, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/11\/excavaciones-arqueologicas-en-la-villa_28.html\">X<\/a>, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2009\/12\/excavaciones-arqueologicas-en-la-villa.html\">XI<\/a>, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2010\/01\/excavaciones-arqueologicas-en-la-villa.html\">XII<\/a>, <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/2010\/01\/excavaciones-arqueologicas-en-la-villa_27.html\">XIII<\/a>), en <a href=\"http:\/\/arqueovigo.blogspot.com\/\">Arqueovigo<\/a>.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.vigopordentro.eu\/file_download\/13\/XACEMENTOS+V+ROMANIZACION.pdf\">GALICIA E ROMA. A villa romana de Toralla<\/a>.<\/p>\n<p>Universidade de Vigo, \u00ab<a href=\"http:\/\/webs.uvigo.es\/proxecto-toralla\/obras.gl.HTM\">INVESTIGACI\u00d3N E MUSEALIZACI\u00d3N DA VILLA GALAICO ROMANA DE TORALLA<\/a>\u00ab.<\/p>\n<p>Universidade de Vigo, <a href=\"http:\/\/webs.uvigo.es\/proxecto-toralla\/res1.WMV\">Modelo tridimensional en imaxes<\/a>.<\/p>\n<h3>Navegadores GPS<\/h3>\n<p>Para chegar ata as Salinae podedes descargar a s\u00faa situaci\u00f3n no voso <a href=\"http:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/view.do?id=1233678\">navegador GPS.<\/a><\/p>\n<p>(Se necesitades converter o arquivo .GPX xen\u00e9rico para o voso navegador concreto, descargade o programa <a href=\"http:\/\/poiedit.com\/downloads.htm\">PoiEdit<\/a> &gt; Men\u00fa Herramientas&gt;Conversor de paquetes)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizaci\u00f3n Esta vila romana est\u00e1 situada \u00e1 beira do mar, na \u201cFinca Mirambell\u201d, fronte a illa de Toralla, \u00e1 entrada da ponte, entre as praias do Vao e Canido. Orixe A vila data do s\u00e9culo IV da nosa era, enmarcada no per\u00edodo tardo romano, xa preto do final do imperio. Esta foi unha \u00e9poca na [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[35,16,1],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1030"}],"collection":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1030"}],"version-history":[{"count":33,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1030\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1993,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1030\/revisions\/1993"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1030"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1030"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/xosecounhago.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1030"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}