Este fermoso peto de ánimas atópase en Cabral. Alí, un pouco máis arriba da praza da Feira, en dirección á estrada do aeroporto está a Rúa Ánimas-Caeiro.
Hai outros dous petos máis en Vigo que dan nome ao vieiro no que se atopan: “Subida das Ánimas” en Sampaio, e “Rúa das Ánimas” en Bouzas, fronte a Barreras.
Volvendo ao que nos ocupa, atoparémolo aos douscentos metros, formando parte do muro dunha casa, en bo estado de conservación, en pedra maciza, entre dúas columnas de entrada á propiedade particular.
É do ano 1847 segundo consta sobre a seguinte inscrición: “A DEBOCION DE BARTOLOME DE BASTOS”.
Presenta a tradicional figuración da Virxe intercedendo polas ánimas do pugatorio, e unha crucifixión encima. O personaxe central das ánimas en pena é un membro da igrexa, mais tamén se pode ver outro á súa esquerda. Ao redor ahi outras catro fuguras das que só asoman as cabezas por entre as lapas do lume.
Non falta o típico detalle presente en tantos petos de ánimas das mans dos penantes agarrándose ao manto da Virxe intercesora entre Deus (arrriba) e os condenados (abaixo). Toda unha iconografía con marcado carácter didáctico.
A escena está enmarcada rematando a parte superior cunha forma redondeada, na que resalta a divindade areolar da Virxe.
Sobre esta peza atópase unha pequena e tosca crucifixión, cunha figura de Cristo pouco elaborada e bastante desgastada. Por encima deste Cristo vemos un arco de medio punto no que se atopa a inscrición coa data de realización.
Toda esta talla estaba policromada e aínda se poden observar restos de pintura.
Agora podedes ver aquí o resto das fotos deste peto de ánimas.
Se queredes descargar a Ruta dos petos de ánimas de Vigo no voso navegador GPS, premede no enlace.
(Se necesitades converter o arquivo .GPX xenérico para o voso navegador concreto, descargade o programa PoiEdit > Menú Herramientas>Conversor de paquetes)
